Galego

  •   Pronuncia: [ɔɾ.kɛs.tɾaˈθjoŋ] (AFI)

  Substantivo feminino

orquestración (sg: orquestración; pl: orquestracións)

  1. (Música) Estudo ou práctica de escribir música para orquestra, ou nun sentido máis xeral, para calquera grupo instrumental.
  2. (Música) Adaptación para orquestra de música composta para outro instrumento ou conxunto musical.
  3. (Figurado) Organización ou control dun acto ou plan.

Traducións

  NODES
todo 1