Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «plumaxe».
 
Vistosa plumaxe sa cola do pavón
  •   Pronuncia: /ˈplu.ma̝.ʃe̯/ (AFI)

  Substantivo feminino

plumaxe (sg: plumaxe; pl: plumaxes)

  1. (Ornitoloxía) A plumaxe, nas aves, refírese ao conxunto das plumas que cobre o corpo destes animais. As plumas, ademais de formaren a superficie sustentadora das ás e de protexer o animal da auga e do frío, presentan outras funcións. Cando falamos de plumaxe en ornitoloxía, falamos dunha determinada característica nas distintas especies; de feito, cada especie e subespecie de ave presenta unha plumaxe diferente, atendendo a patróns tan concretos como o modelo de plumas, a disposición das mesmas sobre o animal e a cor destas.
    • Exemplo: Os papagaios teñen unha plumaxe moi vistosa

      .
  NODES
todo 1