Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «relevo».
 
O Partenón, en Atenas
 
Parte da península Ibérica nun modelo tridimensional
  •   Pronuncia: /re.ˈle.β̞o/ (AFI)

  Substantivo masculino

relevo (sg: relevo; pl: relevos)

  1. Forma que sobresae dun plano.
    • Exemplo: Os relevos dun tecido.

  2. Calidade do que se presenta con claridade.
    • Exemplo: Os personaxes desta novela teñen gran relevo.

  3. (Arte) Técnica escultórica consistente en realizar unha obra sobre unha superficie con maior ou menor prominencia.
    • Exemplo: Os escultores da Grecia Clásica dominaban o relevo.

  4. (Arte) Obra Realizada utilizando esta técnica.
    • Exemplo: Os relevos das columnas do Partenón.

  5. (Xeoloxía) Conxunto das diferenzas de nivel dun terreo.
    • Exemplo: Os abruptos relevos dos Pireneos.

  6. (Figurado) Relevancia.
    • Exemplo: É unha das figuras de maior relevo da nosa literatura.

Termos relacionados

  NODES
todo 1