Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «roda».
  •   Pronuncia: [ˈrɔ.ðɐ] (AFI)

  Substantivo feminino

roda (sg: roda; pl: rodas)

  1. Peza circular asentada nun eixo arredor do que xira. Pode formar parte do sistema do rodado dun vehículo (carro, coche, etc.) ou dunha máquina (a roda dun reloxo, dun afiador, etc.).
  2. (Alimentación) Ración, de forma circular, cortada dunha peza de carne, dun peixe ou dalgunhas froitas.
    • Exemplo: Primeiro hai que reboza-las rodas da pescada.

    • Sinónimos: choucha, toro.
  3. Conxunto de persoas nunha actividade común.
    • Exemplo: Para segar fixemos unha roda con tódolos homes do lugar.

  4. Xogo de rapazas no que dan voltas en círculo collidas da man.
  5. Bordo do tellado que separa da parede a auga que pinga cando chove.
  6. (Mariña) Parte do barco consistente tradicionalmente nunha peza de madeira situada na proa a continuación e encima da quilla.
  7. (Ictioloxía) Peixe da familia dos mólidos de até mil quilos de peso.
  8. Quenda, vez.
    • Exemplo: A roda da fortuna nunca é unha.

    • Sinónimos: quenda.

Traducións

Termos relacionados

Véxase tamén

  NODES
todo 1