Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «síntoma».
 
A dor de cabeza é un síntoma.

  Substantivo masculino

síntoma (sg: síntoma; pl: síntomas)

  1. (Medicina) Sensación subxectiva que dá un enfermo para explicar unha enfermidade ou situación patolóxica.
    • Exemplo: Exemplos de síntomas son a dor, a inapetencia, a astenia, a urxencia miccional, a vertixe, etc.

  2. (Figurado) Feito ou indicio de que algo vaiu suceder ou xa está sucedendo.
    • Exemplo: O próximo mes comezarán a despedir xente, un síntoma de que a empresa vai cada vez peor.

Termos relacionados

Observacións

  • O síntoma é apreciable só polo paciente, e diferénciase do dato obxectivo que observa e mide o especialista sanitario, que se denomina signo. Este é unha manifestación obxectiva ou física dunha enfermidade.

Traducións

  NODES
todo 1