tecido
Galego
- Pronuncia: /te.ˈθi.ðo̝/ (estándar) ou /te.ˈs i.ðo̝/ (seseo) (AFI)
tecido (sg: tecido; pl: tecidos)
- Material obtido ao tecer fíos ou fibras nun tear manual ou industrial.
- (Bioloxía) e (Medicina) Conxunto de células da mesma natureza, diferenciadas dunha maneira determinada, ordenadas regularmente e que desempeñan en conxunto unha determinada función nun organismo.
Termos relacionados
- Botánica: tecido absorbente, tecido acuífero, tecido asimilador, tecido celular, tecido condutor, tecido criboso, tecido de recheo, tecido de transfusión, tecido fundamental, tecido inerte, tecido leñoso, tecido mecánico, tecido nutricio, tecido reservante, tecido vascular.
- Zooloxía: tecido adiposo, tecido cartilaxinoso, tecido celular, tecido conxuntivo, tecido epitelial, tecido fibroso, tecido linfático, tecido muscular, tecido nervioso, tecido óseo.