Ángela Molina

actriz española

Ángela Molina Tejedor, nada en Madrid o 5 de outubro de 1955, é unha actriz española. Pertence a unha coñecida saga de artistas, os inicios cinematográficos de Ángela Molina, que inclúen traballos para Luis Buñuel ou para Manuel Gutiérrez Aragón, convertérona nunha das actrices máis representativas da etapa que se coñece como a da Transición española. A súa notábel presenza internacional permitiulle rodar en Italia, Francia ou Latinoamérica, así como superar o centenar de filmes e atesourar premios como o David de Donatello da Academia italiana ou a Cuncha de Prata do Festival de San Sebastián.

Modelo:BiografíaÁngela Molina

Ángela Molina en 2007
Biografía
Nacemento(es) Ángela Molina Tejedor Editar o valor en Wikidata
5 de outubro de 1955 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Madrid (España franquista) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, coreógrafa, actriz de cinema, bailarina Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1974 Editar o valor en Wikidata -
Familia
FillosOlivia Molina Editar o valor en Wikidata
PaiAntonio Molina Editar o valor en Wikidata
IrmánsMiguel Molina
Noel Molina
Mónica Molina
Paula Molina Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Medalla de Ouro Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0596807 Allocine: 4124 Allmovie: p49915
BNE: XX1173780 Musicbrainz: 2d1dc2e9-d024-4ad3-af5b-1151814ba1d5 Discogs: 946963 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Foi a terceira dos oito fillos do cantante e actor Antonio Molina. Os seus irmáns Paula, Miguel, Mónica e Noel, así como a súa filla Olivia, tamén se dedican á interpretación e á música.

Inicios

editar

Estudou ballet clásico, danza española e Arte Dramática na Escola Superior de Madrid. Traballou no circo en Francia e foi profesora de baile clásico español antes de aparecer na súa primeira película, No matarás (César F. Ardavín, 1974), a raíz dunha reportaxe fotográfica publicada en Fotogramas.

Coa chegada da Transición e o tirón comercial do destape, do que axiña se desvinculou, enfocou a súa carreira cara a producións con certa calidade e compromiso, decote de temática social, política ou histórica, motivada polo pensamento que acompaña cada guión.[1]

En 1976 rexeitou protagonizar Cambio de sexo, de Vicente Aranda, asumindo papeis relevantes en La ciutat cremada, de Antoni Ribas e Las largas vacaciones del 36, de Jaime Camino. Un ano antes fora proposta para o papel que interpreta Alicia Sánchez en Furtivos, de José Luis Borau, con quen máis tarde traballou en La sabina (1979).

Luis Buñuel elixiuna en 1977 para protagonizar, xunto a Fernando Rey, Ese oscuro objeto del deseo, película que lle deu renome internacional e lle abriu as portas do cine europeo. Nela comparte personaxe coa actriz francesa Carole Bouquet e exhibe un temperamento vivo e enigmático combinado co seu aspecto doce e suave. Buñuel afirmou dela que posúe «o rostro dunha virxe pagá», afianzando así o mito de muller instintiva e pasional que conserva na súa mirada certo primitivismo.[2]

Consolidación e recoñecemento

editar

Durante a década de 1980 converteuse en rostro habitual da grande pantalla, reafirmando a súa presenza en España e ampliándoa a Francia e Italia, con incursións no cine alemán e norteamericano. Fala varios idiomas, polo que non adoita necesitar ser dobrada. Intervén en Operación Ogro, de Gillo Pontecorvo; en Bearn o la sala de las muñecas, de Jaime Chávarri, aparece en La Bella Otero nunha coprodución hispano-italiana e roda ás ordes de Jaime de Armiñán, Luigi Comencini, Ricardo Franco, Marco Bellocchio, Bigas Luna e Lina Wertmüller.

Unha frutífera colaboración co director cántabro Manuel Gutiérrez Aragón afianza a súa carreira e afonda no seu potencial dramático mediante papeis principais en Camada negra, El corazón del bosque, Demonios en el jardín e La mitad del cielo, obras que compoñen un retrato alegórico da España ominosa do franquismo e nas que a ideoloxía, o núcleo familiar e a presenza feminina cobran especial importancia. «Esas películas marcaron mi alma y mi forma de trabajar», dixo máis tarde a actriz.[3]

En 1985 recibe o Gran Premio da Crítica de Nova York, e ao ano seguinte convértese na primeira actriz estranxeira en recibir un David di Donatello da academia italiana de cine. Tamén en 1986 consegue con La mitad del cielo a Cuncha de Prata á mellor actriz no Festival de Cine de Donostia e é nomeada na I edición dos Premios Goya.

Artista multidisciplinar

editar

Nesta época proba sorte no mundo da canción, co disco Con las defensas rotas (1986) que inclúe un dueto con Georges Moustaki na canción "Muertos de amor". Porén, foi nas dçuas partes de Las cosas del querer (Jaime Chávarri, 1989 e 1995), onde desenvolveu con éxito a súa faceta musical, dando vida a un personaxe moi querido na súa carreira. Pouco antes roda Esquilache, de Josefina Molina, que protagoniza Fernando Fernán Gómez.

Considerada unha das actrices españolas mellor pagadas canda a Ana Belén e Victoria Abril, espaza os seus traballos nacionais a partir de 1990, coincidindo coa súa negativa a protagonizar a versión de Bigas Luna de Las edades de Lulú -polo escabroso dalgunhas escenas-, e especialmente co agravamento da enfermidade e morte de Antonio Molina en 1992. Destaca en Sandino, de Miguel Littín, que narra a vida do líder revolucionario nicaraguano Augusto César Sandino, e en El hombre que perdió su sombra, de Alain Tanner, xunto a Francisco Rabal. Traballa tamén con Marcello Mastroianni e aparece en 1492: Conquest of Paradise, superprodución de Ridley Scott que protagoniza Gérard Depardieu. Con Viggo Mortensen roda Gimlet en 1995.

Debuta con Pedro Almodóvar en Carne trémula (1997), un traballo que non se afasta de todo da moza sensual dos seus inicios, pero aproximándose xa á muller madura, marcada polas pegadas da vida, que representa nos últimos anos. A rodaxe con Almodóvar supuxo certas dificultades para a actriz, que volveu saborear o recoñecemento profesional. Conseguiu o seu cuarto Fotograma de Prata e logrou unha cuarta candidatura ao Premio Goya.

Teatro

editar

Posteriormente protagonizou a comedia televisiva Hermanas e ofreceu un variado rexistro en proxectos moi dispares, decote independentes e comprometidos, tanto españois como estranxeiros. Destacan El mar, Punto de mira (One of the Hollywood Ten), Sagitario, Al sur de Granada, Los Borgia e La caja.

En 2002 debuta no teatro no Festival de Teatro Clásico de Mérida con Troya, siglo XXI. En 2005 encarna á sedutora Mrs. Robinson en El Graduado, montaxe dirixida por Andrés Lima, onde tamén actúa a súa filla Olivia, cun papel antagónico. Regresa tres anos despois aos escenarios con La dama del mar, adaptación de Susan Sontag do texto de Henrik Ibsen para Robert Wilson.

En 2007 estrea El destino de Nunik, crónica do xenocidio armenio a cargo de Paolo e Vittorio Taviani que protagoniza xunto a Paz Vega. Tras colaborar en dçuas películas de Giuseppe Tornatore, repite con Almodóvar en Los abrazos rotos, dando vida á nai de Penélope Cruz.

En recoñecemento á súa extensa carreira cinematográfica recibiu en 2002 o primeiro Premio Málaga do Festival de Cine Español de Málaga, e inaugura un monólito na súa honra no Paseo de Antonio Banderas da cidade andaluza.

Ángela Molina ten tres fillos da súa primeira unión co fotógrafo e realizador francés Hervé Tirmarche, e dous (a última nada en 2003) co seu actual marido, Leo Blakstad.

Filmografía

editar

Obras de teatro

editar
  • La dama del mar, de Robert Wilson (2008)
  • El Graduado, de Andrés Lima (2005)
  • Troya, siglo XXI, de Jorge Márquez (2002)

Televisión

editar
  • Velvet (2014-2015)
  • Gran Reserva (2010-)
  • Io non dimentico, de Luciano Odorisio (2008)
  • Chiara e Francesco, de Fabrizio Costa (2007)
  • La Commune, de Philippe Triboit (2007)
  • Imperium: Nerón, de Paul Marcus (2004)
  • María, Madre de Jesús, de Fabrizio Costa (2000)
  • La mujer del presidente, de Eduardo Ripari (1999)
  • Hermanas, de Enric Banqué (1998)
  • Le baiser sous la cloche, de Emmanuel Gust (1998)
  • Vite blindate, de Alessandro di Robilant (1998)
  • La famiglia Ricordi, de Mauro Bolognini (1995)
  • Sandino, de Miguel Littín (1994)
  • Fantaghirò, de Lamberto Bava (1991)
  • Les démoniaques, de Pierre Koralnik (1991)
  • Hemingway, fiesta y muerte, de José María Sánchez (1988)
  • Garibaldi, il generale, de Luigi Magni (1987)
  • Quo vadis?, de Franco Rossi (1985)
  • La Bella Otero, de José María Sánchez (1983)
  • Cuentos y leyendas: La Rubia y el Canario, de Josefina Molina (1975)

Discografía

editar
  1. Aguilar, Carlos e Genover, Jaume (1992) El cine español en sus intérpretes. Editorial Verdoux.
  2. Borau, José Luis, dir. (1998) Diccionario del cine español. Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España.
  3. "Carlos Heredero retrata la filmografía de Gutiérrez Aragón" Diario El País (1998).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 2
todo 2