Árbore das bruxas
Árbore das bruxas | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Metrosideros excelsa' Gaertn. | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
A árbore das bruxas[2] ou metrosideros excelso[3] (Metrosideros excelsa) é unha árbore perennifolia da familia dos mirtos que produce un feixe de flores rechamangueiras compostas de conxuntos de estames. O metrosídero é unha das doce especies de Metrosideros endémicas de Nova Zelandia. Chámase pōhutukawa na súa lingua. En Galiza atopamos varios exemplares coma ornamentais, algúns deles senlleiros.
Descrición
editarA árbore medra até 20 m de altura, cunha copa extensa en forma de cúpula. O seu rango natural son as rexións costeiras da Illa do Norte de Nova Zelandia, ao norte dunha liña que se estende dende New Plymouth (39° S) a Gisborne (39° S). Tamén medra á beira dos lagos da área de Rotorua. Un espécime xigante de pohutukawa en Te Araroa, na beiramar leste, ten sona de ser a árbore máis grande do país, cunha altura de 20 m e unha extensión de follaxe de 38 m.[4] A árbore ten a reputación de ser un habitante dos cavorcos. É capaz de se manter agarrado ás fendas das abas en precarias e case verticais situacións. Algúns espécimes teñen raíces aéreas enmarañadas e fibrosas. Como o seu pariente hawaiano o lehua (M. polymorpha), a árbore do fogo amosouse eficiente na colonización dos campos de lava, notabelmente na Illa Rangitoto, un volcán no porto de Auckland.
Flores
editarO pohutukawa florea de novembro a xaneiro cun pico no medio do final de decembro (o verán do hemisferio sur), con brillantes flores carmesí cubrindo a árbore, polo tanto ten o sobrenome de árbore de Nadal de Nova Zelandia. Hai unha variación entre as árbores individuais no tempo da floración, na sombra e brillo das flores. En poboacións illadas a deriva xenética resultou en variación local: moitas das árbores que medran arredor dos lagos producen flores rosadas, e hai cultivares de flores amarelas, "Aurea", descendentes dun par descuberto en 1940 na Illa Motiti en Bay of Plenty (Baía da fartura).
Conservación
editarEn Nova Zelandia, a árbore do fogo está ameazada pola especie Trichosurus vulpecula que consome as súas follas. Un fondo caritativo de conservación, Project Crimson (Proxecto Carmesí), ten o obxectivo de reverter o declive da pohutukawa e doutras especies de Metrosideros.
Árbores senlleiras en Galiza
editarDous exemplares de árbores do fogo (Metrosideros excelsa) figuran no catálogo de árbores senlleiras de Galiza, elaborado pola Xunta de Galicia:
- Árbore do fogo do Xardín da Torre de Andrade, en Pontedeume (A Coruña).
- Árbore do fogo do xardín da Policía da Coruña, na Coruña.
Cultivo
editarA árbore do fogo é unha árbore popular ornamental, vizosa e doada de cultivar. Áchase naturalizada na área de Wellington no norte da Illa do Sur. A pohutukawa foi ademais introducida en países de clima temperado a subtropical, incluíndo o sueste de Australia, naturalizándose na Illa Norfolk. Na costa de California, é unha árbore popular de rúa e xardín. En partes de Suráfrica o metrosídero medra tan ben que é considerado especie invasora, tamén se está a naturalizar nos cavorcos costeiros da rexión de Sydney, Australia.
En Europa dáse moi ben en Galiza, chegando á Coruña[5] e o sur de Inglaterra.[6]
Notas
editar- ↑ Sinónimos en Kew
- ↑ Jaime Bernardo Blanco-Dios (2010) As árbores da cidade de Pontevedra: flora ornamental arborescente do núcleo urbano de Pontevedra. Concello de Pontevedra, p. 144
- ↑ "Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.
- ↑ "Native Plant Information". Trees for Survival. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2007. Consultado o 13 marzo 2007. Arquivado 21 de febreiro de 2008 en Wayback Machine.
- ↑ "Pohutukawa en España". Te Ara Encyclopedia of New Zealand. Arquivado dende o orixinal o 19-02-2009. Consultado o 18-06-2009. Arquivado 19-02-2009 en Wayback Machine.
- ↑ "Metrosideros excelsa en Inglaterra" (PDF). Royal Horticultural Society. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03-03-2009. Consultado o 18-06-2009. Arquivado 03-03-2009 en Wayback Machine.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Árbore das bruxas |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Árbore das bruxas |
Bibliografía
editar- Simpson, P., 2005. Pōhutukawa & Rātā: New Zealand's Iron-Hearted Trees. Wellington: Te Papa Press.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Metrosideros excelsa". New Zealand Plant Conservation Network. Arquivado dende o orixinal o 10-12-2007. Consultado o 09-06-2007. Arquivado 10-12-2007 en Wayback Machine.
- "Pohutukawa Fact Sheet" (PDF). Project Crimson. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14-06-2007. Consultado o 09-06-2007. Arquivado 14-06-2007 en Wayback Machine.