Édouard Manet

pintor francés

Édouard Manet, nado en París o 23 de xaneiro de 1832 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1883, foi un pintor francés. Foi un dos primeiros artistas do século XIX a presentar temas cotiáns. A súa arte fixo de ponte entre o Realismo e o Impresionismo.

Modelo:BiografíaÉdouard Manet

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xaneiro de 1832 Editar o valor en Wikidata
former 10th arrondissement of Paris, Francia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte30 de abril de 1883 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
8º distrito de París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Passy Editar o valor en Wikidata
Residencia8º distrito de París Editar o valor en Wikidata
EducaciónCollège-lycée Jacques-Decour (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo París
Ámsterdam
Haarlem
Venecia
Río de Xaneiro
Florencia
Zaltbommel (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, debuxante, artista visual, debuxante arquitectónico, ilustrador, litógrafo, artista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1859 Editar o valor en Wikidata - 1882 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRetrato, pintura de xénero, Natureza morta, Arte de paisaxes e pintura relixiosa Editar o valor en Wikidata
MovementoImpresionismo Editar o valor en Wikidata
Catálogo críticoSandra Orienti, Tout l'œuvre peint d'Édouard Manet, 1st edition (en) Traducir (1970)
Jamot and Wildenstein, Manet, catalogue critique, 1st edition (en) Traducir (1932)
Adolphe Tabarant, Manet et ses oeuvre, 1st edition (en) Traducir (1942)
Manet, catalogue critique (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresThomas Couture e Auguste Marie Boulard (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosEva Gonzalès Editar o valor en Wikidata
Influencias
Carreira militar
ConflitoGuerra franco-prusiana Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeSuzanne Manet (1863–1883) Editar o valor en Wikidata
FillosLéon Leenhoff Editar o valor en Wikidata
PaisAuguste Manet Editar o valor en Wikidata  e Eugénie-Désirée Fournier Editar o valor en Wikidata
IrmánsGustave Manet
Eugène Manet Editar o valor en Wikidata
ParentesBerthe Morisot, cuñada
Julie Manet, sobriña Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Den Store Danske Encyklopædi (pt) Traducir
Salmonsens Konversationsleksikon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1098073 Musicbrainz: bdbe9625-001e-483f-bf19-6030cb97adf0 Discogs: 2236292 WikiTree: Manet-1 Find a Grave: 2245 Editar o valor en Wikidata

Orixinario dunha familia burguesa, Manet, quen se sentía fondamente un artista, rexeitou estudar Dereito, como estaba predestinado polo seu pai que era xuíz, fracasou na súa admisión na Mariña e, en troques, viuse moi influído polo seu tío, Charles Fournier, que o apoiou para ser pintor e que, de neno, o levaba sempre a visitar o Louvre.

Traxectoria

editar

Infancia

editar

Édouard Manet naceu o 23 de xaneiro de 1832 no número 5 da rúa Bonaparte, no barrio parisiense de Saint-Germain-des-Prés. O seu pai, Auguste, un fervente republicano, era un alto funcionario do ministerio de xustiza francés, descendente dunha ilustre familia burguesa da capital.

 
Portrait de M. et Mme Auguste Manet
1860 (111,5 x 91 cm) Museo de Orsay, París

A súa nai, Mme Manet (nada Eugénie-Desirée Fournier), era a filla dun diplomático destinado en Estocolmo, que lograra conseguir a confianza do rei de Suecia, ata o punto de ser este o padriño da nai de Manet. Malia os austeros costumes da súa familia, o mozo Édouard axiña descubriu o mundo da arte grazas á influencia dun tío un pouco excéntrico, o capitán Edouard Fournier, quen levou dende xa moi novos a Edouard e máis o seu irmán Eugène ás galerías de arte do Museo do Louvre.

Á idade de doce anos, Édouard Manet foi enviado ao collège Rollin (hoxe en día lycée Jacques Decour), ao pé de Montmartre. Xa no liceo, tería como profesor de historia ao xove Henri Wallon, quen chegaría a ser a pedra angular da Terceira república francesa. O rendemento escolar de Manet semella ter sido moi decepcionante: o rapaz adoitaba distraerse, non se aplicaba demasiado e daba mostras de insolencia. Manet adoitaba adornar os seus cadernos con historietas, sobre os asasinatos dos seus mestres e compañeiros de clase, chegando a ser coñecido por iso entre os seus compañeiros.

A viaxe a Brasil

editar

Os malos resultados obtidos por Édouard fixeron que os seus pais revisasen á baixa as ambicións que tiñan postas no seu fillo máis vello. Tendo desbotado a posible carreira no mundo xurídico, os país de Manet decidiron que entrara na Mariña a pesar da súa negativa. Un primeiro fracaso na entrada á Escola Naval impediría que o xove comezase con éxito a súa carreira como marine, séndolle imposto un programa de formación, polo que sería embarcado como aprendiz de piloto no barco-escola Havre et Guadeloupe con destino Río de Xaneiro (1848). A súa estadía no Brasil daríalle un gusto polo exótico e as mulleres, ademais de achegarlle unha brutal confrontación coa realidade da escravitude. Todas estas influencias seguirían sendo evidentes en moitas das súas obras, especialmente na súa Olympia . Na súa viaxe, o xove Manet viviría un fondo e espiritual reencontro co mar que se mantería ao longo da súa vida, véndose reflectida nunha serie de mariñas como L'Évasion de Rochefort, polemista homeaxe a Henri Rochefort e a súa fuxida da colonia penal de Nova Caledonia.

Aprendizaxe no estudio de Thomas Couture

editar
 
Portrait du Tintoret par lui-même, copia da tea do Louvre
1854 (61 x 51 cm)
Musée des Beaux-Arts de Dijon

Édouard Manet volveu de América do sur o mes de xuño de 1849. A experiencia adquirida durante a longa viaxe, porén, non sería de abondo para entrar na Escola Naval, volvendo a ser rexeitado. Despois de fracasar na proba para o ingreso na mariña, lonxe de aflixirse, este contratempo axudaría a Manet a decidirse por unha carreira artística pois decidiu comezar unha carreira de artes e, no outono do mesmo ano, o mozo obtería o permiso dos seus pais para entrar no estudio do pintor académico Thomas Couture.

O pintor Thomas Couture é considerado como unha das figuras máis senlleiras da arte académica da segunda metade do século XIX, caracterizada polo gusto case exclusivo pola arte antiga e os suxeitos marcados pola gravidade. Couture e coñecido pola súa obra mestra Les Romains de la décadence, exposta no Salon de Paris de 1847. Porén, o seu estilo pasaría por anovador, comparado cos estilos doutros academicistas, moito máis apagados, monótonos e cargados. Isto explica a decisión de Manet de escoller a Couture como o seu mestre.

Manet adicouse durante os seis anos de formación, á aprendizaxe das técnicas básicas de pintura ademais da copia das grandes obras mestras expostas no Museo do Louvre como Autoportrait du Tintoret, Jupiter et Antiope de Tiziano o Hélène Fourment et ses enfants, de Rubens. O seu atractivo polo moderno xa era apreciable na época, conseguindo o permiso de Delacroix para reproducir a súa obra La Barque de Dante, daquela exposta no Musée du Luxembourg. Nesta época o xove pintor realizou algunhas obras orixinais, aínda que probablemente as destruiría debido á falta de aprobación.

Ademais de formarse no estudo, Manet levaría a cabo unha seríe de viaxes culturais por Europa, visitando por exemplo o Rijksmuseum de Ámsterdam no mes de xullo de 1852. Ademais dos Países Baixos, Manet tamén visitaría Italia durante dúas ocasións: a primeira, en 1853, co seu irmán Eugène na que tería a oportunidade de copiar a famosa Venus de Urbino de Tiziano, na Galería Uffizi de Florencia, obra que o influiría para pintar posteriormente a súa Olympia.

A independencia manifestada por Manet contribuiría paseniñamente a tensar a relación entre o xove pintor e o seu mestre. Couture, desconcertado pola obstinación do seu pupilo a elixir suxeitos simples e realistas ademais de modelos vestidos, faría que o seu mestre manifestase que Manet non sería máis que o «Daumier do seu tempo»[1], dito doutro xeito, un caricaturista con gustos ordinarios. A grande diverxencia artística entre Manet e o seu mestre faría que, en 1856, o xove Manet abandonase o estudo establecéndose co seu amigo Balleroy nun estudo de seu.

Durante a segunda viaxe, en 1857, Manet volvería á cidade dos Medici para admirar os murais de Andrea del Sarto no claustro da Annunziata. Ademais dos Países Baixos e Italia, o artista visitaría durante a súa viaxe do ano 1853, Alemaña e a Europa central, visitando especialmente os museos das cidades de Praga, Viena, Múnic ou Dresden.

Tralos seis anos de aprendizaxe, ante as reprimendas do seu mestre e o fracaso das súas pinturas, decidiu romper con el para desenvolver un estilo de seu. Manet formouse dun xeito autodidacta copiando as obras mestras de todos os grandes museos europeos (Francia, Italia, Alemaña, Países Baixos e España). Nestas visitas, el absorbeu influencias do pintor holandés Frans Hals, e dos pintores españois Diego Velázquez e Francisco José de Goya.

O home de Velázquez

editar
 
Le Buveur d'absinthe
1858-1859 (180,5 x 105,6 cm)
Ny Carlsberg Glyptotek, Copenhaguen.

Despois de pasar anos copiando e aprendendo dos grandes mestres, foi no Salón de 1859 onde Manet se decidiu a expor por primeira vez unha das súas obras, titulada Le Buveur d'absinthe. A tea, de factura netamente realista, denota a influencia innegable de Gustave Courbet, contituíndo sobre todo unha brillante homeaxe ao pintor que Manet sempre considerou coma un modelo a seguir e coma «o pintor dos pintores»[2], Diego Velázquez. De feito existe unha grande semellanza entre a obra do pintor francés e o Menipo do mestre español.

Moitas das pinturas de Édouard Manet inclúen referencias máis evidentes ou sutís do seu ilustre devanceiro. O personaxe do cadro, dun xeito cómico dabondo, fará unha reaparición incongruente nunha tea posterior, Le Vieux Musicien, tea senlleira por ser a maior feita polo pintor no que a dimensións se refire.

En 1861, creu atopar o éxito coa súa pintura Portrait de M. et Mme Auguste Manet (Retrato do Señor Auguste Manet e Señora). Mais un ano despois, as cores e o erotismo de Lola de Valencia (Lola de Valence, en francés) levaríano ao escándalo.

En 1863, o célebre Déjeuner sur l'herbe (O almorzo sobre a herba) e a provocativa Olympia contribuirían á súa clasificación na categoría de "pintores intratables", séndolles negada aos seus traballos a entrada no Salón de París. Participando entón no Salon des Refusés, salón onde participaban outros pintores que, coma el, non podía expoñer no salón parisiense. Algúns destes pintores eran Degas, Millet, Monet, Pissarro, Renoir, Sisley.

A partir de 1869, adicaríase a pintar sobre motivos mariños.

O 4 de setembro de 1870, coa proclamación da Terceira república francesa, Manet, fervente republicano, comprometeríase coa Garda Nacional.

En 1873, expón no salón "Le Bon Bock", cadro "naturalista" caracterizado pola influencia de Zola, co que recibe o recoñecemento do mercado da arte, vendendo moitos dos seus traballos, en parte grazas ao seu amigo Durand-Ruel.

En 1874, non se sente o suficientemente preto ao estilo dos impresionistas, polo que decide non expor xunto eles no estudo de Nadar. A pesar da súa amizade cos pintores desta escola, quen lle reclamaban lealdade, como Degas, Monet, Pissarro, Renoir, Sisley... e, sobre todo, Berthe Morisot a súa mentora, quen ademais casara co seu irmán o mesmo ano. O verán de 1874 traballaría no taller do seu iate entre as vilas interiores de Argenteuil e Gennevilliers, en compaña dos seus amigos Monet, Renoir e o poeta Stéphane Mallarmé. Baixo a súa influencia, desenvolvería un estilo ao "aire libre" moito máis claro e achegado aos impresionistas.

A partir de 1876 e durante os seus derradeiros anos, sentíndose sen folgos, e a pesar dunha grave doenza (que causa a amputación da súa perna esquerda), continúa pintando e expondo no Salón, adicándose a pintar obras de bodegóns, retratos e composicións florais. Entre os anos 1881 e 1882, exporía a súa derradeira obra mestra, Un bar aux Folies Bergère.

O 30 de abril de 1883 produciríase a súa morte, días despois da amputación da súa perna esquerda o 19 de abril. Trala súa morte en París, deixaría tras del, o Grupo dos Batignolles (véxase o cadro), ademais dumha colección de máis de catrocentos cadros sen contar un sennúmero de pasteis, bosquexos etc.

As súas pinturas, incomprendidas na época, axudaron a preparar o camiño da pintura moderna, sendo Manet o líder da "vangarda" (avant-garde). O pintor é a miúdo considerado como un dos pais do impresionismo. A súa pintura considerouse, dentro do impresionismo, máis realista ás dos seus compañeiros Claude Monet e Camille Pissarro.

En 1893, ironicamente o seu cadro Olympia, rexeitado en 1863, foi aceptado finalmente no Museo do Louvre.

Manet, en imitación do entón estilo predominante, o Realismo, iniciado por Gustave Courbet, pintaba temas cotiáns, como pedintes, cafés, touradas, e outros eventos e escenarios. El produciu poucas obras relixiosas, mitolóxicas ou históricas.

  1. in J.-E. Blanche, Manet, Paris, 1924
  2. Lettre à Zacharie Astruc, septembre 1865

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  NODES
todo 4