Óscar á mellor actriz
O Óscar á mellor actriz é unha das categorías dos Premios Óscar que cada ano entrega a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas nos Ánxeles. Entrégase a unha actriz que tivese unha interpretación nun papel principal na industria do cinema. Tradicionalmente, o premio é presentado polo gañador do Óscar ao mellor actor na edición anterior.
Óscar á mellor actriz Academy Award for Best Actress | |
---|---|
Tipo | premio á mellor actriz protagonista e Premios Óscar |
Data de fundación | 1929 |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://oscar.go.com/nominees/actress-in-a-leading-role | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A cerimonia da 1ª edición dos Óscar tivo lugar en 1929, e nela Janet Gaynor gañou o permio polas súas interpretacións en 7th Heaven, Street Angel e Sunrise.[1] Actualmente, as candidaturas determínanse mediante voto singular transferible entre os membros da rama de intérpretes da Academia. As gañadoras elíxense mediante voto plural entre todos os membros con dereito a voto da Academia.[2] Nas primeiras tres edicións dos premios, as actrices eran candidatas por todo o seu traballo durante o período (ata por tres filmes nalgúns casos).[3] Porén, durante a 3ª cerimonia, de 1930, só se citou un filme no premio final, aínda que a gañadora tivese varios filmes na candidatura.[4]
O ano seguinte, o sistema, complexo e pouco manexable, foi substituído polo actual, en que unha actriz é candidata por unha interpretación específica nun único filme.[3] A partir da 9ª cerimonia, de 1937, a categoría limitouse a cinco candidaturas.[3] Unha actriz foi candidata postumamente, Jeanne Eagels.[5]
Galardoadas por ano
editarIndícase en letra grosa as galardoadas que obtiveron o premio en máis dunha ocasión.
Múltiples candidaturas
editarAs seguintes actrices obtiveron polo menos catro candidaturas ao Óscar á mellor actriz:
- 17 candidaturas: Meryl Streep
- 12 candidaturas: Katharine Hepburn
- 10 candidaturas: Bette Davis
- 7 candidaturas: Greer Garson
- 6 candidaturas: Ingrid Bergman, Jane Fonda, Deborah Kerr, Sissy Spacek
- 5 candidaturas: Anne Bancroft, Ellen Burstyn, Judi Dench, Irene Dunne, Susan Hayward, Audrey Hepburn, Jessica Lange, Shirley MacLaine, Susan Sarandon, Norma Shearer, Elizabeth Taylor
- 4 candidaturas: Cate Blanchett, Glenn Close, Julie Christie, Olivia de Havilland, Glenda Jackson, Jennifer Jones, Diane Keaton, Marsha Mason, Geraldine Page, Vanessa Redgrave, Rosalind Russell, Barbara Stanwyck, Kate Winslet, Joanne Woodward, Jane Wyman
Récords de idade
editarRécord | Actriz | Filme | Idade (en anos) | Ref. |
---|---|---|---|---|
Gañadora máis vella | Jessica Tandy | Paseando a Miss Daisy | 80 | [13] |
Candidata máis vella | Emmanuelle Riva | Amour | 85 | [13] |
Gañadora máis nova | Marlee Matlin | Fillos dun deus menor | 21 | [13] |
Candidata máis nova | Quvenzhané Wallis | Beasts of the Southern Wild | 9 | [13] |
Galería
editarAdemais de Katharine Hepburn (4 premios), Frances McDormand (3 premios), Luise Rainer, Bette Davis e Meryl Streep (2 premios), as seguintes actrices gañaron o Óscar á mellor actriz en dúas ocasións:
-
Olivia de Havilland, Óscar á mellor actriz en 1946 e 1949
-
Vivien Leigh, Óscar á mellor actriz en 1939 e 1951
-
Ingrid Bergman, Óscar á mellor actriz en 1944 e 1956
-
Elizabeth Taylor, Óscar á mellor actriz en 1960 e 1966
-
Glenda Jackson, Óscar á mellor actriz en 1970 e 1973
-
Jane Fonda, Óscar á mellor actriz en 1971 e 1978
-
Sally Field, Óscar á mellor actriz en 1979 e 1984
-
Jodie Foster, Óscar á mellor actriz en 1988 e 1991
-
Hilary Swank, Óscar á mellor actriz en 1999 e 2004
-
Emma Stone, Óscar á mellor actriz en 2016 e 2023
Notas
editar- A1 2 3 : As regras nas primeiras tres cerimonias permitían que un intérprete recibise unha única candidatura polo seu traballo en máis dun filme. Greta Garbo e Norma Shearer foron candidatas por dous papeis diferentes na mema categoría, algo que prohiben as regras actuais. Non se deu razón oficial de por que Shearer gañou por só un dos filmes.[14]
- B : A interpretación de Bette Davis en Of Human Bondage non foi candidata ao Óscar,[15] mais varias influentes persoas fixeron campaña no seu momento para incluíla na lista, polo que nesa edición e na seguinte a Academia relaxou as súas regras e permitiu o voto write-in.[16] Tecnicamente isto significaba que calquera interpretación era elixible para o premio, fose ou non un nomeamento oficial. Aínda que a academia non recoñece oficialmente esta candidatura para Davis,[17][18] incluírona na listaxe de candidatos na cerimonia de 1935 da súa páxina oficial.[19]
- C1 2 : Katharine Hepburn e Barbra Streisand recibiron exactamente o mesmo número de votos, o que fixo que ambas as actrices recibisen o premio.[20]
- Referencias
- ↑ "Rule One: Award Definitions" (PDF). Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS). p. 1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de outubro de 2014. Consultado o 30 de agosto de 2013. Arquivado 21 de outubro de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ "Rule Six: Special Rules for the Acting Awards" (PDF). Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS). p. 8-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de outubro de 2014. Consultado o 30 de agosto de 2013. Arquivado 21 de outubro de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Levy 2003, p. 56
- ↑ Dirks, Tim. "1929–38 Academy Awards Winners and History". Filmsite (Rainbow Media). Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2016. Consultado o 30 de agosto de 2013.
- ↑ Thise 2008, p. 235
- ↑ King, Susan (28 de marzo de 2011). "The Academy to fete Sophia Loren". Los Angeles Times (Tribune Company). Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2015. Consultado o 13 de abril de 2015.
- ↑ Crouse 2005, p. 88
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 Tamén gañou un Óscar á mellor actriz secundaria.
- ↑ Sumando as de mellor actriz e as de mellor actriz secundaria, Meryl Streep é a actriz máis nomeada da historia dos Óscar e a segunda muller trala deseñadora de vestiario Edith Head
- ↑ 10,0 10,1 Sophia Loren (en italiano) e Marion Cotillard (en francés) foron as únicas premiadas por actuacións en linguas diferentes do inglés.
- ↑ Foi a primeira afroamericana en gañalo.
- ↑ Tamén gañou un Óscar ó mellor guión adaptado.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 "Oldest/Youngest Acting Nominees and Winners". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS). Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2009. Consultado o 28 de decembro de 2014.
- ↑ Rooney, David (25 de novembro de 2003). "On the double-bubble". Variety (Penske Media Corporation). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 30 de agosto de 2013.
- ↑ Wiley & Bona 1996, p. 1002
- ↑ Wiley & Bona 1996, p. 1045
- ↑ Levy 2003, p. 51
- ↑ Wiley & Bona 1996, p. 65
- ↑ "The 7th Academy Awards (1935) Nominees and Winners". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS). Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 27 de agosto de 2013.
- ↑ Levy 2003, p. 116
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Óscar á mellor actriz |
Bibliografía
editar- Crouse, Richard (2005). Reel Winners: Movie Award Trivia. Toronto, Ontario, Canadá: University of Toronto Press. ISBN 978-1-55002-574-3.
- Levy, Emanuel (2003). All About Oscar: The History and Politics of the Academy Awards. Nova York: Continuum International Publishing Group. ISBN 978-0-82641-452-6.
- Thise, Mark (2008). Hollywood Winners & Loseres A to Z. Nova York: Limelight Editions. ISBN 978-0-87910-351-4.
- Wiley, Mason; Bona, Damien (1996). Inside Oscar: The Unofficial History of the Academy Awards (5 ed.). Nova York: Ballantine Books. ISBN 978-0-34540-053-6. OCLC 779680732.