16 Psyche
16 Psyche é un asteroide pertencente ó cinto de asteroides descuberto por Annibale de Gasparis o 17 de marzo de 1852 dende o observatorio de Capodimonte en Nápoles, Italia. Nomeouse deste xeito pola deusa alegórica da mitoloxía grega Psique.[2]
16 Psyche | |
---|---|
Imaxe de Psyche captada polo Very Large Telescope. | |
Descubrimento | |
Descubridor | Annibale de Gasparis |
Data | 17 de marzo de 1852 |
Designacións | |
Designación de planetoide | (16) Psyche |
Pronunciación | [ˈpsike̝] |
Nomeado por | Psique (ψυχή) |
Cinto de asteroides | |
Símbolo | |
Características orbitais | |
Época 2457000,5 (09/12/2014) TDB[1] | |
Afelio | 3.321 UA |
Perihelio | 2.524 UA |
2.923 UA | |
Excentricidade | 0.1364 |
1825 días | |
334.7 ° | |
Inclinación | 3,099 ° |
Lonxitude do nodo ascendente | 150.3 ° |
Argumento do perihelio | 227.1 ° |
Características físicas | |
Diámetro medio | 253.2 Km |
5.9 |
Características
editarTamaño e composición
editarÉ un corpo de 210 quilómetros de diámetro situado no cinto de asteroides entre os planetas Marte e Xúpiter e, mentres que a inmensa maioría dos asteroides coñecidos están constituídos por rocha e xeo, 16 Psyche é unha rareza pois está composto por ferro e níquel. Unha teoría apunta que o asteroide puido ser o núcleo metálico dun antigo planeta do sistema solar que tiña o tamaño de Marte e perdeu todas as súas capas exteriores fai miles de millóns de anos por colisións con outros corpos.
Presenza de auga
editarA instalación do telescopio infravermello nos observatorios de Mauna Kea da NASA deu a coñecer probas da presenza de auga ou ións hidroxilo no asteroide en outubro de 2016. Pénsase que a auga alcanzou Psyche grazas ós impactos doutros asteroides máis pequenos que conteñen substancias volátiles como carbono e auga.[3][4][5]
Valor comercial
editarLindy Elkins-Tanton, a científica principal da misión da NASA a Psyche, estimou que se o corpo de 200 quilómetros de ancho puidese ser dalgunha maneira transportado á Terra, tan só o ferro acadaría un prezo de 10 000 cuadrillóns de dólares estadounidenses.[6]
Características orbitais
editarPsyche orbita a unha distancia media de 2,923 UA do Sol, podendo achegarse ata 2,524 UA e afastarse ata 3,321 UA. Ten unha excentricidade de 0,1364 e unha inclinación orbital de 3,099°. Emprega 1825 días en completar unha órbita ó redor do Sol.[1]
Misión da sonda Psyche
editar- Artigo principal: Psyche (nave espacial).
A NASA aprobou o 4 de xaneiro de 2017 un proxecto para explorar Psyche cunha sonda. Lindy Elkins-Tanton, da Universidade Estatal de Arizona e líder da misión, afirmou que 16 Psyche é o único obxecto da súa clase en todo o sistema solar e é a única forma de que os humanos visiten un núcleo planetario.
Está previsto o lanzamento da sonda espacial Psyche para xullo de 2022 a bordo dun foguete Falcon Heavy,[7] que entrará na órbita do asteroide o 31 de xaneiro de 2026.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "(16) Psyche". Jet Propulsion Laboratory (en inglés). Consultado o 01-07-2020.
- ↑ Schmadel, Lutz D. (2003). Dictionary of Minor Planet Names (en inglés) (5ª ed.). Springer. ISBN 3-540-00238-3.
- ↑ Atkinson, Nancy. "Pure Metal Asteroid Has Mysterious Water Deposits". Universe Today. Consultado o 01-07-2020.
- ↑ Simpson, Julia. "Giant Metallic Asteroid Psyche May Have Water". Politicallore. Consultado o 01-07-2020.
- ↑ Emspak, Jesse (27-10-2016). "Giant Metallic Asteroid Psyche May Have Water". Space.com (en inglés). Consultado o 01-07-2020.
- ↑ Scotti, Monique (14-01-2017). "NASA plans mission to a metal-rich asteroid worth quadrillions". Global News (en inglés). Consultado o 02-07-2020.
- ↑ Foust, Jeff (28-02-2020). "Falcon Heavy to launch NASA Psyche asteroid mission". SpaceNews.com (en inglés). Consultado o 01-07-2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 16 Psyche |