1809 (MDCCCIX) foi un ano común comezado en domingo segundo o calendario gregoriano.

1809
Calendario gregoriano1809
MDCCCIX
Ab urbe condita2562
Calendario armenio1258
Calendario chinés4505 – 4506
Calendario hebreo5569 – 5570
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1864 – 1865
 ·  Shaka Samvat1731 – 1732
 ·  Kali Yuga4910 – 4911
Calendario persa1187 – 1188
Calendario musulmán1224 – 1225
Calendario rúnico2059
Década de 1800
1805 1806 1807 1808 1809 1810 1811 1812 1813

Acontecementos

editar

Alemaña

editar
  • A finais de ano o filósofo alemán Friedrich Wilhelm von Schelling (Leonberg, 1775 - Bad Ragaz, 1854) publica Philosophische Untersuchungen über das Wesen der menschlichen Freiheit (Investigacións sobre a esencia da liberdade humana".
  • O científico alemán Carl Friedrich Gauss publica Theoria motus corporum eoelestium in sectionibus conicis solem ambientium ("Teoría dos corpos celestes"), onde expón as súas observacións astronómicas realizadas desde o observatorio de Göttingen, do que é director dende 1807.

América

editar
  • No sur, en Buenos Aires, o desenvolvemento da guerra da Independencia en España favorece o espertar da conciencia nacional na América española e a procura de órganos de goberno autónomos. No Río da Prata, Bos Aires rebelase contra o vicerrei Santiago Liniers, que substituíu a Sobremonte. Liniers logra vence-la sublevación, promovida por un sector do cabido, grazas ao apoio dos xefes das milicias crioias, pero non pode evitar que se produzan novas sublevacións noutras partes do territorio.
  • O 4 de marzo, James Madison faise cargo da cuarta presidencia dos Estados Unidos, sucedendo a Thomas Jefferson. Madison, que conta con 57 anos ocupaba o secretariado do estado. Tras facer 8 anos de presidencia, nas cales logrará implanta-la conciencia dunha Constitución; que redactou o 20 de outubro de 1785 facendo un memorial de 15 puntos (pola cal será recoñecido como pai da mesma), será sucedido por James Monroe.
  • Xa cerca de América Central, o 25 de maio, a audiencia de Charcas, con xurisdición sobre o territorio do Alto Perú (Bolivia) e sede en Chuquisaca, négase a recoñecer neste ano a autoridade da Xunta Suprema de Sevilla, erixida en representación do pobo español ante a invasión napoleónica. A negativa da audiencia conduce ao estoupido dunha sublevación o 25 de maio. O gobernador é apresado e a audiencia asume o goberno. Chuquisaca (coñecida anteriormente como A Prata), Charcas e Sucre (que nun futuro, será coñecida tamén coma Salamanca de América polo prestixio da súa universidade e a súa academia, nas que floreceu o pensamento ilustrado) convértense (sobre todo esta derradeira) nas primeiras cidades hispanoamericana en rebelarse contra a autoridade peninsular. Pronto a seguiría A Paz, onde a insurrección tomou un cariz netamente independentista, pero a dura represión do vicerrei do Perú sufocou o movemento. Entre os 86 rebeldes axustizados en xaneiro de 1810 figuraban o líder Pedro Murillo e outros 8 dirixentes revolucionarios, que serían coñecidos como os 9 protomártires da independencia.
  • O 16 de xullo o movemento emancipador, iniciado en Chuquisaca o 25 de maio, chega á Paz, baixo a dirección de Pedro Domingo Murillo, que é elixido presidente da Xunta de dereitos do rei e do pobo. Partidario de Fernando VII, Murillo acaba sendo vencido polas autoridades coloniais, que sufocan o movemento en novembro, detéñeno e condénano á forca.

España

editar
  • A guerra de Independencia española é perante todo unha guerra do pobo. Ante a pasividade das autoridades, é o pobo o que protagoniza o 2 de maio, e ante a ineptitude do exército regular español, e sobre todo dos seus xenerais ascendidos por méritos cortesáns, é o pobo quen toma as armas para a defensa de España. O mundo enteiro asombrouse coas accións dunha poboación capaz de derrotar aos poderosos exércitos napoleónicos. Unha vez iniciada a guerra, e ante a inactividade dos oficiais, o pobo das cidades, a través das xuntas provinciais, encargouse da súa propia defensa. En Zaragoza, unha vez coñecida a noticia dos sucesos de Madrid, o pobo dirixiuse ao capitán xeneral da praza, Juan Guillelmí, na demanda de armas. Pero, ante a negativa deste, a xente amotinouse, encerrouno e procedeuse, a continuación a formar unha verdadeira xunta revolucionaria ao mando do xeneral Palafox. Cando os franceses se presentaron ante Zaragoza o 15 de xuño de 1808, o pobo logrou rexeitalos. Iniciouse entón un asedio de varios meses. Malia a superior forza dos franceses e da pobre fortificación de Zaragoza, a poboación logrou rexeita-los asaltantes da cidade en diversas ocasións, xa que na súa defensa participaban homes, mulleres e pícaros exacerbados polo patriotismo. O 14 de agosto de 1808, os franceses levantaron sitio á cidade, pero volveríanllo a poñer o 21 de decembro de 1808. Este segundo sitio, realizado con maior número de tropas, resultou máis tráxico para a poboación pola escaseza de víveres e polo constante bombardeo a que foi sometida.
  • O 17 de xaneiro, Napoleón decide regresar a Francia, tras asegurala permanencia francesa en Madrid e conseguir coas súas tropas algúns éxitos importantes. O derradeiro (o día 16 de xaneiro|16), cando as tropas de Soult vencen ás británicas do xeneral Moore en Elviña, aínda que non pode impedir que as tropas británicas logren embarcarse de volta ao Reino Unido desde A Coruña.
  • O 1 de febreiro 1809, os franceses lograron entrar na cidade de Zaragoza, pero a loita continuou nas rúas, entre as ruínas, ata que o 20 de febreiro, a xunta, sen a aprobación de Palafox, decidiu pedila capitulación con honores militares, ao que accederon os franceses. Consta nos documentos daquela época unha contabilización de 53 873 sitiados mortos. Tamén Xirona foi teatro de resistencia heroica dunha cidade. O primeiro sitio tivo lugar en xuño de 1808, e nel foron rexeitados 5.000 soldados franceses. O segundo sitio (que iría dende o 22 de xullo ata o 16 de agosto de 1808) foi realizado por 11 000 soldados ao mando do xeneral Duhesme, quen ante a resistencia da cidade houbo de retirarse a Barcelona. Pero, tendo que tomar Xirona para asegura-las comunicacións con Francia, o xeneral Saint-Cyr, a quen Napoleón encárgalle o redemento de Cataluña, puxo novo cerco á cidade o 2 de maio de 1809 ao mando de 20 000 homes. Os constantes asaltos dos sitiadores son rexeitados pola poboación unha e outra vez, provocan que Saint-Cyr sexa substituído por Augereau, (un dos mellores xenerais de Napoleón). Este somete á cidade a un constante bombardeo, que a converte nun conxunto de ruínas e cadáveres. Os sitiados, tras seis meses de resistencia e ante a imposibilidade de obter axuda, deciden pedila capitulación honrosa. Os datos daquela época arroxan que 9.000 xerundenses morreran durante o asedio. Esta reacción popular contra os franceses deuse tamén noutras moitas cidades españolas, unha resistencia sen concesións, que acababa coa imaxe do asedio convencional, foi un fenómeno tipicamente urbano, o pobo rural respondeu á invasión coa guerra de guerrillas. Esta forma de loita, aínda que utilizada anteriormente na historia, recibiu a seu carácter oficial durante a Guerra da Independencia española. A táctica guerrilleira consistía en atacar o inimigo por sorpresa, asestarlle un golpe contundente, e volver desaparecer. Actuaban sempre nun territorio que coñecían, e atacaban os puntos claves do inimigo, tras o cal volvían desaparecer e a mesturarse coa poboación civil. Opostas a recibir ordes dos militares, actuaban dirixidas por un caudillo ou xefe, normalmente de orixe humilde e que actuaba movido só polo patriotismo. Formaban partidas que, polo xeral, non adoitaban ser moi grandes nin tiñan organización ríxida. A súa forza estaba na mobilidade e o coñecemento do terreo, así como no apoio que recibían da poboación civil. Todo iso permitíalle enfrontarse a forzas numericamente superiores. Baturraban á retagarda inimiga, interceptaban as súas comunicacións, cortaban as súas rutas de abastecemento, e facían imposible a práctica napoleónica de vivir sobre o terreo. Calcúlase que existían aproximadamente uns 30 000 guerrilleiros en toda España, repartidos en toda clase de partidas, desde pequenas formacións de tres homes aos 8.000 guerrilleiros de Espoz y Mina en Navarra, que constituía un auténtico exército guerrilleiro, disciplinado e perfectamente preparado para operacións militares. Juan Martín Díaz, o "Empecinado", formou a súa partida guerrilleira en Castela a Nova; Porlier e Longa en Galicia etc. En calquera punto de España existía unha partida guerrilleira por pequena que fose. O denominador común a todas elas era a orixe popular dos seus xefes e compoñentes, que loitaban á vez pola independencia de España e pola transformación social. Canda os guerrilleiros mesturáronse tamén aventureiros e ladróns que pretendían tan só sacar proveito da situación, e foron os propios xefes guerrilleiros quen se encargaron de combatelos. Aínda que as guerrillas non actuaron case nunca en campañas planificadas co exército regular, as súas accións contribuíron aos éxitos deste. Se as guerrillas do norte ao mando de Porlier e Longa, non estivesen esbarallando a Caffarelli ata deixalo inmóbil sobre o terreo. Wellington, que desprezaba aos guerrilleiros, non podería vencer na Batalla de Arapiles. Se as guerrillas non obrigasen ao exército francés a gastarse en operacións marxinais de caza e captura en terreos que non coñecían, os exércitos regulares non poderían avanzar. E sen as mensaxes interceptadas ao inimigo polos guerrilleiros, Wellington non podería planificar moitas das súas operacións. Deste xeito o pobo rural substituíu o inoperante exército regular, conseguindo éxitos que asombraron a Europa, e aportando á guerra unha táctica de loita que desde entón sería amplamente utilizada. Con todo, a ética da loita guerrilleira, o caudillismo e o desprezo aos decretos e leis oficiais, permanecerían na mente de moitos españois, que se afixeron a vivir fóra da lei e a rexeita-las normas da vida social. Acabada a guerra de Independencia os mesmos xefes guerrilleiros tomaron de novo as armas para defender as súas ideas.
  • Entre o 6 e 7 de marzo ten lugar no sur da Provincia de Ourense a Batalla do Val de Monterrei, na que unhas 20 000 tropas francesas, baixo o mando do mariscal Soult, derrotan a unha inferior forza española e portuguesa dirixida polo Marqués de La Romana, quen intentaba cortarlle o paso aos franceses antes de poder entrar en Portugal.
  • Entre o 27 e o 28 de xullo as tropas anglo-españolas, dirixidas por Costa e Wellington, vencen en Talavera de la Reina a José I, que conta co auxilio dos xenerais Victor, Sébastiani e Jourdan. Malia a superioridade numérica (34 000 españois e 19 000 británicos fronte aos 45 000 franceses), a batalla mantense indecisa ata a tarde do 28, cando os franceses retíranse. Pese á vitoria, Wellington non se atreve a intentala toma de Madrid, máis que nada, ante o cansazo e a falta de abastecemento das súas tropas. As baixas ascenden a 6.000 británicos, 1.200 españois e 7.000 franceses. Con todo iso a guerra continuará; Sevilla caerá a mans de Soult en febreiro 1810. Perante isto e como se poñerían as cousas a Xunta Central (que convocará as Cortes Xerais) refuxiarase en Cádiz, pero será asediada polos franceses (entre os anos 1810 e 1812), onde se promulgará a Constitución liberal (o 18 de marzo de 1812). A ofensiva inglesa dirixida por Wellington a partir de Portugal desde 1810, terá vitorias ben soadas (a de Salamanca acadada o 22 de xullo de 1812). Os franceses, serán derrotados na súa totalidade en Vitoria o 21 de xuño de 1813, e os poucos que quedan teñen que atravesar de novo os Pireneos. Napoleón perdeu en España máis de 300 000 soldados.

Portugal

editar
  • O 22 de abril, Sir Arthur Wellesley, recentemente absolto do proceso a que se lle someteu polo convenio de Sintra que asinou con Junot, volve á Península Ibérica como xefe do exército inglés que operaba contra os franceses, e desembarca en Lisboa. Apoiado polos portugueses, non tarda en facerse coa cidade, e decide instala-la súa base de operacións en Portugal. A súa primeira acción tralo desembarco concrétase na expulsión das tropas francesas, ao mando de Soult, de Portugal, tras o cal penetra en España polo val do río Texo, e chega a Talavera de la Reina en xuño deste ano. No entre tanto, tras unha dura batalla houbo de retroceder para non perder comunicación coa súa base. Debido a esta acción recibiu o título de vizconde e máis tarde duque de Wellington xunto co nomeamento de xeneralísimo do exército español. A partir dese momento, Wellington converteuse no peor dos inimigos de Napoleón, xa que tras vencelo en Portugal, logrou a súa expulsión de España (coa batalla de Vitoria, acontecida no 1813). A Península Ibérica representou para Wellington o campo de probas idóneo para forxarse un gran prestixio como estratego, polo que ao regreso de Napoleón do Elba, foi el o encargado de detelo en Waterloo. Pero con todo o ser un gran xeneral, resultou ser un pésimo político.

Francia

editar
  • En París, o naturista francés Jean Baptiste de Monet, cabaleiro de Lamarck (Bazentin, Picardía, 1744 - París, 1829) publica "Filosofía zoolóxica", onde expón as súas ideas sobre a evolución dos animais, fundándoa no principio de adaptación ao ambiente.
  • O 16 de decembro Napoleón I e de Josefina divorcianse. Casada polo civil dende o 9 de marzo do 1796 con Bonaparte, Joséphine Tascher de la Pagerie (que así era o seu nome de solteira), nacera no 1763 e, con dous fillos do seu primeiro matrimonio con Alexandre de Beauharnais (o cal foi guillotinado no 1794). Aínda que era seis anos maior que o emperador a idade non lle impediu que fose coroada emperatriz logo da celebración do matrimonio relixioso 1804. Este feito foi aproveitado polo emperador xa que Josefina tiña contactos políticos que lle resultaron moi bos a Napoleón nos inicios da súa carreira. Tras unha vida extravagante e retirada (en ocasións), Josefina morrerá no 1814.

África

editar
  • En África central, trala súa vitoria sobre os pobos haussa de Gobir, Osman dan Fodio reparte o imperio fulbé (o norte de Nixeria central, o norte do Camerún e o suroeste de Níxer) entre o seu fillo Muhammad Bello, nomeado emir de Sokoto, e o seu irmán Abduilahi dan Fodio, quen se fará cargo dos emiratos occidentais e meridionais.
  • No mes de abril, Lord Minto, gobernador xeral británico da India, ordena asinar o Tratado de Amritsar con Ranjit Singh, príncipe sikh do Penjab. Neste tratado de amizade fíxanse as esferas de influencia dos sikh e dos británicos, iniciándose para o Penjab unha época de paz que durará ata 1845.

Austria

editar
  • O 9 de abril formase a quinta coalición antinapoleónica, as tropas austríacas invaden Baviera xunto coas británicas, con iso comeza a guerra de Austria (axudada por Inglaterra) contra Francia; a insurrección está encabezada por Andreas Hofer (de 42 anos). O Pousadeiro, liderará a rebelión tirolesa contra a cesión do Tirol a Baviera. Vencerá dúas veces aos bávaros (unha o 25 e de novo o 29 de maio (tamén se enfrontará ao mariscal Lefebvre 13 de agosto, no que salirá malparado). Abandonado por Austria, traizoado, será fusilado en Mantua o 20 de febreiro de 1810. Entre o 5 e 6 de xullo, na Batalla de Wagram, o emperador francés Napoleón I alcanza unha vitoria decisiva contra os austríacos. Sobre o 8 de outubro, o emperador austríaco Francisco I nomea ministro de Asuntos Exteriores e asesor imperial ao diplomático e ata entón embaixador en París, Klemens Wenzel (de 36 anos) conde de Metternich (príncipe de Metternich, segundo outras fontes), este home, de orixe renana, acada o posto de ministro de Asuntos Exteriores (no que estará dende 1818 ata 1821). Coa entrada do día 14 de outubro, a paz de Schönbrunn pon fin á resistencia de Austria contra Napoleón. Esta paz (que tamén se coñecerá co nome de Paz de Viena), na que Austria cede os territorios e cidades a Baviera que, xunto ao gran ducado de Varsovia (Cracovia) serán de Francia; tamén paga unha indemnización de guerra de 85 millóns. Perdendo todo acceso ao mar e limitándoselle o seu exército a 150 000 homes.

Europa

editar
  • O 13 de marzo, o rei Gustave IV Adolfo de Suecia é destituído polo consello de Estado tralas sanguentas derrotas sufridas na guerra contra Rusia e Francia. O consello de Estado declárao inhabilitado para levar a coroa, tanto a el como os seus descendentes, e entrega o poder real ao seu tío Carlos XIII (que reinará a partir do 20 de xuño). Gustave IV Adolfo será preso ese día polas tropas do xeneral Carl Johan Adlercreutz, namentres que, Carlos XIII (naquel momento de 61 anos), estará no poder ata o 5 de febreiro de 1818. Data na que designará como o seu sucesor ao xeneral francés Bernadotte.
  • O 17 de maio na cidade de Roma, o papa Pío VII excomunga ao emperador francés Napoleón I, despois de que este anexionara a Francia o resto dos Estados Pontificios, chamándolle "espoliador do patrimonio de San Pedro", pero sen mencionar o nome de Napoleón na bula de excomuñón. Tamén, na noite do 5 de xullo ao 6,o mesmo papa (Pío VII) é secuestrado polos franceses, que o levan a Grenoble e logo a Savona.

Nacementos

editar

Mortes

editar

Outros

editar

Breves

editar
  • - No Brasil créase a División Militar da Garda Real da Policía.

Galicia

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
Idea 2
idea 2
todo 9