1830
ano
1830 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1830 MDCCCXXX | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2583 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1279 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4526 – 4527 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5590 – 5591 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1885 – 1886 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1752 – 1753 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4931 – 4932 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1208 – 1209 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1246 – 1247 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2080 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editar- 29 de marzo - Fernando VII aproba a Pragmática Sanción que ratificaba a Pragmática de 1789 que restablecía o sistema de sucesión segundo o cal as mulleres podían reinar se non tiñan irmáns homes.
- 6 de abril - Fundación do mormonismo.
- En Francia, a Revolución de 1830 forza a abdicación do rei Carlos X.
- 9 de xullo - Proclamación en Francia da Monarquía de Xullo, accedendo ao trono Lois Filipe I como rei dos franceses.
- 25 de agosto - Inicio da Revolución Belga, que culmina coa independencia da Bélxica en relación ós Países Baixos.
- Guillerme IV sobe ao trono do Reino Unido, sucedendo ao seu irmán Xurxo IV.
- Francia invade Alxeria.
Arte e literatura
editar- Eugène Delacroix pinta A Liberdade guiando o pobo.
- 11 de marzo - Estrea no Gran Teatro La Fenice de Venecia da ópera I Capuleti e i Montecchi, de Vicenzo Bellini.
- 13 de novembro - Stendhal publica a súa novela Le Rouge et le Noir.
- 5 de decembro - Estrea no Conservatorio de París da Sinfonía fantástica de Hector Berlioz.
- 26 de decembro - Estrea no Teatro Carcano de Milán da ópera Anna Bolena, de Gaetano Donizetti.
Nacementos
editar- 8 de xaneiro - Hans von Bülow, pianista e compositor alemán (m. 1894).
- 12 de xaneiro - Nicanor Alvarado Casanova, político galego (m. 1896).
- 18 de xaneiro - Grigor Parlichev, escritor e tradutor búlgaro (m. 1893).
- 30 de xaneiro - Henri Rochefort, escritor, xornalista e político francés (m. 1913).
- 3 de febreiro - Robert Arthur Talbot Gascoyne-Cecil, primeiro ministro británico (m. 1903).
- 22 de febreiro - Pedro Mateo Sagasta, enxeñeiro e político español (m. 1908).
- 15 de marzo
- Paul von Heyse, escritor alemán, Premio Nobel de Literatura en 1910 (m. 1914).
- Élisée Reclus, xeógrafo e anarquista francés (m. 1905).
- 21 de marzo - Emilio Álvarez Giménez, escritor e político galego (m. 1911).
- 30 de marzo - Julius Bahnsen, filósofo alemán (m. 1881).
- 9 de abril - Eadweard Muybridge, fotógrafo e investigado inglés (m. 1904).
- 21 de abril - Juan Sanmartín Serna, escultor galego (n. 1898).
- 3 de maio - Tord Tamerlan Teodor Thorell, aracnólogo sueco (m. 1901).
- 9 de maio - Manuel Batanero Montenegro, avogado e político galego (m. 1888).
- 29 de maio - Louise Michel, anarquista francesa (m. 1905).
- 5 de xuño - Carmine Crocco, guerrilleiro italiano (m. 1905).
- 8 de xuño - Juan Manuel Blanes, pintor uruguaio (m. 1901).
- 10 de xullo - Camille Pissarro, pintor francés (m. 1903).
- 20 de xullo - José Montero Ríos, médico e político galego (m. 1890).
- 18 de agosto - Francisco Xosé I, monarca austro-húngaro (m. 1916).
- 20 de agosto - Eduard Suess, xeólogo austríaco (m. 1914).
- 8 de setembro - Frédéric Mistral, escritor francés de lingua occitana, Premio Nobel de Literatura en 1904 (m. 1914).
- 13 de setembro - Cristino Martos, avogado e político galego (m. 1893).
- 15 de setembro - Porfirio Díaz, presidente do México (m. 1915).
- 26 de setembro - Okubo Toshimichi, estadista xaponés (m. 1878).
- 3 de outubro - Albert Günther, zoólogo británico (m. 1914).
- 10 de outubro - Isabel II de España (m. 1904).
- 30 de outubro - Claudio Amoedo, médico arxentino (m. 1871).
- 1 de novembro - Angeline Stickney, sufraxista, abolicionista e matemática estadounidense (m. 1892).
- 5 de novembro - Ramón García Vicetto, xornalista e escritor galego (m. 1907).
- 3 de decembro - Francisco Menéndez Valdivieso, presidente do Salvador (m. 1890).
- 10 de decembro - Emily Dickinson, poeta estadounidense (m. 1886).
- 11 de decembro - Kemehameha V, rei de Hawai (m. 1872).
- 15 de decembro - Porfirio Díaz, militar e político mexicano (m. 1915).
- Fausto Garagarza, profesor e político español (m. 1905).
- Remigio Garrido Bouzas, sacerdote e escritor galego (m. 1907).
- José López de la Vega, médico e escritor galego (m. 1888).
Mortes
editar- 2 de xaneiro - Xosé Ferreiro, escultor neoclasicista galego (n. 1738).
- 7 de xaneiro - Carlota Xoaquina de Borbón, raíña consorte de Portugal (n. 1775).
- 9 de abril - Hew Whiteford Dalrymple, militar británico (n. 1750).
- 16 de maio - Jean-Baptiste Joseph Fourier, matemático e físico francés (n. 1768).
- 4 de xuño - Antonio José de Sucre, libertador suramericano, asasinado (n. 1795).
- 26 de xuño - Xurxo IV, rei do Reino Unido (n. 1762).
- 24 de agosto - Louis Jean Pierre Vieillot, ornitólogo francés (n. 1748).
- 18 de outubro - Lois Corral Rodríguez, escritor galego (n. 1784).
- 30 de novembro - Pío VIII, papa (n. 1761).
- 8 de decembro - Benjamin Constant, escritor e político franco-suízo (n. 1767).
- 17 de decembro - Simón Bolívar, libertador da Colombia, Venezuela e outros países da América do Sur (n. 1783)
Outros
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1830 |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: 1830 |