2003
ano
2003 (MMIII) foi un ano común comezado en mércores segundo o calendario gregoriano. Foi designado:
2003 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 2003 MMIII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2756 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1452 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4699 – 4700 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5763 – 5764 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2058 – 2059 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1925 – 1926 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5104 – 5105 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1381 – 1382 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1424 – 1425 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2253 | ||||||||||||||||||
|
O Ano Internacional da auga doce, polo Consello Económico e Social das Nacións Unidas. O ano da cabra, segundo o horóscopo chinés.
Acontecementos
editar- No 2003 diagnosticáronse os primeiros casos de gripe aviaria H5N1 detectados en humanos na China e Corea dende 1997.
- 1 de xaneiro: no Brasil, Luiz Inácio Lula da Silva convértese no 36.º presidente dese país para o período 2003 - 2006.
- 25 de xaneiro - Un grupo internacional de voluntarios parte de Londres cara Bagdad para actuaren como escudos humanos voluntarios coa esperanza de evitar a invasión dos Estados Unidos.
- 1 de febreiro - A lanzadeira espacial Columbia estoura sobre Texas, matando os seus sete tripulantes.
- 15 de febreiro - Manifestacións contra a Segunda Guerra de Iraq: entre 6 e 11 millóns de persoas en 600 cidades.
- 1 de marzo - As autoridades de Paquistán capturan Kahlid Shaikh Mohammed, o suposto cerebro dos atentados do 11 de setembro de 2001.
- 6 de marzo - A Asemblea Nacional de Cuba reelixe o líder Fidel Castro para outro mandato de cinco anos á fronte da presidencia.
- 8 de marzo - Nace a Galipedia, a versión en galego da Wikipedia.
- 11 de marzo - Constitución do Tribunal Penal Internacional.
- 12 de marzo
- Zoran Ðindic, presidente de Serbia, é asasinado en Belgrado.
- A Organización Mundial da Saúde lanza unha aberta global contra a SARS.
- 19 de marzo - Ataque a Iraq ("Segunda Guerra do Golfo" ou "Guerra de Iraq") por parte dunha coalición encabezada polos Estados Unidos e o Reino Unido e na que participan entre outros: Polonia, Italia, Ucraína, España, algúns países centroamericanos, Australia, o Xapón etc.
- 29 de marzo - Carlo Urbani, o doutor da Organización Mundial da Saúde que identificou a SARS, morre da enfermidade.
- 2 de abril - O Exército israelí reocupa o campo de refuxiados de Tulkarem e detén a un millar de palestinos.
- 4 de abril - As tropas norteamericanas deteñen a Muhammad Hamza al Zubaydi, primeiro ministro de Iraq entre 1991 e 1993.
- 9 de abril - Iraq: as forzas dos Estados Unidos conquistan Bagdad. O réxime de Saddam Husayn derrúbase.
- 14 de abril - Remata o Proxecto Xenoma Humano coa identificación do 99% do xenoma humano cunha precisión do 99,99%.
- 1 de maio - George W. Bush aterra no portaavións USS Abraham Lincoln e anuncia o final das operacións principais da Segunda Guerra do Golfo.
- 16 de maio - Nun atentado terrorista en Casablanca morren 33 persoas e máis de 100 resultan feridas.
- 14 de xullo - Robert Novak, columnista do The Washington Post publica o nome de Valerie Plame, destruíndo a súa tapadeira como axente da CIA. Prodúcese un escándalo pola filtración.
- 17 de xullo - David Kelly, antigo inspector da ONU e especialista en armas bacteriolóxicas do ministerio británico de defensa, é atopado morto após unha conversa entre a BBC e o goberno.
- agosto - Unha onda de calor en Europa provoca a morte de máis de 15 000 persoas en Francia, a maioría delas anciáns que vivían sós.
- 1 de agosto - Un terrorista suicida mata a 50 persoas, entre as que se incluían soldados rusos feridos, nun hospital en Chechenia.
- 11 de agosto - A OTAN asume o comando da forza de pacificación en Afganistán, no que constitúe a súa primeira operación importante fóra de Europa nos seus 54 anos de existencia.
- 25 de agosto - Lanzamento do telescopio espacial infravermello.
- 28 de agosto - Marte pasa á menor distancia da Terra desde hai 60 000 anos: 55 758 006 km.
- 3 de setembro - Gilberto Gil recibe o Grammy Latino como Personalidade do Ano.
- 10 de setembro - Estonia aproba en referendo unirse á Unión Europea.
- 14 de setembro - Suecia convértese no segundo país que rexeita en referendo a adopción do euro (Dinamarca fixóo en 2000).
- 20 de setembro - Letonia aproba en referendo a súa adhesión á Unión Europea.
- 15 de outubro - China lanza Shenzhou 5, a súa primeira misión espacial tripulada.
- 30 de outubro - A ONU retira a todo o seu persoal estranxeiro de Bagdad.
- 31 de outubro - O primeiro ministro de Malaisia, Mahathir bin Mohamad, retírase oficialmente, rematando o seu mandato de 22 anos. A el é acreditado o liderado da economía de Malaisia a grandes alturas.
- 14 de novembro - Descóbrese un novo planeta no Sistema Solar, 90377 Sedna.
- 20 de novembro - Detención de Michael Jackson en California baixo a acusación de conduta irregular con menores. Un tribunal absolveuno en 2005 por inconsistencia dos feitos.
- 1 de decembro - No Reino Unido prohíbese conducir e empregar o teléfono móbil a un tempo.
- 12 de decembro - As tropas norteamericanas capturan Saddam Hussein en Tikrit.
- Primeiro mapa detallado da radiación de fondo, apartir dos datos do WMAP, o que constitúe o "eco" do big-bang.
- Constitución dos primeiros condensados de Bose-Einsein
- Confírmase de que os materiais con índice de refracción negativo -creados artificialmente- non violan as leis da Física.
- Manexo de qbits en dispositivos de estado sólido.
- Láser dun só átomo en Caltech.
- Xeración de corrente eléctrica por paso de auga por microcanais.
- Transmutación de radioisótopos con láser.
Nacementos
editarMortes
editar- 3 de xaneiro - José María Gironella, escritor e poeta español.
- 1 de febreiro - Os sete astronautas a bordo da lanzadeira espacial Columbia, que estourou ao volver á Terra
- 7 de febreiro - Augusto Monterroso, escritor guatemalteco.
- 19 de febreiro - Francisco Taxes, dramaturgo galego.
- 20 de febreiro - Maurice Blanchot, escritor e crítico literario francés.
- 26 de febreiro - José Carlos Rodríguez González, avogado e político galego (n. 1936).
- 27 de febreiro - Manuel Ferrol, fotógrafo e reporteiro galego.
- 13 de marzo - Lois Tobío Fernández, diplomático e escritor galego.
- 18 de marzo - Oles Berdnyk, activista social e escritor de ciencia ficción e fantasía ucraíno.
- 9 de abril - Jorge Oteiza, escultor vasco.
- 12 de abril - Mercedes Ruibal Argibay, pintora e escritora galega (n. 1928).
- 21 de abril - Nina Simone, cantante de jazz estadounidense.
- 25 de maio - Wenceslao Calvo Garra, médico e investigador galego.
- 28 de maio - Ilya Prigogine, físico e químico belga, Premio Nobel de Química en 1977.
- 12 de xuño - Gregory Peck, actor estadounidense.
- 18 de xuño - Celso Montero, político galego.
- 29 de xuño - Katharine Hepburn, actriz estadounidense.
- 4 de xullo - Barry White, músico estadounidense.
- 13 de xullo - Juan José Barcia Goyanes, médico e escritor galego (n. 1901).
- 14 de xullo - Roberto Bolaño, escritor chileno.
- 14 de xullo - Compay Segundo, músico cubano.
- 16 de xullo - Carol Shields, escritora canadense de orixe estadounidense, Premio Pulitzer en 1995.
- 20 de xullo - Carlos García Bayón, mestre, escritor e xornalista galego (n. 1914).
- 22 de xullo - Uday Hussein e Qusay Hussein, fillos do expresidente iraquí Saddam Hussein.
- 25 de xullo - John Schlesinger, director de cine británico.
- 5 de agosto - Manuel Mur Oti, director de cine, guionista e escritor galego (n. 1908).
- 16 de agosto - Idi Amin, ex-ditador de Uganda (n. 1928).
- 28 de agosto - Raimundo García Domínguez (Borobó), escritor e xornalista galego (n. 1916).
- 30 de agosto - Charles Bronson, actor estadounidense (n. 1921).
- 30 de agosto - Donald Davidson, filósofo estadounidense (n. 1917).
- 1 de setembro - Ramón Serrano Suñer, político español.
- 12 de setembro - Johnny Cash, cantante estadounidense (n. 1932).
- 25 de setembro - Robert Palmer, cantante británico.
- 29 de setembro - Elia Kazan, escritor e director de cine estadounidense de orixe turca.
- 18 de outubro - Manuel Vázquez Montalbán, escritor español.
- 2 de novembro - Xela Arias, poeta e tradutora galega.
- 10 de novembro -Francisco Bernis Madrazo, ornitólogo e biólogo español (n. 1916)
- 3 de decembro - Dulce Chacón Gutiérrez, escritora e poeta española (n. 1954).
- 6 de decembro - Hadis Alemayehu, escritor e político etíope (n. 1910).
- 27 de decembro - Alan Bates, actor británico (1934).
- Premio Nobel de Física: Alexei A. Abrikosov, Vitaly L. Ginzburg e Anthony J. Leggett
- Premio Nobel de Química: Peter Agre e Roderick MacKinnon
- Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina: Paul C. Lauterbur e Sir Peter Mansfield
- Premio Nobel de Literatura: J.M. Coetzee
- Premio Nobel da Paz: Shirin Ebadi
- Premio Nobel de Economía: Robert F. Engle III e Clive W.J. Granger
Día das Letras Galegas dedicado a:
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 2003 |