5 de novembro
data
<< | Novembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | |
2024 Todos os días |
O 5 de novembro é o 309º día do ano do calendario gregoriano (310º nos anos bisestos). Quedan 56 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 1605 - En Inglaterra, Guy Fawkes é arrestado por participar na conspiración da pólvora.
- 1854 - Batalla de Inkerman durante a guerra da Crimea.
- 1876 - Publícase no Tio Marcos d'a Portela o primeiro anuncio publicitario en lingua galega, de Máquinas pra coser d'a compañía fabril Singer [1].
- 1910 - en Polonia fundase o club de fútbol polaco Widzew Łódź.
- 1914 - o Reino Unido anexa Chipre e, xunto con Francia, declara a guerra ó Imperio Otomán.
- 1920 - Atopan na cidade galega de Santiago de Compostela un retrato de Carlos IV pintado por Goya.
Nacementos
editar- 1548 - Philippe de Mornay, escritor francés.
- 1754 - Alessandro Malaspina, nobre e mariño italiano (m. 1809).
- 1830 - Ramón García Vicetto, xornalista e escritor galego (m. 1907).
- 1859 - Uxío Carré Aldao, libreiro e escritor (m. 1932).
- 1859 - Manuel García Prieto, político español (m. 1938).
- 1887 - Elpidio Villaverde, político galego.
- 1892 - J. B. S. Haldane, xenetista e biólogo evolutivo inglés (m. 1964).
- 1926 - John Berger, escritor inglés (m. 2017).
- 1927 - José Manuel González Páramo, sociólogo e político galego.
- 1927 - Emilio Lledó, filósofo español.
- 1943 - Sam Shepard, actor e dramaturgo estadounidense.
- 1952 - Teresa Rabal, cantante e actriz española.
- 1963 - Tatum O'Neal, actriz estadounidense.
- 1976 - Diego Ameixeiras, xornalista e escritor galego.
Mortes
editar- 1559 - Kanō Motonobu, pintor xaponés.
- 1867 - Leopoldo O'Donnell, militar e político español, presidente do Goberno de España.
- 1879 - James Clerk Maxwell, físico escocés (n. 1831).
- 1887 - Camilo Placer Bouzo, xornalista e escritor galego (n. 1854).
- 1936 - Cipriano Fernández Brage, político galego.
- 1944 - Alexis Carrel, biólogo, médico e investigador francés (n. 1873).
- 1955 - Maurice Utrillo, pintor francés.
- 1963 - Luis Cernuda, poeta español.
- 1977 - René Goscinny, debuxante de banda deseñada francés.
- 1982 - Jacques Tati, cineasta francés (n. 1907).
- 1984 - Manuel Rodríguez Saa, Conde de Waldemar, ilusionista galego.
- 1999 - Antón Fraguas, historiador e antropólogo galego (n. 1905).
- 2010 - Jutta Burggraf, teóloga católica alemá (n. 1952).
Festas e celebracións
editar- Día Internacional da Lingua Romaní [2]
Outros
editar- Santoral: Santa Silvia.
Notas
editar- ↑ Deputación de Pontevedra Arquivado 14 de novembro de 2016 en Wayback Machine..
- ↑ "Día Internacional de la Lengua Romaní" (en castelán). Consultado o 2022-11-20.