60 metros lisos
Os 60 metros lisos son unha categoría de competición do atletismo actual habitual en campionatos en pista cuberta, pero infrecuente en carreiras ao aire libre.
Normalmente, a proba está dominada polos corredores de 100 metros lisos que, polas súas características, son capaces de realizar unha gran saída.
Os 60 metros lisos corréronse oficialmente nos Xogos Olímpicos de 1900 e de 1904.
Nesta especialidade, a atleta galega Ana Peleteiro (hoxe dedicada unicamente ao triplo salto), ten unha marca de 7,56 segundos alcanzada o 15 de febreiro de 2014 en Madrid.[1]
Notas
editar- ↑ Ana Peleteiro. Perfil na web da IAAF.
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |