69 (sexo)
posición sexual que permite a práctica de sexo oral mutuo simultaneamente
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: 69.
O 69 é unha postura sexual que permite a práctica do sexo oral mutuo de modo simultáneo.
Características
editarPara alcanzar esta postura, normalmente os dous individuos próstranse riba dunha superficie sólida, un sobre o outro. Con todo, no canto de situárense cara a cara, cada un sitúa a súa cabeza fronte aos xenitais do contrario, permitindo dese modo que poidan ser estimulados ao mesmo tempo.
Esta posición é precisamente unha variante na enciclopedia sexual chamada Kama Sutra. Hai variantes, unha delas de pé na que o home asume o esforzo e carga sobre si á muller, quen en posición invertida ao home só será sostida polas súas pernas.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gershon Legman. Oral Techniques in Genital Excitation. Nova York, the Julian Press Inc., 1969.