A Habana
A Habana[1][2][3] (en castelán: La Habana) é a capital, maior porto e principal centro de comercio de Cuba. É a cidade máis grande do Caribe, con 2 201 610 habitantes (2002). O seu centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. En 2016, a cidade foi acreditada como Cidade Marabilla do Mundo Moderno pola fundación New7Wonders.[4]
La Habana (es) | |||||
Alcume | Ciutat de les columnes | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
País insular | Cuba | ||||
Provincias | Provincia da Habana | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.141.652 (2010) (2.940,78 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 728,26 km² | ||||
Bañado por | Golfo de México e Almendares River (en) | ||||
Altitude | 59 m | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1515 | ||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | Cristovo de Licia | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Marta Hernández Romero (en) (2011–2020) Reinaldo García Zapata (en) (2020–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 10000–19999 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 7 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | lahabana.gob.cu | ||||
Historia
editarFeito habitual nas fundacións coloniais españolas, na historia urbana da Habana houbo dous intentos fallados previos. Pánfilo Narváez en nome do adiantado Diego Velázquez de Cuéllar fundou en 1514 San Cristóbal na costa do Caribe (sur) do extremo occidental da illa de Cuba. Foi trasladada pouco despois á beira do río La Chorrera (Almendares), xa a uns 5 km ao oeste da baía que, na costa norte (a do golfo de México), sería en 1519 o soar definitivo da vila de San Cristóbal de La Habana.
Humildes comezos
editarEn efecto, as magníficas condicións defensivas e de porto natural facían evidente a localización no entón chamado Porto de Carenas (futura Baía da Habana). O asentamento inicial foi un trazado espontáneo, semirregular e modesto ata a metade do século XVI (300 a 500 habitantes). Arredor dunha Praza Maior (despois Praza de Armas, coa igrexa parroquial) e situado no interior da canle de saída da baía, estivo sometido aos ataques de piratas. Tralo de 1538 foi erixida unha primeira fortaleza (La Fuerza Vieja) que apenas resistiu un novo saqueo en 1555.
Base da frota colonial cara a España
editarPrecisamente os ataques piratas forzaron á coroa a agrupar en frota a volta dos navíos cargados coas riquezas coloniais (1543). A Habana, a súa baía, foi elixida coma base de agrupamento, comezando así o seu verdadeiro desenvolvemento urbano.
Axiña un plan de reconstrución cunha nova fortaleza (o renacentista castelo da Real Fuerza, 1558-77 [5]) ante a Praza de Armas arrodeada dos edificios representativos (o gobernador de Cuba trasladouse alí en 1553 dende Santiago aínda que a capitalidade non foi oficial ata 1607; igrexa Maior en 1580 [6]) e unha cerca da vila (la cerca vieja do tempo do gobernador Maldonado, 1594 [7]) que ampliou considerablemente a súa superficie cun trazado máis regularizado.
A protección do enclave resultaba prioritaria e todo un rosario de baluartes defensivos foi erixido ao longo dos séculos seguintes (ata finais do XVI os castelos da Punta e do Morro, na entrada da canle de acceso a baía, polos Antonelli, familia de enxeñeiros militares). Foi Cristóbal de Roda Antonelli quen realizou o primeiro plano regularizado da vila cun perímetro máis amplo (la cerca nueva, 1603 [8][9]), xermolo do trazado da cidade futura [10].
A outra obra importante do século XVI foi a Zanja Real (1566-92), acueduto de traída de augas dende o río Almendares [11].
Século XVII
editarNo século XVII a vila vai creceres fortemente adquirindo xa as características dunha verdadeira cidade (oficialmente dende 1592). A retícula dentro da cerca nova complétase, estendéndose máis aló, ao sur e oeste. Unha muralla para arrodear o novo organismo urbano iniciase en 1674 ([12] completarase en 1740) definindo a forma característica da cidade histórica (Habana Vieja) ata hoxe.
A directriz principal da trama é a norte-sur entre a fundacional Praza de Armas e unha nova (Plaza Nueva, hoxe Vieja) comunicadas por dúas rúas, Mercaderes e Oficios, paralelas á ribeira onde ábrese a Praza de San Francisco (peirao) co convento homónimo. Outras igrexas e conventos (ata 19 a metade do XVIII) espállanse polo casco urbano con pequenos ancheamentos e prazas que rompen a monotonía do trazado.
Século XVIII
editarMacizada a cidade intramuros, moi lentamente van a aparecer as primeiras ocupacións fóra de murallas xa cara á metade do século XVIII. En primeiro lugar o Arsenal, ao sur da lentella da cidade histórica, e ao seu carón a parcelación regular do barrio de Jesús María. Apoiado na única vía de saída da cidade (xunto á Zanja Real) crecerá o barrio de Guadalupe [13][14].
Trala conquista e rápida devolución polos ingleses (1763), vai ser complementado un conxunto de fortalezas (aínda que xa inútiles para os novos tempos, importantes na configuración da paisaxe da urbe) das que destacan, pola súa magnitude a de La Cabaña, na outra beira da canle de entrada á baía; e nun outeiro do interior ao oeste da cidade, o Castelo do Príncipe, que devirá un foco na expansión da urbe no XIX.
Enriba da Praza de Armas, na praza de la Ciénaga, a igrexa dos Xesuítas foi convertida na Catedral da Habana (1787, despois da creación da diocese), conformando outro espazo público focal da cidade. A mesma Praza de Armas foi obxecto dun proxecto de remodelación soamente en parte levado a cabo. Derrubada a ruinosa Igrexa Maior e un hospital aledan erixíronse os edificios civís máis representativos do barroco habaneiro: as Casas do Cabido (Palacio de los Capitanes Generales) e a Casa de Correos.
A Habana conta xa con 137.000 habitantes (1791) e vive unha época de crecente prosperidade baseada no incremento da actividade portuaria polo fin do monopolio comercial con Sevilla e Cádiz (1717), do sistema de frotas (1740) e a implantación do libre comercio (1778).
Esplendor habanero
editarNa primeira metade do século XIX consolídase o urbanizado fóra de muros coma un conxunto de traza máis ou menos regular pero simplemente xustaposto, sen plan unitario. No glacis en torno a murallas (entre a porta e o castelo da Punta) proxectárase dende fins do século anterior unha alameda ou bulevar que devirá o Paseo do Prado [15][16][17], vertebral da articulación futura entre a Habana Vieja e o centro contemporáneo [18]. Outra alameda, a Alameda de Paula, xorde coma paseo-miradoiro na beira da baía, entre o porto e o Arsenal.
O derrubo das murallas (1863) non foi aproveitado para esponxares o tecido urbano (soamente o Parque Central [19]) e tanto glacis como soar dos antigos baluartes foron urbanizados [20]. Máis aló, A Habana creceu ao longo de dous eixos fundamentais (O e SO) segundo os antigos camiños dende a antedita única porta da muralla (Puerta de Tierra): o do oeste, perpendicular ao Prado no seu comezo (Campo de Marte), será a Calzada de la Reina continuada polo Paseo de Tacón ata o Castelo do Príncipe, central da metrópole de hoxe en día; o do suroeste arrodeando a baía onde crecen os arrabaldes de Jesús del Monte, Regla e Casablanca.
O ferrocarril, que chegara en 1837, axuda a esta incipiente metropolización. Así en 1860 comeza a xurdir unha urbanización desligada da cidade compacta (El Vedado-Carmelo, detrás do Castelo do Príncipe e ata a foz do Almendares) para a crecente burguesía que abandona a Habana Vieja. De ortodoxa traza ortogonal típica de ensanche europeo, vai seres ampliada, xa despois da independencia, ata colmatar o espazo baleiro [21].
Capital da república cubana
editarTrala independencia, as dúas primeiras décadas do século XX son de crecemento apoiado nos fortes investimentos estadounidenses (industria do azucre). O porto modernízase con novos peiraos e nos terreos do Arsenal constrúese a Estación Terminal de ferrocarrís. Á súa vez, onde se atopaba a antiga estación principal (entre o Campo de Marte e o Parque Central) eríxese o símbolo do novo réxime, o Capitolio Nacional (1929 [22]) e no Paseo do Prado e contiguos irán aparecendo, en estilos grandilocuentes, edificios públicos administrativos e privados (bancos, hoteis, embaixadas, residencias das elites, teatros e centros culturais como o Gran Teatro da Habana) representativos dos novos poderes [23].
Os suburbios continúan a súa expansión: mentres os de clases traballadoras van ocupar as proximidades do porto e a baía, as clases altas aséntanse ao longo da costa do golfo de México, superando o río Almendares, dende Miramar ata a praia de Marianao con urbanizacións exclusivas de tipo cidade-xardín . Este novo interese pola paisaxe litoral reflectirase na construción nestas décadas do Malecón, avenida-paseo na beira costeira dende a Punta ata, xa a metade de século, o Almendares. E coma remate do embelecemento da ribeira, entre La Fuerza e La Punta (onde engárzanse os tres "salóns urbanos", Prado, Malecón e Av. do Porto[24]) lévanse a cabo recheos na canle de acceso da baía para o Parque Céspedes (Avenida do Porto, 1927 [25]).
Turismo e revolución
editar- Artigo principal: A Habana vella.
As crises do azucre e a Gran Depresión do 1929 deran fin á época de esplendor comercial portuario da Habana. Despois da segunda guerra mundial, especialmente nos anos cincuenta e novamente de mans de grandes investidores estadounidenses, a prosperidade volveu á capital coa industria do turismo.
A busca dun novo centro para a metrópole en formación era un anhelo dende os primeiros plans de comezos de século [26]. O de Forestier de 1926 o definiu con ampulosidade (herdanza do París de Haussmann) onde parecía lóxico, na área ao sur do Castelo do Príncipe, articulando as diferentes seccións desconectadas da cidade da época. Ademais, moldeando a sutura, prevía un gran Parque Metropolitano nas beiras do río Almendares. Baixo a ditadura de Batista o plan director de J.Ll. Sert de 1955-58, retomaba ambas ideas proxectando un Centro Cívico e administrativo. A revolución cubana de 1959 paralizou a implantación das propostas e aínda hoxe a Praza da Revolución (herdeira dese espazo) segue sen definir consistentemente o centro da Habana [27], agora unha metrópole de máis de tres millóns de habitantes que sofre dos problemas e carencias característicos das grandes urbes iberoamericanas [28].
En 1982 A Habana vella declarárona patrimonio da humanidade. Dende entón grandes esforzos e recursos foron postos en marcha para salvar e rehabilitar o deteriorado ámbito colonial, labor que aínda hoxe segue en marcha.
Deporte
editarNa cidade xoga o equipo de fútbol FC Ciudad de La Habana, fundado en 1978. Na cidade tamén xoga o equipo rexional de béisbol Industriales.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para habaneiro.
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 123. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 15 de marzo de 2016.
- ↑ Gran dicionario século21 da lingua galega. Editorial Galaxia. 2006. p. 1440. ISBN 9788482893419.
- ↑ "La Habana recibe formalmente el título de ciudad maravilla del mundo moderno.". Cubadebate. Consultado o 19 de septiembre do 2024.
- ↑ Primeiro plano da Habana (1567) co castelo da Real Fuerza resaltado [1]
- ↑ Representación da época do xermolo da Habana: a Praza de Armas ante o castelo da Real Fuerza [2] Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ Planta esquemática da "cerca vieja" da Habana (páx. 159, a)
- ↑ Plano de Cristóbal de Roda para a "cerca nueva" de La Habana (1603); "Transformación urbana en Cuba:La Habana, Materiales de la Ciudad, GGili 1974, páx.5.
- ↑ Idem; "Cien planos de La Habana en los archivos españoles", J.Aguilera Rojas e outros, MOPU catálogo de la exposición 1985, páx.67,fig[9].
- ↑ Plantas esquemáticas da Habana a comezos do s.XVII na "cerca nueva"; ibídem páx.70 [18] e páx.72 fig[33].
- ↑ Mapa esquemático da Habana no século XVI: os castelos da Punta e do Morro protexendo a entrada da baía e a Zanja Real dende o Almendares coas súas ramificacións no caserío [3]
- ↑ Plano de La Habana, 1691 (N á dereita); Juan de Síscara: Praza Nova (17), S.Francisco (6) xusto embaixo na ribeira [4]
- ↑ Mapa da Habana (1743, Biblioteca Nacional): obsérvese a cidade amurallada cunha soa porta e camiño de acceso; a Zanja Real aparece coas súas ramificacións no casco urbano; enriba (sur) os comezos do Arsenal [5]
- ↑ Mapa da Habana publicado en 1763 coas primeiras ocupacións extramuros: o Arsenal co barrio Jesús María e o de Guadalupe xunto á Zanja Real [6] Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ Plano do centro da Habana (1829) co futuro Paseo do Prado entre o Campo de Marte e o castelo da Punta [7][Ligazón morta]
- ↑ Idem (1859) xa coa Estación do ferrocarril á carón do Campo de Marte [8] Arquivado 19 de xuño de 2010 en Wayback Machine.
- ↑ Vista do tramo setentrional do Prado a finais do XIX (ao fondo aparece o Morro) [9]
- ↑ Vista debuxada da cidade dende o mar: o Paso do Prado articulando a transición entre a Habana Vieja (aínda coas murallas) e os novos arrabaldes; en primeiro termo a fronte costeira que no século XX devirá o Malecón [10] Arquivado 04 de xullo de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ Vista de época do Parque Central co Paseo do Prado de diante: nótese a trama no canto das murallas coma articulación intermedia entre á da Habana Vieja ao fondo á esquerda e a dos arrabaldes da primeria metade do XIX embaixo da fotografía; á dereita aparece o espazo da estación que despois ocupará o Capitolio [11] Arquivado 06 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ Mapa da cidade de 1866 co soar da antiga muralla urbanizado (nótese xa trazado o Paseo de Tacón ao oeste cara ó Castelo do Príncipe) [12]
- ↑ Mapa da Habana, 1899: El Vedado e Carmelo coas extensións previstas [13]
- ↑ Vista do Capitolio Nacional co Campo de Marte en primeiro termo e o Paseo do Prado ao fondo [14]
- ↑ Perspectiva do novo centro representativo da Habana republicana, entre o Prado e Habana Vieja (no "ring" das antigas murallas) [15] Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ Ver nota 19 (a Avenida do Porto foi do pouco realizado do Gran Plan Director de 1926: o plan de J.C.N. Forestier para A Habana coma metrópole caribeña era un ambicioso plan cunha visión global e unitaria aínda que en estilo "beaux arts".
- ↑ Visión no Plan de Forestier de 1926 do engarce (na Punta) entre a Avenida do Porto (Céspedes) e o Prado (o Malecón salería á dereita) [16]
- ↑ "Planes urbanísticos para A Habana 1898-1959, G. Ponce Herrero, pdf" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2011. Consultado o 12 de marzo de 2016.
- ↑ Mapa contemporáneo do centro da Habana: o baleiro central baixo o Castelo do Príncipe é a Praza da Revolución (antiga Praza Cívica); máis ao suroeste, o Parque do Almendares [17][Ligazón morta]
- ↑ Ver nota 4, páx 76 e seguintes
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Habana |