Ab urbe condita libri
- Este artigo trata sobre o libro de Tito Livio, para a expresión latina véxase: Ab urbe condita.
Ab urbe condita libri CXLII (Dende a fundación de Roma, 142 libros ou Dende a fundación da Cidade) é unha grande obra de Tito Livio que narra, segundo o esquema dos anais, a historia de Roma desde a chegada de Eneas a Italia até os funerais de Druso, fillastro de Augusto, no 9 a.C. O plano era, probabelmente, chegar aos 150 libros, coa morte do emperador.
A expresión AUC, "ab urbe condita" utilizábase para datar a partir da fundación da cidade de Roma.
Conservación
editarAb urbe condita publicouse por grupos separados de libros, cinco (péntalos) ou dez (décadas), o que contribuíu para a dispersión, pois só se conservaron 35 para a posteridade:
- Primeira década, 1-10: das orixes de Roma á terceira guerra samnita (293 a.C.)
- Terceira e cuarta décadas, 21-40 e péntada 41-15 (con lagoas): desde a segunda guerra púnica até o final da guerra macedónica (218--)
Do resto da obra só se coñecen resumos (Periochae) compilados nos séculos III-IV para uso escolar, epítomes de Floro, Ampleio e Orosio e recompilacións de extractos, que xa cedo substituíron a obra xeral por seren moito máis breves e manexábeis.
A obra tivo grande relevancia durante a Idade Media e máis tarde. Para o fundador do método crítico filolóxico, B.G. Neibhur, as Historias (como ás veces se coñece tamén) mostran a riqueza da linguaxe en acepcións lexicolóxicas, innovacións sintácticas e tons poéticos, ao tempo que transmiten a serena conciencia da grandeza de Roma.
Historiografía
editarAb urbe condita asóciase ás teorías retórico-artísticas isocráticas difundidas en Roma por Cicerón. Para Tito Livio, a historia é deleite e instrución. Por outra banda, imita a historiografía dramática helénica: modifica ou retoca os datos das fontes orixinais (Polibio, por exemplo, sobre a expansión romana no oriente grego); narra asedios, batallas ou diálogos reconstruindo narrativamente e alterando a realidade histórica..
A obra é rica en discursos directos e indirectos, o que mostra o escaso interese pola confirmación e o rigor. A historiografía de Livo pretende exaltar os grandes valores éticos, relixiosos e patrióticos da antiga Roma mediante a descrición de personalidades relevantes polas súas ideas morais.