Abdalá I
Abdalá bin Abdulaziz al Saud[1], tamén grafado Abdullah bin Abd al-Aziz al-Saud (en árabe عبد بن عبدالعزيز آل سعود), nado en Riad o 1 de agosto de 1924 e finado o 23 de xaneiro de 2015, foi un rei de Arabia Saudita.
Traxectoria
editarFoi un dos 37 fillos de Ibn Saud, primeiro rei e fundador de Arabia Saudita. Foi proclamado rexente dende 1996 debido á incapacidade do seu medio-irmán Fahd bin Abdul Al-Aziz e proclamado o sexto rei de Arabia Saudita trala morte deste o 1 de agosto do 2005. Tamén ten os cargos de Comandante da Garda Nacional Saudita dende 1963 e de Primeiro Vice-Primeiro Ministro dende xuño de 1982.
Ten catro esposas, sete fillos e quice fillas. Fundou dúas bibliotecas, unha en Riad (a Biblioteca Rei Abdulaziz) e outra en Casablanca, Marrocos.
Relación cos Estados Unidos
editarAbdullah visitou en repetidas ocasións os Estados Unidos e a familia Bush (incluído o presidente George W. Bush) considérano un grande amigo da familia.
En outubro de 1976, reuniuse co presidente estadounidense Gerald Ford. Visitou o país novamente en outubro de 1987 para atoparse co presidente George H. W. Bush. En setembro de 1998, fixo unha visita de estado para reunirse en Washington DC co presidente Bill Clinton. E regresou novamente en setembro do 2000 para asistir ás celebracións do segundo milenio na sede das Nacións Unidas en Nova York.
Precedido por: Fahd bin Abdul Al-Aziz |
Reis de Arabia Saudita e Líderes da Casa de Saud |
Sucedido por: Salmán I |
Notas
editar- ↑ Morre o rei Abdalá bin Abdulaziz, CRTVG, 23 de xaneiro de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abdalá I |