Actinopterixios
Actinopterixios Actinopterygii Peixes con aletas radiadas Rango fósil: silúrico superior - actualidade | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Troita (Samo trutta) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subclases | |||||||||||||||
Os actinopterixios (Actinopterygii) son unha clase de peixes óseos (Osteichthyes).
Constitúen o grupo dominante entre os vertebrados, con máis de 27 000 especies actuais que desenvolveron estratexias adaptativas que lles permitiron colonizar toda clase de ambientes acuáticos, tanto mariños como dulciacuícolas.
Os peixes máis coñecidos pertencen a este grupo: troitas, salmóns, sardiñas, percas, arenques, atúns, linguados, carpas, anguías etc.
Etimoloxía
editarO termo Actinopterygii está formado polos elementos do latín científico aktino- que deriva do grego ακτίνος aktínοs, "raio" e -pterygii xenitivo plural derivado de πτερύγιον pterýgion, "aleta"; é dicir, literalmente "os de aletas con raios".
Características
editarA característica principal dos actinopterixios é a presenza dun esqueleto de espiñas óseas nas aletas (o termo Actinopterygii significa "os de aletas radiadas"). Teñen o cranio parcialmente calcificado e recuberto por ósos dérmicos, e un só par de aberturas branquiais protexidas por un opérculo.
Posúen escamas ganoides (carácter autapomórfico, é dicir, exclusivo do grupo). Nos peixes modernos a escama ganoide redúcese (leptoidea) e preséntanse dous tipos distintos: cicloides e ctenoideas, nas que só hai tecido óseo laminar (sen a ganoína e o tecido óseo esponxoso das escamas ganoides).
Clasificación
editarA clasificación taxonómica dun grupo con tantas e tan diversas especies é complexa e está suxeita a controversias, comezando pola súa integración nos osteíctios, xunto aos sarcopterixios, tendo presente que a clase Osteichthyes se considera actualmente un grupo parafilético. O World Register of Marine Species considera sinónimos Actinopterygii e Osteichthyes.[1]
Na maioría das clasificacións taxonómicas recoñécense tres subdivisións da clase Actinopterygii: Chondrostei, Holostei e Teleostei. Actualmente reagrupáronse en dúas, pois os holósteos constitúen un grupo parafilético, polo que tende a ser abandonado nos sistemas taxonómicos modernos baesados na cladística, que só admite grupos monofiléticos.
Polo tanto na actualidade admítense dúas subclases dentro dos actinopterixios:
- Subclase Chondrostei: formas primitivas e próximas aos membros extintos de Chondrostei. Comprende os acipenseriformes e os bichires.
- Subclase Neopterygii: grupo máis moderno, que inclúe a gran maioría das especies actuais dentro dos teleósteos.
Clasificación taxonómica
editarA continuación inclúse unha listaxe dos grupos até o nivel de ordes, tabulados da forma que aparenta coincidir coa secuencia evolutiva até o nivel de superorde. A lista está recompilada de FishBase[2] con anotacións nas diverxencias respecto a Fishes of the World [3] e ITIS.[4]
Subclase Chondrostei
editar- Orde Acipenseriformes
- Orde Polypteriformes
Subclase Neopterygii
editarInfraclase Holostei
- Orde Amiiformes
- Orde Lepisosteiformes
Infraclase Teleostei
- Superorde Acanthopterygii
- Orde Atheriniformes
- Orde Beloniformes
- Orde Beryciformes
- Orde Cetomimiformes
- Orde Cyprinodontiformes
- Orde Gasterosteiformes
- Orde Mugiliformes
- Orde Perciformes
- Orde Pleuronectiformes
- Orde Scorpaeniformes
- Orde Stephanoberyciformes
- Orde Synbranchiformes
- Orde Syngnathiformes[5]
- Orde Tetraodontiformes
- Orde Zeiformes
- Superorde Clupeomorpha
- Orde Clupeiformes
- Superorde Cyclosquamata
- Orde Aulopiformes
- Superorde Elopomorpha
- Orde Albuliformes
- Orde Anguilliformes
- Orde Elopiformes
- Orde Notacanthiformes
- Orde Saccopharyngiformes
- Superorde Lampridiomorpha
- Orde Lampridiformes
- Superorde Ostariophysi
- Orde Characiformes
- Orde Cypriniformes
- Orde Gonorynchiformes
- Orde Gymnotiformes
- Orde Siluriformes
- Superorde Osteoglossomorpha
- Orde Hiodontiformes
- Orde Osteoglossiformes
- Superorde Paracanthopterygii
- Orde Batrachoidiformes
- Orde Gadiformes
- Orde Lophiiformes
- Orde Ophidiiformes
- Orde Percopsiformes
- Superorde Polymixiomorpha
- Orde Polymixiiformes
- Superorde Protacanthopterygii
- Orde Esociformes
- Orde Osmeriformes
- Orde Salmoniformes
- Superorde Scopelomorpha
- Orde Myctophiformes
- Superorde Stenopterygii
- Orde Ateleopodiformes
- Orde Stomiiformes
Notas
editar- ↑ Database Management Team Actinopterygii
- ↑ Froese, R. e Pauly, D. FishBase, febreiro de 2006
- ↑ Nelson, Joseph S. Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-54713-1
- ↑ ITIS–Actinopterygii. 3 de abril de 2006
- ↑ En ITIS, Syngnathiformes considérase como suborde (Syngnathoidei) da orde Gasterosteiformes.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Actinopterixios |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Actinopterixios |
Bibliografía
editar- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.