A acuarela é unha técnica pictórica sobre papel ou cartón que emprega cores en po preparadas con goma soluble na auga. Tamén se denomina "acuarela" a obra executada mediante esta técnica ou a pintura e material así como a preparación pictórica que se utiliza nesta técnica (por exemplo unha caixa de acuarelas).[1]

Acuarelas

Características

editar

Ó diluírse na auga obtense unha solución transparente que se aplica por capas sobre papel branco ou de cor. As cores utilizadas son transparentes (segundo a cantidade de auga na mestura) e ás veces deixan ver o fondo do papel (branco), que actúa como outro verdadeiro ton. Componse de pigmentos aglutinados con goma arábiga ou mel. Nos seus procedementos emprégase a pintura por capas transparentes, a fin de lograr maior brillantez e soltura na composición que se está realizando.

Artistas

editar

Un dos acuarelistas máis famosos é Joseph Mallord William Turner (1775-1850), que foi precursor das técnicas que posteriormente desenvolverían as vangardas. Os seus cadros reflicten magnificamente a luz e o movemento.

As acuarelas son tradicionalmente empregadas en paisaxes, tanto para exposicións de compra-venda como para a súa reprodución en postais, como as de A. R. Quinton, ou en viñetas de banda deseñada, como as de Miguelanxo Prado, ou como esbozos ou apuntamentos previos para obras maiores en óleo ou outras técnicas.

Notas

  1. "acuarela". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-10. 

Véxase tamén

editar
  NODES
iOS 1
multimedia 1
os 23
todo 1