Adagia é o nome habitual co que se designa á obra Adagiourum collectanea. Compilación de proverbios e ditos das tradicións grega e latina feita polo humanista Erasmo de Rotterdam.

No ano 1500 publica en París, na imprenta de Johannes Philippi un libro titulado Adagiorum collectanea, colección de 818 proverbios da Antigüidade clásica, acompañados cada un dun comentario sobre aspectos filolóxicos, literarios, históricos ou mitolóxicos. A pedagoxía do libro, a cantidade de información presentada e a elegante latinidade fixeron do libro un éxito por toda Europa. O éxito fixo, que no 1505 Philippi publicará unha segunda edición, e no 1506 unha terceira, esta vez por Josse Bade.

Edición canónica

editar

Posteriormente cando Erasmo estaba en Italia adquiriu un gran dominio do grego clásico, o que lle permitiu engadir moitas citas e proverbios de autores gregos, publicándose no 1508 en Venecia, polo editor Aldo Anuzio, unha edición que acadaba as 3260 citas. Esta edición levaría por título Adagiurm Chiliades tres, ac centuriae fere totidem. Posteriormente habería máis edicións con máis proverbios, mais a edición veneciana considérase a canónica, por presentar o título e a estrutura definitiva, que xa non variará nas sucesivas reimpresións.

Edicións posteriores

editar

No 1513 o impresor de Basilea, Johannes Froben imprimiu os adagios de acordo á edición veneciana; tras instalarse Erasmo nesta cidade. Esta casa editorial pasará a ser o principal editor da súa obra. De feito tras catro anos da morte do autor, publicouse a primeira edición das obras completas co título Omnia opera Des. Erasmi Rotorodami, quaecumque ipse auctor pro suis agnovit, novem tomis distincta. Os adagia convertéronse axiña nunha obra de lectura oobrigada para calquera intelectual da época.

Isto non impediu que coa chegada da Contrarreforma, o libro fose engadido no índice de libros prohibidos de Paulo IV do 1559. O que implicaba a prohibición absoluta de imprimir, posuir ou ler calquera libro asociado a Erasmo. Nos séculos posteriores publicáronse varias edicións dos adagios revisadas e modificadas por diversas comisión de teólogos católicos.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  NODES
iOS 7
mac 1
os 35
todo 1