Adolf Anderssen
Karl Ernst Adolf Anderssen, nado en Wrocław o 6 de xullo de 1818 e finado na mesma vila o 13 de marzo de 1879, foi un xadrecista alemán.
Nome orixinal | (de) Karl Ernst Adolf Anderssen |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de xullo de 1818 Wrocław (Confederación Xermánica) |
Morte | 13 de marzo de 1879 (60 anos) Wrocław (Imperio Alemán) |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Osobowice Cemetery (en) |
Educación | Universidade de Breslau |
Actividade | |
Ocupación | xadrecista, escritor de non ficción, compositor de xadrez |
Nacionalidade deportiva | Reino de Prusia |
Deporte | xadrez |
Participou en | |
21 de xuño de 1851 | Partida Imortal de Anderssen (pt) |
1851 | Torneio de xadrez de Londres de 1851 (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Андерсен Адольф) |
Traxectoria
editarAnderssen viviu na súa cidade natal a maior parte da súa vida. Graduouse no instituto público de Breslau para posteriormente asistir á Universidade, onde estudou matemáticas e filosofía. Despois de se licenciar traballou como profesor de matemáticas. A relación de Anderssen co xadrez comezou aos nove anos, cando o seu pai lle aprendeu a xogar. Non foi un neno prodixio, a primeira vez que saíu á luz pública foi en 1842, cando publicou algúns problemas de xadrez, e sobre todo coas súas colaboracións na revista Schachzeitung (despois chamada Deutsche Schachzeitung).
Londres 1851
editarEn 1848 xogou unha partida co xogador profesional Daniel Harrwitz. Por mor disto foi convidado para ser o abandeirado do equipo de xadrez de Alemaña no primeiro trofeo mundial de xadrez que se ía celebrar en Londres. No torneo venceu a Lionel Kieseritzky, József Szén, Staunton e Marmaduke Wyvill, gañando o torneo.
Andersson gañou fama por dúas das súas partidas, nas que venceu pola combinación de notables sacrificios de pezas. Na primeira, xogada contra Lionel Kieseritzky e chamada Xogo inmortal, sacrificou un alfil, dúas torres e finalmente a raíña. Na segunda partida, xogada en Berlín en 1852 contra Jean Drusfesne, o sacrificio de pezas foi máis modesto, e denominouse Xogo Sempreverde.
Nos anos seguintes, moitos considerárono o xogador máis importante do mundo. En 1858 derrotouno o norteamericano Paul Morphy en París.
Londres 1862
editarEn 1862 regresou e gañou a primeira liga todos contra todos en Londres, gañou doce partidas e só perdeu fronte a John Owen. En 1866 xogou e perdeu con Wilhelm Steinitz. A partida introduciu algunhas ideas novas na estratexia do xadrez.
Baden-Baden 1870
editarCase ao final da súa vida chegoulle o logro máis importante, ao vencer, en Baden-Baden en 1870, o torneo máis intenso xogado na época. El rematou de primeiro, diante de Steinitz, Neumann e Blacburne. En Leipzig 1877 quedou en segundo lugar, foi a súa última grande vitoria.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adolf Anderssen |