Aeroporto de Istanbul-Sabiha Gökçen
O aeroporto de Istanbul-Sabiha Gökçen (IATA: SAW, ICAO: LTFJ) é un dos dous aeroportos internacionais que serven a Istanbul, a cidade máis grande de Turquía (o outro é o aeroporto de Atatürk. Situado a 35 km ao sueste do centro da cidade, Sabiha Gökçen atópase na parte asiática e é centro de conexións para Pegasus Airlines, ademais dunha base para Turkish Airlines e Borajet. Foi bautizado na honra de Sabiha Gökçen, a primeira piloto de combate de Turquía e filla adoptiva de Mustafa Kemal Atatürk, o presidente fundador da República de Turquía.
Aeroporto de Istanbul-Sabiha Gökçen İstanbul Sabiha Gökçen Uluslararası Havalimanı
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Propietario | HEAŞ | ||
Operador | Malaysia Airports | ||
Cidade/Illa | Istanbul | ||
Localización | Pendik | ||
Elevación (msnm) | 95 metros / 312 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
06/24 | 3 000 | 9 842 | formigón |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 29 577 735 |
Historia
editarO aeroporto construíuse debido a que o aeroporto de Atatürk, situado no lado europeo, non era o suficientemente grande para satisfacer a crecente demanda de pasaxeiros, tanto domésticos como internacionais. En xuño de 2007 o consorcio formado polo conglomerado turco Limak Holding, o grupo indio GMR Group e Malaysia Airport Holding Berhad (MAHB) gañou o contrato para mellorar e manter o aeroporto. A mediados de 2008 comezaron as obras para ampliar a terminal internacional e conseguir unha capacidade de 25 millóns de pasaxeiros anuais. A nova terminal inaugurouse o 31 de outubro de 2009.
A capacidade da terminal internacional era orixinalmente de 3 millóns de pasaxeiros por ano, e a doméstica tiña unha capacidade de 0,5 millóns anuais. No ano 2010 por Sabiha Gökçen pasaron 11 129 472 pasaxeiros, un incremento dun 71% con respecto a 2009.[1] No ano 2011 prevíase que se alcanzarían os 25 millóns cara 2023,[2] pero no ano 2015 pasaron polo aeroporto máis de 28 millóns de pasaxeiros.
Con 29 577 735 pasaxeiros e 206 180 operacións en 2016, Sabiha Gökçen é o segundo aeroporto cunha única pista máis concorrido do mundo (Londres-Gatwick ten dúas pistas pero só pode operar como un aeroporto dunha única pista). A día de hoxe estase a construír unha segunda pista que debería estar operativa no ano 2019.[3]
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarCarga
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editarNotas
editar- ↑ "Estadísticas de tráfico 2010". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 12 de outubro de 2017.
- ↑ Hurriyet (ed.). "Sabiha Gökçen'de rekor yolcu sayısı". Consultado o 12 de outubro de 2017.
- ↑ "World`s busiest single-runway commercial airports". Consultado o 12 de outubro de 2017.
- ↑ Buta Airways (ed.). "Timetable of Buta Airways flights". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2017. Consultado o 12 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 "Pegasus adds new international routes from June 2017". routesonline. Consultado o 5 April 2017.