Ag2r-La Mondiale
O Ag2r-La Mondiale (código UCI: ALM) é un equipo ciclista francés que compite na categoría UCI WorldTour. O equipo foi fundado no ano 1992 co nome de Chanzal. Na actualidade, o Ag2r emprega bicicletas da marca alemá, Focus con compoñentes de Campagnolo.
Historia
editarEn 1992, Vincent Lavenu, ciclista recentemente retirado do ciclismo profesional, creou un equipo de ciclismo profesional xunto a Chazal como patrocinador oficial. No útimo equipo profesional no que militou, Lavenu xa fora patrocinado por Chazal. Chazal continuou vinculado ao equipo até o ano 1995. No ano seguinte (1996), Petit Casino, unha cadea de postos de café en supermercados, fíxose co patrocinio do equipo. En 1997, Casino, a compañía de supermercados que tiña os cafés Petit Casino, fíxose cargo do patrocinio do equipo e o ozamento incrementouse. O equipo de Vincent Lavenu xa podía competir en grandes crreiras ciclistas como as clásicas. Algúns do ciclistas destacados do equipo foron Alexandre Vinokourov, Jaan Kirsipuu e Lauri Aus.
A compañía aseguradora Ag2r Prévoyance converteuse en patrocinador oficial no ano 2000. Na tempada 2006, o equipo uniuse ao UCI ProTour. O AG2R tivo esta oportunidade, xa que o Fassa Bortolo saíu da competición deixando unha licenza libre que o AG2R aproveitou para meterse entre os grandes porque era o único poxador por meterse logo da retirada do Comunidade Valenciá. O primeiro Tour de Francia que disputou o equipo foi o do 2006, no que obtivo éxito cunha vitoria de etapa de Sylvain Calzati e un día de amarelo Cyril Dessel.
No Tour 2014, o Ag2r-La Mondiale obtivo o seu mellor resultado individual na volta, ao lograr que o veterano ciclista francés Jean-Christophe Péraud rematará no segundo caixón da clasificación nos Campos Elisios de París.
Campionatos nacionais
editarEquipo
editarNo 1 de xaneiro de 2015
Ciclista | Nacemento |
---|---|
Jan Bakelants | 14 de febreiro de 1986 |
Romain Bardet | 9 de novembro de 1990 |
Julien Bérard | 2 de xullo de 1987 |
Carlos Betancur | 13 de outubro de 1989 |
Guillaume Bonnafond | 23 de xuño de 1987 |
Mickaël Cherel | 17 de marzo de 1986 |
Maxime Daniel | 5 de xullo de 1991 |
Nico Denz | 15 de febreiro de 1994 |
Axel Domont | 7 de agosto de 1990 |
Samuel Dumoulin | 20 de agosto de 1980 |
Hubert Dupont | 13 de novembro de 1980 |
Ben Gastauer | 14 de novembro de 1987 |
Damien Gaudin | 20 de agosto de 1986 |
Patrick Gretsch | 5 de marzo de 1993 |
Hugo Houle | 27 de setembro de 1990 |
Quentin Jaurégui | 22 de abril de 1994 |
Blel Kadri | 3 de setembro de 1986 |
Pierre-Roger Latour | 12 de outubro de 1993 |
Julian Kern | 28 de decembro de 1989 |
Sébastien Minard | 12 de xuño de 1982 |
Lloyd Mondory | 26 de abril de 1982 |
Matteo Montaguti | 6 de xaneiro de 1984 |
Rinaldo Nocentini | 25 de setembro de 1977 |
Jean-Christophe Péraud | 22 de maio de 1977 |
Domenico Pozzovivo | 30 de novembro de 1982 |
Christophe Riblon | 17 de xaneiro de 1981 |
Sébastien Turgot | 11 de abril de 1984 |
Johan Vansummeren | 4 de febreiro de 1981 |
Alexis Vuillermoz | 1 de xuño de 1988 |