Agasallo
Un agasallo[1], regalo, obsequio ou presente é a entrega de cartos ou obxectos sen requirir algo a cambio; por extensión pódese chamar agasallo a calquera manifestación de afecto dirixido a outro, de maneira altruísta. Na cultura occidental é común o intercambio, merca ou recepeción de agasallos en días sinalados como o aniversario, certos días do Nadal ou a celebración específica dun evento.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para agasallo.