Aguia real

ave rapaz

A aguia real[2][3] (Aquila chrysaetos) é unha ave rapaz; é a aguia máis coñecida popularmente.

Aguia real

Adulto da subespecie Aquila chrysaetos canadensis


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Accipitriformes
Familia: Accipitridae
Xénero: Aquila
Especie: A. chrysaetos
Nome binomial
Aquila chrysaetos
(Linnaeus, 1758)
Marrón claro: Inverno Marrón : Cría Marrón escuro : Todo o ano
Marrón claro: Inverno
Marrón : Cría
Marrón escuro : Todo o ano

Marrón claro: Inverno

Marrón : Cría

Marrón escuro : Todo o ano
Sinonimia

Falco chrysaëtos Linnaeus, 1758

Morfoloxía

editar
 
Aguia real.

É de cor castaña escura con plumas amarelas na cabeza. Cola branca cunha ampla franxa terminal escura. Punta do peteiro negra, iris entre escuro e acastañado. Os pitos son negros durante os dous primeiros anos de vida. A femia é meirande có macho. O hábitat desta especie son extensas rexións montañosas nas que abunden as masas forestais.

Subespecies

editar

Existen seis subespecies recoñecidas:

Nutrición

editar

A especie sitúase no cumio da pirámide trófica, depredando case todas as especies de mamíferos, aves e réptiles existentes no seu territorio. Así, estudando as súas egagrópilas, téñense citado ata 57 especies animais diferentes coma presa[4]. Porén, o groso das súas capturas son os coellos (ata un 45,9% das presas en ambientes mediterráneos[4]), as lebres e as marmotas. Téñense documentado capturas tan grandes como crías de cervo, cabra montesa ou pitas de monte adultas. Outras posibles presas son as tartarugas, outras aves de presa ou ofidios. En períodos de escaseza recorre á calaza. As capturas fainas dende atalaias e promontorios, ou ben voando entre os rochedos das montañas, sempre procurando a sorpresa. As presas máis pequenas son transportadas ó niño, mentres que as máis grandes son consumidas no mesmo lugar da captura.

Reprodución

editar
 
Aquila chrysaetos

Aniña nas árbores e baixíos rochosos en Europa. Porén, noutras áreas xeográficas da zona holártica constrúe o niño no chan (tundra) ou nas árbores máis baixas (taiga). Ocupan niños antigos que van mellorando e ampliando ano tras ano. Unha parella posúe normalmente varios niños e na súa construción participan ambos sexos. O seu período de cría vai dende marzo ata maio. A súa posta consta dun a dous ovos que son incubados durante 43 e 45 días. Excepcionalmente téñense documentado postas de tres ovos. Os polos permanecen no niño uns 63 a 70 días[5]. Habitualmente a femia choca os ovos e o macho procura o alimento. Trátase dunha especie monógama.

 
Imaxe na que se aprecia as plumas primarias fortemente dixitalizadas.

Basea o seu voo nas correntes térmicas ascendentes, que son aproveitadas para planear sen necesidade de mover as ás. Estas sempre son completamente despregadas, agás nos descensos, nas que son encollidas lixeiramente. En voo, salientan as seis primarias fortemente marcadas en cada á.

Distribución

editar

Está en perigo de extinción e en Europa central só habita agora nos Alpes, cando non hai moito voaba por case todos os países de Europa. Nas Illas Británicas quedan 500 exemplares en Escocia, e en Irlanda reintroduciuse en 2001; nos Estados Unidos os intentos de evitar o seu declive non deron resultados.

En Galicia

editar

Factores coma a abundancia de cortados rochosos e a dispersión da poboación fan de Galicia un lugar moi axeitado para a cría e supervivencia da aguia real. Porén, igual que sucede no resto de España, este especie atópase en perigo de extinción en Galicia.[6]

Historicamente a aguia real tense distribuído nunha franxa de terreo que vai dende o extremo oriental da provincia de Lugo ata o extremo suroriental da provincia de Ourense. A persecución directa, a política forestal, a degradación do hábitat e os cambios acontecidos no rural, fixeron que a aguia real desaparecera da zona da Baixa Limia e das montañas orientais de Lugo na primeira década do século XXI. Isto fixo que a especie entrará en risco de desaparición a medio prazo. Ademais, parte dos escasos individuos que habitan en Galicia son compartidos cos territorios do Bierzo, A Cabrera e o Montesinho.[7]

Debido a isto, no ano 2007, diversos colectivos de biólogos e ecoloxistas (coma a Sociedade Galega de Ornitoloxía ou o colectivo GREFA), reclamaron medidas máis constantes e maiores recursos para reverter a situación da especie e así garantir a viabilidade de novas poboacións naquelas zonas máis óptimas, como as de Trives ou a Ribeira Sacra. Pola contra, dende o Servizo de Biodiversidade da Consellería de Medio Ambiente da Xunta recoñecíase a mala situación, mais consideraban necesario unha diagnose das causas do declive para organizar un plan de conservación.[8]

En España

editar

A aguia real está amplamente distribuída por España, aínda que moi ligada a ambientes rupícolas. De feito as poboacións máis numerosas atópanse no Sistema Ibérico, as Serras Béticas (189-216 parellas no 2016[4]), Serra Morena (170-195 parellas no 2016[4]) e os Pireneos. Porén, é inexistente nas mesetas, na zona do Guadalquivir, nas Illas Canarias e nas Illas Baleares. Por outra banda, é escasa en Galicia e na costa Cantábrica. Historicamente a especie sufriu un forte descenso entre os anos 1960 e 1990. Posteriormente, grazas ás medidas conservacionistas, a especie entrou nun fase máis estable e, nalgunhas zonas, de lixeiro crecemento. Coma exemplo citar Andalucía, que contaba con 333 parellas no 2008, aumentando ata 340 parellas no 2014[4]. En 2008 a SEO estimaba a poboación da aguia real dunhas 1.553 a 1.769 parellas. Catro comunidades autónomas: Andalucía, Aragón, Castela-A Mancha e Castela e León, contaban co 70 % da devandita poboación, aínda que A Rioxa, Navarra e a Comunidade Valenciana presentaban uns mellores datos de densidade[9].

Conservación en España

editar

Son numerosos os factores que afectan negativamente as poboacións de aguia real en España. Provocan mortes de individuos ó longo do ano a presenza das liñas eléctricas, a persecución directa, o uso indiscriminado de veleno, as mortes por disparo ou as accións de espolio. Ademais existen factores que impiden o correcto desenvolvemento da especie, como por exemplo a diminución da dispoñibilidade do alimento (especialmente trala propagación da pneumonía hemorráxica vírica entre a poboación de coello ou as molestias ocasionadas na época de cría debida ás ofertas de lecer ligadas ó turismo rural ou a deportes de montaña coma a escalada.Finalmente, a pesar de ser incluída en numerosos catálogos rexionais de especies ameazadas, ningunha rexión española elaborouplans de recuperación específicos[10].

  1. BirdLife International (2013). "Aquila chrysaetos". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 
  3. Aguia real (Aquila chrysaetos). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Bautista J., Moleón M., Gil J. M. (Xuño 2016). "Aguila Real: conejo y otras muchas presas". Quercus (364). 
  5. Gran Guía de la Naturaleza. Aves. Por Nicolai, Singer e Wothe. Editorial Everest (en castelán).
  6. As donas do vento: Aves rapaces de Galicia. Xurxo de Vivero. Xerais, 1989
  7. A Aguia real no Xurés. Revista Cerna. Número 67, Primavera 2012. Editada por ADEGA
  8. Ourense acubilla as últimas seis parellas de aguia real de Galicia Arquivado 19/09/2016, en Wayback Machine., 10 de febreiro do 2007, La Voz de Galicia.
  9. El aguila real en España. Población reproductora en 2008 y método de censo. Proyecto promovido y publicado por SEO/Birdlife (en castelán)
  10. Águila Real. Atlas de las aves reproductoras. Bernardo Arroyo (en castelán)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
chat 1
INTERN 2
todo 5