Alain Delon

actor francés

Alain Fabien Maurice Marcel Delon, nado en Sceaux (Altos do Sena) o 8 de novembro de 1935 e finado en Douchy (Loiret) o 18 de agosto de 2024, foi un actor francés, icona do cinema europeo das décadas de 1960 e 1970. Desde 1964 é tamén produtor cinematográfico. Gañou o Premio César en 1984. En 1999 pasou a ter a dobre nacionalidade franco-suíza, e foi concecorado coa Lexión de Honra do goberno francés.

Modelo:BiografíaAlain Delon

(1961) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Alain Fabien Maurice Marcel Delon Editar o valor en Wikidata
8 de novembro de 1935 Editar o valor en Wikidata
Sceaux, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte18 de agosto de 2024 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Douchy-Montcorbon, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteLinfoma Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturachâteau de la Brûlerie (en) Traducir (2024–) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaSceaux Editar o valor en Wikidata
EducaciónÉcole Jeannine Manuel Editar o valor en Wikidata
Altura177 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación, Produción de cinema e guión cinematográfico Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Francia
Suíza Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónguionista, produtor, cantante, actor, realizador, actor de televisión, actor de cinema, produtor de cinema, director de cinema, actor de teatro, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1957 Editar o valor en Wikidata - 2012 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoDrama, Ficción detectivesca e suspense Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeNathalie Delon (1964–1969), divorcio Editar o valor en Wikidata
ParellaRosalie van Breemen (1987–2001)
Anne Parillaud (1981–1986)
Maddly Bamy (1968–1971)
Mireille Darc (1968–1982)
Nathalie Delon (1962–1964)
Dalida (1962–1962)
Nico (1961–1961)
Romy Schneider (1958–1963)
Michèle Cordoue (1957–1957)
Brigitte Auber (1956–1956) Editar o valor en Wikidata
FillosChristian Aaron Boulogne
 () Nico
Anthony Delon
 () Nathalie Delon
Anouchka Delon
 () Rosalie van Breemen
Alain-Fabien Delon
 () Rosalie van Breemen Editar o valor en Wikidata
PaisFabien Delon Editar o valor en Wikidata  e Édith Delon Editar o valor en Wikidata
IrmánsJean-François Delon Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001128 Allocine: 1920 Rottentomatoes: celebrity/alain_delon Allmovie: an12043 TCM: 48245 TV.com: people/alain-delon
BNE: XX1265628 Spotify: 2e1aRMKieswINolf49MzQ8 iTunes: 99744743 Last fm: Alain+Delon Musicbrainz: 632c69c8-404e-4062-8871-6acfe05c70db Discogs: 303754 Allmusic: mn0000624101 WikiTree: Delon-22 Find a Grave: 273695908 Deezer: 291881 Genius: Alain-delon Editar o valor en Wikidata
Delon no Festival de Cannes 2007.

Traxectoria

editar

Trala separación do seu pai e a súa nai cando tiña catro anos, tivo unha infancia difícil, sendo expulsado do colexio católico onde estudaba por mala conduta. Deixou a escola con 14 anos, pasando a traballar na carnizaría do seu medio pai. Con 17 anos entrou no exército como paracaidista, participando na batalla de Diên Biên Phu da guerra de Indochina. Tras regresar da guerra, traballou como estibador no Mercado Central de París.

Era amigo do actor Jean-Claude Brialy e da actriz Brigitte Auber, e no Festival de Cannes de 1956 coñeceu os directores Yves e Marc Allégret. Iniciouse no cinema en 1957 nun cameo en Quand la femme s'en mêle, de Yves Allégret. Consagrouse en 1960 con Plein soleil, de René Clément. Pasou a ser un dos actores fetiche de Luchino Visconti, co que protagonizou Rocco e os seus irmáns, e compartiu protagonismo con Burt Lancaster e Claudia Cardinale en O Gatopardo. Tamén traballou con Antonioni en L'eclisse e con Brigitte Bardot en Les amours célèbres de Michel Boisrond.

Logo desta época, centrouse no cinema francés, con películas como Le samurai de Jean-Pierre Melville, Histoires extraordinaires de Louis Malle e La piscine de Jacques Deray. En 1976 protagoniza Monsieur Klein de Joseph Losey e Le gang. En 1984 traballa en Un amour de Swann, de Volker Schlöndorff.

Iniciouse como produtor, obtendo grande éxito con Borsalino de Jacques Deray, na que aparece xunto a Jean-Paul Belmondo. En 1980 dirixe Pour la peau d'un flic, e en 1983 repite tralas cámaras con Le battant.

En 2023 deuse a coñecer que tiña un linfoma e faleceu na sua casa de Douchy aos 88 anos o 18 de agosto do 2024.[1][2]

Véxase tamén

editar
  1. "Alain Delon : le cancer qui déchire sa famille". Le Point (en francés). 2024-01-24. Consultado o 2024-08-18. 
  2. à 08h03, Par Catherine Balle Le 18 août 2024 (2024-08-18). "Alain Delon, monstre sacré du cinéma, est mort à 88 ans". leparisien.fr (en francés). Consultado o 2024-08-18. 
  NODES
todo 1