Alan Sugar
Alan Michael Sugar, Baron Sugar, nado en Hackney (Londres) o 24 de marzo de 1947 é un magnate dos negocios, personalidade dos medios, político e conselleiro británico.[1][2] En 1968, comezou o que se converteu no seu maior negocio, a compañía de consumibles electrónicos Amstrad (Alan Michael Sugar Trading). En 2007, vendeu os últimos intereses na compañía nun acordo con BSkyB por 125 millóns de libras.[3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Alan Michael Sugar 24 de marzo de 1947 (77 anos) Hackney, Reino Unido (pt) |
Enterprise Champion (en) | |
25 de maio de 2016 – | |
Membro da Cámara dos Lords | |
20 de xullo de 2009 – | |
Enterprise Champion (en) | |
2009 – 2010 | |
Datos persoais | |
Residencia | Chigwell (pt) |
Relixión | Ateísmo |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor, empresario, autobiógrafo, político, informático teórico |
Empregador | Amstrad (pt) (1968–2008) British Broadcasting Corporation |
Partido político | Partido Laborista (1997–2015) |
Patrimonio estimado | 1.040 M£ (2015) |
Familia | |
Cónxuxe | Ann Simons (1968–) |
Premios | |
| |
Sugar foi presidente e copropietario do Tottenham Hotspur entre 1991 e 2001; vendeu o resto das súas accións no club en 2007 por 25 millóns de libras.[3] Aparece na serie de televisión da BBC The Apprentice, que se emite anualmente dende 2005.
Segundo a listaxe de ricos de Sunday Times, Sugar converteuse en milmillonario en 2015. En 2016 tiña unha fortuna estimada en 1150 millóns de libras, clasificándoo como a 95.ª persoa máis rica do Reino Unido.[4]
Traxectoria
editarSugar naceu en Hackney, East London, nunha familia xudía.[5] O seu pai, Nathan, era xastre nunha industria téxtil do East End.[6] Os seus avós maternos naceran en Rusia e o seu avó paterno en Polonia. A avoa paterna de Sugar, Sarah Sugar, naceu en Londres de pais polacos.
Cando Sugar era novo, a súa familia vivía nun piso do concello. A causa do seu abondoso e rizado pelo chamárono "Mop head" (“cabeza fregona”), alcume que aínda continúa a empregar.[7] Asistiu á Northwold Primary School e á Brooke House Secondary School de Upper Clapton, Hackney, e fixo cartos extra traballando nunha verdularía.[7] Despois de deixar a escola aos dezaseis anos,[8] traballou por un breve tempo no servizo social como estatístico no ministerio de educación. Comezou a vender antenas de radio para coches e outras mercadorías eléctricas nunha furgoneta que comprou por 50 libras e asegurou por 8. Para poder permitirse isto, renunciou aos seus aforros, que sumaban 100 libras.[9]
Vida persoal
editarSugar é ateo, mais continúa a estar orgulloso da súa herdanza xudía.[10] Sugar e a súa esposa Ann (de solteira Simons), antiga peiteadora, casaron o 28 de abril de 1968 en Great Portland Street, Londres. Teñen dous fillos e unha filla.[11] A parella vive en Chigwell, Essex.[12][13]
Sugar posúe unha aeronave Cirrus SR22 de catro asentos. Durante un intento de aterraxe en City Airport Manchester o 5 de xullo de 2008, Sugar saíuse da pista tras tomar terra debido ao mal tempo e ao campo mollado. Non houbo feridos, mais o avión foi danado considerablemente e deixouse en terra.[14]
En febreiro de 2009, informouse de que Sugar iniciara un proceso legal contra o xornal The Sun tras unha reportaxe que o mencionara nunha listaxe negra de xudeus británicos en resposta ás operacións militares israelís contra Gaza. [15] As ameazas supostamente foran feitas por Glen Jenvey, fonte da historia de The Sun, que as publicou nunha páxina web musulmá baixo identidade falsa.[16]
En 2015, Sugar tiña unha fortuna estimada de 1040 millóns de libras.[4]
Notas
editar- ↑ "Let's do the business". The Jewish Chronicle. 14 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 26 de agosto de 2014.
- ↑ "Sir Alan, you're hired as our rep". The Jewish Chronicle. 19 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2015. Consultado o 26 de agosto de 2014.
- ↑ 3,0 3,1 "BSkyB agrees £125m Amstrad deal". BBC News. 31 de xullo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2008. Consultado o 28 de xaneiro de 2009.
- ↑ 4,0 4,1 "The Sunday Times – The Rich List". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 20 de outubro de 2016.
- ↑ Beckford, Martin (9 de maio de 2008). "Sir Alan Sugar fails to make top 100 Jews list". The Daily Telegraph. Consultado o 3 de xuño de 2012.
- ↑ "The Lords think I'm a brusque, ignorant cockney" Arquivado 06 de outubro de 2010 en Wayback Machine., The Daily Telegraph
- ↑ 7,0 7,1 The Real Alan Sugar. BBC 2. 21 de xaneiro de 2009.
- ↑ "The Apprentice – The Board". BBC. Arquivado dende o orixinal o 8 de abril de 2007. Consultado o 8 de maio de 2007.
- ↑ "Alan sugar bio". Virgin. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2007. Consultado o 8 de maio de 2007.
- ↑ Wollaston, Sam (25 de marzo de 2009). "Sam Wollaston meets Sir Alan Sugar, star of The Apprentice". The Guardian. Consultado o 10 de xaneiro de 2015.
- ↑ Hopps, Kat (22 de xuño de 2019). "Alan Sugar wife: The shocking way he proposed - and the secret to their enduring romance". Express.co.uk (en inglés). Consultado o 2 de xullo de 2019.
- ↑ Naughton, Philippe; Costello, Miles (26 de marzo de 2006). "In the line of fire". The Times (Londres). Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2007. Consultado o 6 de xullo de 2008.
- ↑ What You See Is What You Get: My Autobiography – Alan Sugar (2010)
- ↑ "Alan Sugar 'survives plane crash'". BBC. 7 de xullo de 2008. Consultado o 29 de marzo de 2012.
- ↑ Leigh Holmwood (24 de febreiro de 2009). "Alan Sugar sues Sun over terror splash". The Guardian (Reino Unido). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2009. Consultado o 26 de marzo de 2009.
- ↑ Leigh Holmwood; Stephen Brook (28 de xaneiro de 2009). "Sun front-page story on 'terror _target' Sir Alan Sugar under investigation". The Guardian (Reino Unido). Consultado o 26 de marzo de 2009.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alan Sugar |
Bibliografía
editar- David Thomas, "Alan Sugar – the Amstrad Story" (1991), paperback ISBN 978-0-330-31900-3.
- Alan Sugar, "The Apprentice: How to get hired not fired"
- Alan Sugar, "What You See Is What You Get: My Autobiography" (2010), hardback ISBN 978-0-230-74933-7.