Alba Vergés
política española
Alba Vergés i Bosch, nada en Igualada o 3 de setembro de 1978,[1] é unha economista e política catalá, membro de Esquerra Republicana de Catalunya e do Parlamento de Cataluña na XI Lexislatura.
Biografía
editarLicenciada en economía pola Universidade de Barcelona e en enxeñaría técnica en informática de xestión pola Universitat Oberta de Catalunya.[1] Traballou como programadora no sector das tecnoloxías da información e da comunicación e como xefa de administración, contabilidade e finanzas do Consorcio de Saúde Social de Igualada.[1] Militante de Esquerra Republicana de Catalunya dende 2011 e membro do Parlamento de Cataluña dende as eleccións de 2012.[1] Nas eleccións de 2015 foi escollida de novo dentro das listas de Junts pel Sí.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Parlament de Catalunya (ed.). "Alba Vergés". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2015. Consultado o 31 de marzo de 2015.