Albatros olleirudo

O albatros olleirudo[3][4][5] (Thalassarche melanophris, antes Diomedea melanophris)[6] é unha grande ave mariña da familia dos albatros, Diomedeidae, na cal é un dos membros máis espallados e común.

Albatros olleirudo
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Procellariiformes
Familia: Diomedeidae
Xénero: Thalassarche
Especie: Thalassarche melanophris
(Temminck 1828)[2]
Distribución do albatros olleirudo
Distribución do albatros olleirudo

Distribución do albatros olleirudo
Sinonimia

Diomedea melanophris

Exemplar con plumaxe subadulta

Taxonomía

editar

Son albatros da familia Diomedeidae e da orde Procellariiformes, na que tamén están incluídos as pardelas, fulmares, e paíños. Estas aves comparten certas características distintivas. Teñen vías nasis unidas ao bico superior chamadas naricornos, aínda que os orificios nasais dos albatros están nos lados do bico. Os bicos dos procelariformes son tamén singulares porque están divididos entre sete e nove placas óseas. Produce un aceite estomacal feito de ésteres cerosos e triglicéridos que se almacena no proventrículo. É usado contra os predadores e como fonte alimenticia rica en enerxía para as crías e tamén para os adultos durante os seus longos voos.[7] O albatros ten tamén unha glándula do sal por riba dos tubos nasais, que axuda a eliminar o sal do océano que a ave incorpora. A glándula excreta unha solución de alta concentración salina a través do nariz.[8]

En 1998, Robertson e Nunn publicaron o seu estudo do albatros Thalassarche impavida, no que suxerían separar esta especie do T. melanophris.[9] Poucos anos despois, outros foron concordando con eles, incluíndo BirdLife International en 2000,[10] e Brooke en 2004.[11] Pero James Clements non adoptou esta división,[12] o ACAP non adoptou aínda esta división e a SACC recoñece a necesidade dunha proposta.[13]

O albatros olleirudo foi descrito primeiramene como Diomedea melanophris por Coenraad Jacob Temminck, en 1828, baseándose nun espécime recollido no Cabo de Boa Esperanza.[14]

Etimoloxía

editar

A orixe do nome melanophris son as palabras gregas melas ou melanos, que significa 'negro', e ophris, que significa 'cella', referíndose á mancha escura da zona dos ollos; a isto fai referencia tamén o nome común galego albatros olleirudo.[15]

Descrición

editar
 
No leste de Tasmania

O albatros olleirudo é un albatros de medio tamaño, de 80 a 95 cm de longo e unha envergadura alar de 200 a 240 cm e un peso medio de 2,9 a 4,7 kg.[6] Poden chegar a vivir na natureza uns 70 anos. Teñen unha sela gris escura e parte superior das ás que contrasta coa rabadilla e partes inferiores brancas. A parte inferior das ás é predominantemente branca con marxes negras anchas e irregulares. Ten unha zona ciliar escura e un bico amarelo-laranxa cun extremo laranxa avermellado máis escuro. Os xuvenís teñen bicos de cor corno escuro con puntas escuras e unha cabeza e colar gris. Tamén teñen a parte inferior das ás escura. As características que o distinguen doutros albatros (excepto do estreitamente relacionado Thalassarcha impavida) son a liña escura nos ollos, que lle dá seu nome, unha ancha beira negra na parte inferior das ás, cabeza branca e bico laranxa coa punta laranxa máis escura. O T. impavida é moi similar, pero cun ollo máis claro. As aves inmaturas son similres ao Thalassarche chrysostoma, pero este último ten un bico completamente negro e marcas na cabeza escuras máis completas.

Distribución e hábitat

editar
Poboación reprodutora e tendencia[10]
Localidade Poboación Data Tendencia
Illas Malvinas 399 416 parellas 2007 Decrecendo un 0,7% por ano
Illa Xeorxia do Sur 74 296 parellas 2006 Decrecendo
Chile 122 000 parellas 2007
Illas Antípodes ? 1998
Illa Campbell ? 1998
Illa Heard 600 parellas 1998 Incrementándose
illas McDonald ? 1998
Illas Crozet ? 1998
Illas Kerguelen ? 1998 Decrecendo
Illa Macquarie ? 1998
Illas Snares ? 1998
Total 600 000 parellas 2005 Decrecendo

O albatros olleirudo é circumpolar nos mares do sur, e reprodúcese en 12 illas dentro da súa área. No sur do océano Atlántico, reprodúcese nas illas Falkland, illas Diego Ramírez, illas Xeorxia do Sur e illas Sandwich do Sur. No sur do océano Pacífico reprodúcese nas illas Ildefonso, illas Diego de Almagro, illas Evanxelistas, illa Campbell, illas Antípodes, illas Snares e illa Macquarie. No sur do océano Índico reprodúcese nas illas Crozet, illas Kerguelen, illa Heard e illas McDonald.[16]

Estimouse nun reconto de 2005 que había 1 220 000 exemplares vivos e 600 853 parellas reprodutoras. Deles, 402 571 reprodúcense nas Malvinas, 72 102 nas illas Xeorxia do Sur, 120 171 nas illas chilenas de Ildefonso, Diego de Almagro, Evanxelistas e Diego Ramírez. Outras 600 parellas crían na illa Heard, Finalmente, as restantes 5 409 parellas crían no resto das illas.[14][17][18] Esta especie de albatros prefire buscar alimento na plataforma continental e noiros continentais. As aves das illas Malvinas invernan preto da plataforma de Patagonia e as aves de Xeorxia do Sur aliméntanse en augas do sur de África, aproveitando a corrente de Benguela e as aves chilenas aliméntanse na plataforma de Patagonia, na plataforma de Chile e mesmo chegan a Nova Zelandia. É probablemente o albatros que se encontra ás veces no Atlántico Norte debido á tendencia migratoria cara ao norte.

Comportamento

editar
 
Reproducíndose en (New Island, illas Malvinas)
 
Asociándose cunha candorca. Imaxe tomada por unha cámara instalada sobre o propio albatros.
 
Engalando

As colonias son moi ruidosas, xa que as aves "ornean" para marcar o seu territorio e grallan asperamente. Utilizan a súa cola en abano nas exhibicións de cortexo.[6]

Alimentación

editar

O albatros olleirudos aliméntase de peixes, luras, crustáceos, prea e descartes das pesquerías.[19][20][21] Esta especie foi observada roubando comida a outras especies.[6]

Reprodución

editar
 
Ovo desta especie no MHNT
 
Colonia na illa Saunders, illas Malvinas

Esta especie aniña normalmente en ladeiras con moita pendente cubertas de tussock e ás veces en cantís; porén, nas Malvinas nidifica en pradeiras chairas costeiras.[10] Reprodúcense anualmente, poñendo un ovo entre finais de setembro e principios de novembro, aínda que os que se reproducen nas Malvinas, illas Crozet e Kerguelen fan a posta tres semanas antes. A incubación fana ambos os sexos e dura de 68 a 71 días. Despois da eclosión, os polos tardan de 120 a 130 días en emplumar. Os xuvenís retornan á colonia pasados dous ou tres anos, pero só para practicar os rituais de cortexo, xa que non se empezan a reproducir realmente ata que teñen 10 anos.[6]

Conservación

editar

Ata 2013, a IUCN clasificou esta especie como en perigo debido á drástica redución da súa poboación.[22] Na illa Bird preto de Xeorxia do Sur houbo un 4% de perda anual de parellas nidificdoras,[18] e a poboacións da illa Kerguelen experimentou unha redución do 17% entre 1979 e 1995.[23] A da illa Diego Ramírez diminuíu na década de 1980 pero recuperouse recentemente,[24][25] e a das Malvinas tivo un rexurdimento na década de 1980[16][26] probablemente debido á abundancia de restos de peixes descartados polos arrastreiros;[27] porén, os censos recentes mostran unha drástica redución na maioría dos sitios de nidación alí.[17] Hubo un declive do 67% na poboación nos últimos 64 anos.[10]

 
Esqueleto dun albatros olleirudo (Museo de osteoloxía)

Ao incremento da pesca de palangre nos océanos do sur, especialmente arredor da plataforma de Patagonia e de xeorxia do Sur atribuíuse a causa principal do declive desta ave.[28][29][30][31] Observouse que o albatros olleirudo é a ave que máis frecuentemente se atopa morta nos caladoiros de pesca.[29][30][32][33][34][35][36] A pesca de arrastre, especialmente na zona da plataforma de Patagonia[37] e preto do sur de África é tamén unha importante causa da morte destes animais.[38]

As medidas de conservación postas en marcha empezaron colocando a especie no Apéndice II da Convención de Especies Migratorias e no Anexo 1 do Acordo sobre a Conservación de Albatros e Pardelas. Está sendo monitorizada na metade das illas, e a maioría dos sitios de reprodución son reservas. A illa Heard e as illas McDonald, a illa Macquarie e as illas de Nova Zelandia son Sitios Patrimonio da Humanidade. Tamén se completou un censo inicial en Chile.[39]

Aves errantes

editar

Aínda que é unha ave do hemisferio sur, pode ás veces chegar ao hemisferio norte e en raras ocasións aparece nas costas galegas como ave accidental.[4] Incluso pode aparecer tan ao norte como en Escocia, onde se detectou un exemplar ao que se lle puxo o nome de Albert.[40][41] Crese que foi arrastrado polo vento ata chegar ao Atlántico Norte en 1967.[41] Tamén se detectou a súa presenza accidental nas illas Faroe, onde un exemplar viviu entre unha colonia de mascatos durante 30 anos.[42] Tamén se observou un nas Bahamas en 2013 e en 2014 en Heligoland e na costa de Inglaterra. Crese que o exemplar de Bahamas, Feroe e Heligoland era o mesmo exemplar detectado en Escocia chamado Albert.[43][44][45][46] Ademais, houbo 20 posibles avistamentos en Norteamérica nos Estados Unidos e outro en Inglaterra en 2017.[47][48]

 
Albatros olleirudo en Heligoland (abril de 2017)
  1. BirdLife International. 2018. Thalassarche melanophris. The IUCN Red List of Threatened Species 2018: e.T22698375A132643647. https://dx.doi.org/10.2305/IUCN.UK.2018-2.RLTS.T22698375A132643647.en. Downloaded on 02 January 2019.
  2. Brands, S. (2008)
  3. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  5. "albatros olleirudo". TERGAL. Consultado o 18 de abril de 2024. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Robertson, C. J. R. (2003)
  7. Double, M. C. (2003)
  8. Ehrlich, Paul R. (1988)
  9. Robertson, C. J. R. & Nunn (1998)
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 BirdLife International (2008)
  11. Brooke, M. (2004)
  12. Clements, J. (2007)
  13. Remsen Jr., J. V. (2008)
  14. 14,0 14,1 Robertson, G.; et al. (2007)
  15. Gotch, A. F. (1995)
  16. 16,0 16,1 Croxall, J. P. & Gales, R. (1998)
  17. 17,0 17,1 Huin, N. & Reid, T. (2007)
  18. 18,0 18,1 Poncet, S.; et al. (2006)
  19. Cherel, Y.; et al. (2002)
  20. Xavier, J. C.; et al. (2003)
  21. Arata, J.; et al. (2003)
  22. BirdLife International (2013)
  23. Weimerskirch, H. & Jouventin, P. (1998)
  24. Schlatter, R. P. (1984)
  25. Arata, J. & Moreno, C. A. (2002)
  26. Gales, R. (1998)
  27. Thompson, K. R. & Riddy, M. D. (1995)
  28. Prince, P. A.; et al. (1998)
  29. 29,0 29,1 Schiavini, A.; et al. (1998)
  30. 30,0 30,1 Stagi, A.; et al. (1998)
  31. Tuck, G. & Polacheck, T. (1997)
  32. Gales, R.; et al. (1998)
  33. Murray, T. E.; et al. (1993)
  34. Ryan, P. G. & Boix-Hinzen, C. (1998)
  35. Ryan, P. G.; et al. (2002)
  36. Reid, T. A. & Sullivan, B. J. (2004)
  37. Sullivan, B. J. & Reid, T. A. (2002)
  38. Watkins, B. P.; et, al (2007)
  39. Lawton, K.; et al. (2004)
  40. Ivens, Martin (9 May 2007)
  41. 41,0 41,1 "No romance for lovesick albatross". BBC. 9 May 2007. Consultado o 9 May 2007. 
  42. á Ryggi, M. (1951)
  43. Fotonachweise Arquivado 16 de xullo de 2021 en Wayback Machine. vom 28./29. Mai, 4./5. Juni und 12./13. Juni 2014 auf Helgoland. Bericht mit Fotos in Der Falke Nr. 8/2014, S. 34–37.
  44. "Beobachtungsnachweise bei birdguides.com". Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2015. Consultado o 5 May 2015. 
  45. Sighting on Heligoland, 2016 (German)
  46. Sighting on Heligoland, 2017 (en alemán)
  47. Dunn, Jon L. & Alderfer, Jonathan (2006)
  48. Fryer, Joe (16 May 2017). "Rarity finders: Black-browed Albatross at Bempton Cliffs". BirdGuides. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2017. Consultado o 16 May 2017. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Alsop, III, Fred J. Smithsonian Birds of North America. Dorling Kindersley ISBN 0-7894-8001-8
  • Arata, J.; Moreno, C. A. (2002). "Progress report of Chilean research on albatross ecology and conservation". Convention for the Conservation of Antarctic Marine Living Resources Working Group on Fish Stock Assessment. 
  • Arata, J.; Robertson, G.; Valencia, J.; Lawton, K (2003). "The Evangelistas Islets, Chile: a new breeding site for black-browed albatrosses". Polar Biology 26 (10): 687–690. doi:10.1007/s00300-003-0536-6. 
  • BirdLife International (2008). "Black-browed Albatross – BirdLife Species Factsheet". Data Zone. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2009. Consultado o 22 February 2009. 
  • Brands, Sheila. "Taxon: Species Thalassarche melanophris". The Taxonomicon. Consultado o 29 July 2017. 
  • Brooke, M. (2004). "Procellariidae". Albatrosses And Petrels Across The World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-850125-1. 
  • Cherel, Y.; Weimerskirch, H.; Trouve, C. (2002). "Dietary evidence for spatial foraging segregation in sympatric albatrosses (Diomedea spp.) rearing chicks at Iles Nuageuses, Kerguelen". Marine Biology 141 (6): 1117–1129. doi:10.1007/s00227-002-0907-5. 
  • Clements, James (2007). The Clements Checklist of the Birds of the World (6th ed.). Ithaca, NY: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-4501-9. 
  • Croxall, J. P.; Gales, R. (1998). "Assessment of the conservation status of albatrosses". En Robertson, G.; Gales, R. Albatross biology and conservation. Chipping Norton, Australia: Surrey Beatty & Sons. 
  • Double, M. C. (2003). "Procellariiformes (Tubenosed Seabirds)". En Hutchins, Michael; Jackson, Jerome A.; Bock, Walter J.; Olendorf, Donna. Grzimek's Animal Life Encyclopedia. 8 Birds I Tinamous and Ratites to Hoatzins. Joseph E. Trumpey, Chief Scientific Illustrator (2nd ed.). Farmington Hills, MI: Gale Group. pp. 107–111. ISBN 978-0-7876-5784-0. 
  • Dunn, Jon L.; Alderfer, Jonathan (2006). "Albatrosses". En Levitt, Barbara. National Geographic Field Guide to the Birds of North America (fifth ed.). Washington D.C.: National Geographic Society. p. 80. ISBN 978-0-7922-5314-3. 
  • Ehrlich, Paul R.; Dobkin, David, S.; Wheye, Darryl (1988). The Birder's Handbook (First ed.). New York, NY: Simon & Schuster. pp. 29–31. ISBN 978-0-671-65989-9. 
  • Gales, R. (1998). "Albatross populations: status and threats". En Robertson, G.; Gales, R. Albatross biology and conservation. Chipping Norton, Australia: Surrey Beatty & Sons. 
  • Gales, R.; Brothers, N.; Reid, T. (1998). "Seabird mortality in the Japanese tuna longline fishery around Australia, 1988–1995". Biological Conservation 86: 37–56. doi:10.1016/s0006-3207(98)00011-1. 
  • Gotch, A. F. (1995) [1979]. "Albatrosses, Fulmars, Shearwaters, and Petrels". Latin Names Explained A Guide to the Scientific Classifications of Reptiles, Birds & Mammals. New York, NY: Facts on File. p. 191. ISBN 978-0-8160-3377-5. 
  • Huin, N.; Reid, T. (April 2007). "Census of the Black-browed Albatross population of the Falkland Islands, 2000 and 2005" (PDF). Falklands Conservation. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de abril de 2011. Consultado o 23 February 2009. 
  • Ivens, Martin (9 May 2007). "The lonely albatross looking for love in all the wrong places". The Times (London: Lewis Smith). Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2008. Consultado o 10 May 2007. 
  • Lawton, K.; Robertson, G.; Valencia, J.; Wienecke, B.; Kirkwood, R. (2003). "The status of Black-browed Albatrosses Thalassarche melanophrys at Diego de Almagro Island, Chile". Ibis 145 (3): 502–505. doi:10.1046/j.1474-919x.2003.00186.x. 
  • Murray, T. E.; Bartle, J. A.; Kalish, S. R.; Taylor, P. R. (1993). "Incidental capture of seabirds by Japanese southern bluefin tuna longline vessels in New Zealand waters, 1988–1992". Bird Conservation International 3 (3): 181–210. doi:10.1017/s0959270900000897. 
  • Poncet, S.; Robertson, G.; Phillips, R. A.; Lawton, K.; Phalan, B.; Trathan, P. N.; Croxall, J. P. (2006). "Status and distribution of wandering Black-browed and Grey-headed Albatrosses breeding at South Georgia". Polar Biology 29 (9): 772–781. doi:10.1007/s00300-006-0114-9. 
  • Prince, P. A.; Croxall, J. P.; Trathan, P. N.; Wood, A. G. (1998). "The pelagic distribution of South Georgia albatrosses and their relationships with fisheries". En Robertson, G.; Gales, R. Albatross biology and conservation. Chipping Norton, Australia: Surrey Beatty & Sons. 
  • Reid, T. A.; Sullivan, B. J. (2004). "Longliners, black-browed albatross mortality and bait scavenging in Falkland Island waters: what is the relationship?". Polar Biology 27 (3): 131–139. doi:10.1007/s00300-003-0547-3. 
  • Remsen Jr., J. V.; et al. (7 August 2008). "A classification of the bird species of South America". South American Classification Committee. American Ornithologists' Union. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2009. Consultado o 22 February 2009. 
  • Robertson, C. J. R. (2003). "Albatrosses (Diomedeidae)". En Hutchins, Michael; Jackson, Jerome A.; Bock, Walter J.; Olendorf, Donna. Grzimek's Animal Life Encyclopedia. 8 Birds I Tinamous and Ratites to Hoatzins. Joseph E. Trumpey, Chief Scientific Illustrator (2nd ed.). Farmington Hills, MI: Gale Group. p. 120. ISBN 978-0-7876-5784-0. 
  • Robertson, G.; Moreno, C. A.; Lawton, K.; Arata, J.; Valencia, J.; Kirkwood, R. (2007). "An estimate of the population sizes of Black-browed (Thalassarche melanophrys) and Grey-headed (T. chrysostoma) Albatross breeding in the Diego Ramírez Archipelago, Chile". Emu 107 (3): 239–244. doi:10.1071/mu07028. 
  • Robertson, C. J. R.; Nunn, G. B. (1998). "Towards a new taxonomy for albatrosses". En Robertson, G.; Gales, R. Albatross biology and conservation. Chipping Norton, Australia: Surrey Beatty & Sons. pp. 13–19. 
  • Ryan, P.G.; Boix-Hinzen, C. (1998). "Tuna long-line fisheries off southern Africa: the need to limit seabird bycatch". South African Journal of Science 94: 179–182. 
  • Ryan, P. G.; Keith, D. G.; Kroese, M. (2002). "Seabird bycatch by tuna longline fisheries off southern Africa, 1998–2000". South African Journal of Science 24: 103–110. doi:10.2989/025776102784528565. 
  • Schiavini, A.; Frere, E.; Gandini, P.; Garcia, N.; Crespo, E. (1998). "Albatross-fisheries interactions in Patagonian shelf waters". En Robertson, G.; Gales, R. Albatross biology and conservation. Chipping Norton, Australia: Surrey Beatty & Sons. pp. 208–213. 
  • Schlatter, R. P. (1984). "The status and conservation of seabirds in Chile". En Croxall, J. P.; Evans, P. G. H.; Schreiber, R. W. Status and conservation of the world's seabirds. Cambridge, U.K.: International Council for Bird Preservation (Techn. Publ.). pp. 261–269. 
  • Stagi, A.; Vaz-Ferreira, R.; Marin, Y.; Joseph, L. (1998). "The conservation of albatrosses in Uruguayan waters". En Robertson, G.; Gales, R. Albatross biology and conservation. Chipping Norton, Australia: Surrey Beatty & Sons. pp. 220–224. 
  • Sullivan, B.; Reid, T. (2002). "Seabird interactions/mortality with longliners and trawlers in the Falkland/Malvinas Island waters". Unpublished Report. CCAMLR-WG-FSA-02/36. 
  • Thompson, K. R.; Riddy, M. D. (1995). "Utilisation of offal discards from finfish trawlers around the Falkland Islands by the Black-browed Albatross Diomedea melanophris". Ibis 137 (2): 198–206. doi:10.1111/j.1474-919x.1995.tb03240.x. 
  • Tuck, G.; Polacheck, T. (1997). "Trends in tuna long-line fisheries in the Southern Oceans and implications for seabird by-catch: 1997 update" (CCSBT–ERS/97). Hobart, Australia: Division of Marine Research. 
  • Watkins, B. P.; Petersen, S. L.; Ryan, P. G. (2007). "Interactions between seabirds and deep-water hake trawl gear: an assessment of impacts in South African waters". Animal Conservation 11 (4): 247–254. doi:10.1111/j.1469-1795.2008.00192.x. 
  • Weimerskirch, H.; Jouventin, P. (1998). "Changes in population sizes and demographic parameters of six albatross species breeding on the French sub-antarctic islands". En Robertson, G.; Gales, R. Albatross biology and conservation. Chipping Norton, Australia: Surrey Beatty and Sons. pp. 84–91. 
  • Xavier, J. C.; Croxall, J. P.; Trathan, P. N.; Wood, A. G. (2003). "Feeding strategies and diets of breeding grey-headed and wandering albatrosses at South Georgia". Marine Biology 143 (2): 221–232. doi:10.1007/s00227-003-1049-0. 

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 7
todo 1