O alce ou ante (Alces alces) é o máis grande dos cérvidos. Pode chegar ata 2 m de altura e 800 kg de peso. A cor vai do castaño grisallo ao negro; a cor do fociño e as patas é máis clara. Os machos distínguense doutros cérvidos polos seus grandes cornos en forma de pa e ramiformes. Aliméntase de follas e gromos novos, sobre todo de bidueiros e sabugueiros, e plantas acuáticas no verán. No inverno comendo cortizas de árbores e raíces. Pasa gran parte do tempo preto ou dentro da auga e é un bo nadador.

Alce

Macho

Femia
Femia

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Cervidae
Subfamilia: Capreolinae
Xénero: Alces
Gray, 1821
Especie: A. alces
Nome binomial
'Alces alces'
(Linnaeus, 1758)
Distribución do alce
Distribución do alce

Distribución do alce
Un alce nun billete de 25 rublos belarusos.

Habita en América do Norte, Escandinavia, Rusia e Siberia. En Europa estivo en risco de se extinguir, pero na actualidade está a se expandir de novo.

  1. Henttonen, H., Stubbe, M., Maran, T. & Tikhonov A. (2008). "Alces alces". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 11 de febreiro de 2009. 

Véxase tamén

editar
  NODES
mac 2
multimedia 1
os 17
todo 2