Alexandre Dumas (fillo)

Alexandre Dumas, nado en París o 27 de xullo de 1824 e finado o 27 de novembro de 1895 en Marly-lle-Roi, foi un novelista e dramaturgo francés.

Modelo:BiografíaAlexandre Dumas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xullo de 1824 Editar o valor en Wikidata
former 2nd arrondissement of Paris, Francia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de novembro de 1895 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Marly-le-Roi, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montmartre Editar o valor en Wikidata
10º Cadeira 2 da Academia Francesa (pt) Traducir
29 de xaneiro de 1874 – 27 de novembro de 1895
← Pierre-Antoine LebrunAndré Theuriet → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónLycée Chaptal (pt) Traducir
Liceo Condorcet Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, dramaturgo, dramaturgo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1847 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Academia Francesa (1874–1895) Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoNovela histórica Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeNadezhda Ivanovna Knorring Narychkine Dumas Editar o valor en Wikidata
ParellaMadeleine Lemaire Editar o valor en Wikidata
FillosColette Dumas
 () Nadezhda Ivanovna Knorring Narychkine Dumas
Jeannine d'Hauterive
 () Nadezhda Ivanovna Knorring Narychkine Dumas Editar o valor en Wikidata
PaisAlexandre Dumas Editar o valor en Wikidata  e Catherine Laure Labay Editar o valor en Wikidata
IrmánsHenry Bauër
Marie Alexandrine Dumas
Micaëlla-Clélie-Josepha-Élisabeth Cordier Editar o valor en Wikidata
ParentesGérard Bauër, sobriño Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0241414 Allocine: 37149 Allmovie: p309104 IBDB: 4006
BNE: XX1721304 Discogs: 1916705 IMSLP: Category:Dumas_fils,_Alexandre WikiTree: Dumas-844 Find a Grave: 3454 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo natural de Alexandre Dumas e Marie-Catherine Labay, costureira, foi, como o seu pai, un autor mundialmente recoñecido. En 1831, o seu pai recoñeceuno legalmente e procuroulle a mellor educación posible na institución Goubaux e a academia Bourbon. As leis, por aquela época, permitíronlle a Dumas pai separar o fillo da súa nai e a agonía desta inspirou a Dumas fillo nos seus escritos sobre caracteres femininos e tráxicos. En case toda a súa obra enfatizou o propósito moral da literatura e, na súa novela O fillo natural (1858), expuxo a teoría de que aquel que trae un fillo ilexítimo ao mundo, ten a obrigación moral de lexitimizalo e casar coa muller.

Ademais de soportar o estigma da ilexitimidade, Dumas fillo levaba sangue negro. O seu pai era un cuarterón descendente dun nobre francés e unha negra haitiana. Nos internados escolares, Dumas fillo foi sempre vituperado polos seus compañeiros. Todas estas experiencias determinaron os seus pensamentos, comportamento e escritos. No seu primeiro libro de poemas, Pecados de mocidade (1847) denunciaba, dalgunha forma, a vida disipada que levou na súa mocidade, renegando dela.

En 1844, Dumas trasladouse a Saint-Germain-en-Laye para vivir co seu pai. Alí coñeceu a Marie Duplessis, unha moza cortesá que inspiraría a súa novela romántica A dama das camelias (1848)[1]. Adaptada como obra teatral, alcanzou tal éxito que animou a Dumas a proseguir coa súa carreira de dramaturgo. Titulouse, en inglés Camille e constituíu a base para a ópera de Verdi, La traviata (1853). Nas súas obras teatrais, cargadas de ensinos morais, denuncia os prexuízos sociais da época e avoga polos dereitos da muller e os nenos.

En 1864, Alexandre Dumas casou con Nadeja Naryschkine, con quen tería unha filla. Tralo falecemento desta, contraeu matrimonio con Henriette Régnier.

No transcurso da súa vida, Dumas escribiu outras doce novelas e varias obras teatrais. En 1867 publicou a súa novela semi-autobiográfica "L'affaire Clemenceau", considerada por moitos como un dos seus mellores traballos literarios.

Foi elixido membro da Academia francesa en 1874 pese á oposición pertinaz de Victor Hugo. En 1894 concedéuselle a Lexión de Honor.

Foi enterrado no cemiterio de Montmartre, en París.

Notas

  1. "Ficha en Bitraga. Biblioteca de tradución galega". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 26 de outubro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 1
todo 1