Alexandre III de Rusia

Alexander Alexandrovich Romanov (en ruso: Александр III Александрович Романов), nado o 10 de marzo de 1845 e finado o 1 de novembro de 1894, foi tsar de Rusia co nome de Alexandre III entre o 14 de marzo de 1881 e o 1 de novembro de 1894. Foi pai de Nicolao II e de Miguel II.

Modelo:BiografíaAlexandre III de Rusia

(1880) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Алекса́ндр III Алекса́ндрович Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Александр Александрович Editar o valor en Wikidata
26 de febreiro de 1845 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Palácio Anitchkov (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Morte20 de outubro de 1894 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Palácio de Livadia (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortenefrite (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de San Pedro e San Paulo de San Petersburgo Editar o valor en Wikidata
Emperador de todas as Rusias
1 de marzo de 1881 (Xuliano) – 20 de outubro de 1894 (Xuliano)
← Alexandre II de RusiaNicolao II de Rusia →
Membro do Consello de Estado do Imperio Ruso
Gran Príncipe de Finlandia
Rei de Polonia
Xefe da Casa dos Romanov
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSan Petersburgo Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca, coleccionista de arte Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1860 Editar o valor en Wikidata - 1895 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
LealdadeImperio Ruso Editar o valor en Wikidata
Rango militarGeneral of the Infantry (Imperial Russia) (en) Traducir (1874 (Xuliano)–)
General de cavalaria (pt) Traducir (1874 (Xuliano)–)
tenente xeneral (1868 (Xuliano)–)
maior xeneral (1865 (Xuliano)–)
Coronel (1863 (Xuliano)–)
capitán (1862 (Xuliano)–)
shtabs-kapitan (en) Traducir (1859 (Xuliano)–)
poruchik (en) Traducir (1855 (Xuliano)–)
podporuchik (en) Traducir (1853 (Xuliano)–)
praporshchik (en) Traducir (1852 (Xuliano)–)
axudante xeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra ruso-turca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloGran Duque
Tsesarevich (pt) Traducir
Emperador de todas as Rusias Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Holstein-Gottorp-Romanov Editar o valor en Wikidata
CónxuxeDagmar de Dinamarca (1866 (Xuliano), 1866–) Editar o valor en Wikidata
FillosNicolao II de Rusia, Alexandre Aleksándrovich Románov, Xurxo Aleksandrovich Romanov, Xenia Alexandrovna de Rusia, Miguel Aleksandrovich de Rusia, Olga de Rusia Editar o valor en Wikidata
PaisAlexandre II de Rusia Editar o valor en Wikidata  e María de Hesse Editar o valor en Wikidata
IrmánsAlexandra Alexandrovna da Rússia
Nicolao Aleksandrovich de Rusia
Vladimir Aleksandrovich de Rusia
Alexis Alexandrovich da Rússia
Maria Alexandrovna da Rússia
Sérgio Alexandrovich da Rússia
Paulo Alexandrovich da Rússia
Prince George Alexandrovich Yuryevsky
Olga Yurievskaya
Catherine Alexandrovna Yurievskaya Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
15 de maio de 1883 (Xuliano)coroación (Catedral da Dormição (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Encyclopædia Britannica
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Александр III (росс. император)) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1640169 Musicbrainz: c992e92a-f294-4bcd-bd4e-54d44cf1e7c5 WikiTree: Рома́нов-4 Find a Grave: 7033272 Editar o valor en Wikidata
 
25 rublos da Rusia imperial do 1909.

Alexandre foi o segundo fillo de Alexandre II de Rusia e María de Hesse, e ao non ser o herdeiro ao trono recibe a desaxeitada educación que entón recibían os grandes duques, pero logo da morte do seu irmán máis vello en 1865 baixo a dirección de Pobedonostsef recibe unha educación tradicionalista e antidemocrática que seguirá cando chegue ao trono. En 1866 casa con Dagmar de Dinamarca, a segunda filla do rei de Dinamarca, Cristián IX. Dagmar, unha moza fermosa (aínda que non posuía a beleza da súa irmá, que casara co Príncipe de Gales en 1863), estivera prometida co irmán máis vello do futuro Alexandre III. Se ben parecía que a unión non tería futuro, resultou ser unha parella unida e feliz, e xuntos tiveron seis fillos. En 1868 naceu o seu primeiro fillo, o futuro tsar Nicolao II. Un ano máis tarde naceu outro neno, ao que lle puxeron o nome de Alexandre, pero morreu ao ano seguinte. En 1871 naceu un fillo máis, Xurxo, e catro anos máis tarde, en 1875, naceu a primeira filla, Xenia (pronunciado Ksenia), que sería a favorita de Dagmar. Tres anos despois naceu un fillo máis, Miguel, que chegaría a se-lo sucesor do seu irmán máis vello durante unhas 24 horas, xusto antes de que se proclamase a república en Rusia. En 1882 naceu unha derradeira filla, Olga, que sempre estivo máis preto do corazón paterno que da emperatriz.

Alexandre sucedera ó seu pai en 1881 tralo seu asasinato por unha banda de anarquistas. Como resposta á inestabilidade social en Rusia e tamén á que se estaba a dar dentro da mesma familia real empurrou a Alexandre a tomar serias medidas conservadoras. En 1886 decretou, por exemplo, que o título de Grande Duque ou Grande Duquesa podería ser empregado soamente polos fillos e netos ou netas (por liña masculina) dun emperador. Outros parentes emparentados máis de lonxe ó emperador (os seus bisnetos incluídos) só levarían o título de Príncipe ou Princesa do Sangue Real. Aínda que non tódolos membros da familia real acataron a medida de boa gana, Alexandre non atopou resistencia algunha, e foi un modelo de Tsar de Rusia. Nunca máis podería Rusia ter un tsar tan axeitado nin tan tradicional coma Alexandre III. Quizais o seu maior erro foi o de non ensinarlle ó seu fillo os principios de goberno en Rusia, razón pola cal, cando Nicolao chegou ó trono en 1894, se atopara pouco preparado para o seu deber como emperador.

As relacións entre Alexandre III e o seu fillo máis vello, o herdeiro Nicolao, foron xeralmente boas, aínda que non tiñan moitas cosas en común, mesmo no físico. Onde o tsar era impoñente, o herdeiro era feble, e onde Alexandre era grande, Nicolao era máis ben pequeno, pois herdara o físico da súa nai.

O carácter de Alexandre III era apracible, e prefería quedar na casa no lugar de saír coa súa muller ás festas da sociedade rusa.

Un grave accidente de tren en 1888 na vila de Borki, no que morreron varias persoas e no que toda a familia real se viu involucrada, deixou ó Tsar gravemente enfermo. Unha longa enfermidade renal o levou ó cadaleito en 1894, en Livadia (Livadia, naquel entón parte do Imperio Ruso e hoxe en Ucraína), pouco antes da voda do seu fillo máis vello cunha curmá, Alexandra de Hesse-Darmstadt, neta da raíña Vitoria I do Reino Unido. O reinado de Alexandre III foi o único na historia de Rusia no que o país non estivo involucrado nunha guerra, e o seu legado axudou a forma-las relacións diplomáticas entre Rusia e outros países de Europa e que logo se fixeron patentes na primeira guerra mundial.

Da súa familia directa, os seus fillos Nicolao e Miguel morreron nas mans dos Soviéticos en 1918 trala Revolución que destronou á dinastía. Xunto con Nicolao, tamén pereceron a súa muller, a Tsarina Alexandra, e os seus cinco fillos: Olga, Tatiana, María, Anastasia e Aleksei, de idades entre 22 e 13 anos. O irmán máis novo de Alexandre, Paulo, tamén morreu fusilado en 1919, así coma o seu fillo (froito dun matrimonio morganático), Vladimiro Paley. Da mesma maneira morreron en circunstancias igualmente violentas unha irmá política de Alexandre, a Gran Duquesa Isabel Feodorovna (irmá á súa vez da Tsarina Alexandra) e varios curmáns de Alexandre. A súa viúva tivo máis sorte e puido escapar de Rusia polo sur en 1918. Morreu dez anos máis tarde na súa Dinamarca natal.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Alexandre II
Tsar de Rusia
1881 - 1894
 
Sucesor:
Nicolao II
Predecesor:
Alexandre II
Gran Ducado de Finlandia
1881 - 1894
Sucesor:
Nicolao II

.

  NODES
todo 2