Alicia do outro lado do espello

Alicia do outro lado do espello (Through the Looking-Glass, and What Alice Found There, título orixinal en inglés) é un libro de Lewis Carroll escrito en 1871 secuela da obra Alicia no país das marabillas (Alice's Adventures in Wonderland, título orixinal en inglés) de 1865.

Alicia do outro lado do espello
Cuberta da primeira edición do libro.
Título orixinalThrough the Looking-Glass, and What Alice Found There
Autor/aLewis Carroll
Ilustrador/aJohn Tenniel
OrixeReino Unido
LinguaInglés
Xénero(s)novela
EditorialMacmillan Publishers
Data de pub.1871
ISBNNon
Precedido porAlicia no país das marabillas
Primeira edición galega
TraduciónTeresa Barro, Fernando Pérez Barreiro
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.1985
ISBNISBN 978-84-7507-171-8
Na rede
BNE: XX2983114
editar datos en Wikidata ]

Resumo

editar

Todo comeza un día no que Alicia quere pasar ao outro lado do espello da súa casa para poder ver como será aquel lugar, a pesar que xa sabe que unha parte del semella ser case igual ao seu. Parece que o soño se fai realidade e Alicia encóntrase no outro lado do espello, e sorprendentemente as cousas parecen estar vivas.

 
Alice pasa do outro lado do espello. Ilustración de John Tenniel.

Alicia tivo un pequeno xogo no xadrez e colleu o caderno do Rei Vermello e leu os poemas que tiña escrito, que se poden resumir na morte do Xascatrón. O seguinte lugar que vai visitar e o xardín; hai diversas flores que falan con ela, en especial un lirio. Alí encóntrase coa Raíña Vermella, quen lle deixou claro que todo aquilo era seu e que a raíña era a maxestade.

Alicia tras observar con detención o xardín, deuse conta que todo estaba dividido en cadros, coma un gran taboleiro de xadrez, no que a protagonista xogou unha partida seguida das instrucións da raíña. Alicia no camiño encontrouse a Tuideldum e Tuideldí, aos que lles pediu axuda para encontrar un camiño.

Alicia recoñece indubidablemente a Roncho Rechoncho, ao que ela lle contou algúns poemas e o significado destes.

Posteriormente, na fraga, puido ver como pasaban 207 soldados. O mensaxeiro deixou claro o motivo daquela revolta: o león e o unicornio pelexaban pola coroa.

Alicia estaba xogando ao xadrez, a súa ficha era un peón, e chegou ao oitavo cadro, ou sexa, a última fila; entón o peón pódese converter na peza que desexe, e ela converteuse en raíña. No xogo come a raíña Vermella.

O Rei Vermello de súpeto esperta do seu soño, polo que tiña razón cando dicía que Alicia só formaba parte do seu soño cando durante a historia tivo unha conversa con el. Como consecuencia, Alicia espertou e deuse de conta que estaba sacudindo ao gato.

A protagonista reflexiona e a súa conclusión é a seguinte: O Rei Vermello formou parte do seu soño, pero ela tamén formou parte do seu.

Personaxes

editar
  • Alicia: ten os ollos castaños e un pelo louro e longo. A súa idade é de sete anos e medio. É unha nena soñadora, vive moitas aventuras e é capaz de enfrontarse a todos os seus medos e de resolver as súas cuestións.
  • Raíña Branca: ten un aspecto algo desastroso ao comezo, pero tras o encontro con Alicia o seu aspecto cambia grazas a ela. A súa idade e un tanto estraña, 101 anos, 5 meses e 1 día.
  • Roncho Rechoncho: semella un lindo ovo. A súa cara e grosa e o seu nome significa a forma que posúe.
  • Kitty: é a gata de Alicia. É moi travesa e pasa a maior parte do tempo coa protagonista.
  • Mosquito: é un insecto do tamaño dunha galiña e mantén unha conversación con Alicia. É o personaxe que lle afirma á protagonista que está no mundo o revés e por iso hai cosas un tanto peculiares.
  • Rei Vermello: é o personaxe que soña con Alicia, e viceversa.
  • Tuideldum e Tuideldí: son dous homiños bochechudos. O primeiro ten unha pequena manía, xa que sempre di a palabra "negunhamente" nas súas conversas.

Tuideldum e Tuideldí son, como Roncho Rechoncho ou o león e o unicornio, personaxes nomeados en cancións infantís tradicionais, ós que Carroll dá realidade imaxinativa.

Algúns dos nomes dos personaxes foron escollidos por seren familia de Lewis ou de Alicia.

O problema da realidade, afirma Bertrand Russell que era unha conversa moi interesante desde o punto de vista filosófico, pero se non fose polo humor resultaría dolorosa de máis para nós.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar
  NODES
mac 1
multimedia 1
os 41
text 1
todo 5