Anfíbolo
Os anfíbolos[1] son un conxunto de minerais do grupo dos silicatos, subgrupo inosilicatos. Son metasilicatos de calcio, magnesio e ferro.
A unidade estrutural fundamental dos anfíbolos é o tetraedro de silicio e osíxeno (SiO4) enlazado en forma de longas cadeas dobres. A fórmula química de cada mineral anfíbolo é o resultado de substitucións metálicas na dobre cadea: RSi4O11. Agrúpanse xeralmente en anfíbolas monoclínicas e anfíbolas ortorrómbicas. De cores escuras, con predominancia para o verde e o azul, están presentes en rochas ígneas e metamórficas, sendo máis abundantes nas primeiras.
Orixe do nome
editarO nome de anfíbolo deriva do grego αμφιβολος - amphibolos, que significa ambiguo, en alusión ás variedades cambiantes, en composición e aparencia, que presentan estes minerais. Foi orixinalmete acuñado polo mineraloxista René Just Haüy para incluír a tremolita, actinolita e a horneblenda. O uso do termo foi despois estendido a todo o grupo dos silicatos de dobre cadea.
Variedades
editarHai centos de variedades.
- Antofilita (Mg,Fe)7Si8O22(OH)2
- Tremolita Ca2Mg5Si8O22(OH)2
- Actinolita Ca2(Mg,Fe)5Si8O22(OH)2
- Cummingtonita Fe2Mg5Si8O22(OH)2
- Grunerita Fe7Si8O22(OH)2
- Hornblenda Ca2(Mg,Fe,Al)5(Al,Si)8O22(OH)2
- Glaucofana Na2(Mg,Fe)3Al2Si8O22(OH)2
- Riebeckita Na2Fe2+3Fe3+2Si8O22(OH)2
- Arfvedsonita Na3Fe2+4Fe3+Si8O22(OH)2
- Crocidolita Na2Fe2+3Fe3+2Si8O22(OH)2
- Richterita Na2Ca(Mg,Fe)5Si8O22(OH)2
- Pargasita NaCa2Mg3Fe2+Si6Al3O22(OH)2
- ...
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para anfíbolo.