Angus Young
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2012.) |
Angus McKinnon Young, nado o 31 de marzo de 1955, é un guitarrista australiano de orixe escocesa máis coñecido por ser o cofundador, guitarra solista e compositor da banda de hard rock, AC/DC. Coñecido polas súas enérxicas actuacións, os seus uniformes de colexial e o popular baile de pato orixinal de Chuck Berry, a revista Rolling Stone clasificou a Young como o número vinte e catro na lista dos mellores guitarristas de todos os tempos. En 2003, el e os demais membros de AC/DC foron incluídos no Rock and Roll Hall of Fame.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Angus McKinnon Young 31 de marzo de 1955 (69 anos) Glasgow, Reino Unido |
Educación | Ashfield Boys' High School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Sydney |
Ocupación | guitarrista, compositor, compositor de cancións, músico de rock |
Período de actividade | 1973 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Hard rock, Blues rock e rock and roll |
Instrumento | Gibson SG |
Selo discográfico | EMI |
Familia | |
Irmáns | Alexander Young George Young Malcolm Young Stephen Young |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Vida e carreira
editarAngus Young, o máis cativo dos oito fillos de William e Margaret Young, naceu en Glasgow, Escocia. Deixou a escola aos 15 anos. En 1963, emigrou a Sydney, Australia, cos seus pais, seus irmáns máis vellos Malcolm e George, e a irmá máis vella de Margaret. O seu irmán máis vello Alex, quedou en Escocia e máis tarde formou o grupo con sede en Londres, Grapefruit. Angus comezou a tocar banjos, aos que instalaba seis cordas, e a guitarra acústica cun modelo barato comprado de segunda man pola súa nai. A primeira Gibson SG de Angus foi comprada arredor do ano 1970 nunha tenda de música na mesma rúa na que vivía: - "Saín do coche e tiña un Gibson SG que toquei ata que podreceu por causa da suor e da auga que se meteu nela. Tiña o mastro todo torto. Compreina de segunda man, un modelo de 1967. Tiña un mastro realmente delgado, moi liso, coma se estivese personalizado. Era de cor marrón escura."
Formación de AC/DC
editarAntes de formar AC/DC, Young tocou nun grupo local chamado Kantuckee con Bob MacGlynn (voz), Jon Stevens (baixo) e James Trevor (batería). A banda separouse e cambiou o seu nome por Tantrum, mantendo a todos os compoñentes salvo o cantante, que se substituíu por Mark Sneddon. Young tiña 18 anos cando formou co irmán máis vello Malcolm, AC/DC en 1973 con Angus como guitarrista, Malcolm na guitarra rítmica, Colin Burgess á batería, Larry Van Kriedt ao baixo e Dave Evans como cantante. Can I sit next to you girl, o seu primeiro éxito, foi posteriormente regravado con Bon Scott como vocalista. Crese que o nome do grupo se escolleu despois de ver gravadas as letras AC/DC na parte posterior da máquina de coser da súa irmá Margaret, ou que foi atribuído a muller de George Young, Sandra.
Angus probou numerosos traxes para os concertos, como Spider-Man, o Zorro, un gorila, e, como parodia de Superman, levou un co nome de Super-Ang, antes de decidirse pola súa firma de vestimenta de colexial, que fora suxestión da súa irmá.
Para igualar a súa imaxe, díxoselle á prensa e ao público xove que Angus nacera en 1959, non en 1955. O uniforme orixinal era da súa escola de secundaria, Ashfield Boys High School en Sydney: -Non me gusta tocar por debaixo nin por encima da cabeza da xente. Basicamente prefiro estar fronte dunha multitude e rachar cara arriba.
Vida persoal e acontecementos recentes
editarYoung prefire manter a súa vida privada. El e a súa muller Ellen viven en Kangroo Point na Comarca Sutherland, en Sydney, e tamén teñen unha casa en Aalten, Países Baixos, de onde é a súa muller.
O 24 de agosto do 2006, Young recibiu o Premio Kerrang da revista Legend do editor Paul Brannigan. Brannigan dixo de AC/DC que era unha das bandas de rock máis importantes e influentes da historia.
O 16 de maio do 2012, Young foi nomeando o mellor guitarrista australiano de todos os tempos nunha enquisa realizada pola revista Australian Guitar.
Equipo
editarGuitarras
editarAngus Young empregou Gibson SG de distintos modelos (a orixinal, e a base do seu modelo actual da súa propia firma, foi unha SG Standard de 1970) ao longo da súa carreira. Tamén utilizou unha versión modificada da SG, chamada SG Jaydee, que foi creada para Angus por Jaydee Guitars.
Na SG Jaydee aparece a firma de Young, un raio incrustado no diapasón. Gibson fixo unha SG para Angus con raios incrustados nos pernos para substituír a SG Jaydee. A SG de Young de 1970 ten unha mellora de pastillas en T. Outra SG de 1964 que empregou na gravación de Ballbreaker, ten as súas pastillas # patentadas. Todas elas teñen unha saída vintage-Alnico II e V con bobinas emparelladas de xeito tradicional 7.5k ohmios de lectura. Todas as súas pastillas son as orixinais que viñan coa guitarra. Emprega cordas Ernie Ball Super Slinky (dende 0.009 ata 0.042).
A SG de Angus Young
editarAngus Young e a Gibson Guitar Corporation colaboraron xuntos para facer a SG de Angus Young. Conta cunha pastilla deseñada polo propio Young (a Humbucker Angus Young Signature) na posición da ponte e unha humbucker´57 Classic no mastro. O mastro ten unha Lightning Bolt incrustada.
Amplificadores
editarYoung principalmente emprega unha versión reeditada do Marshall 1959 co modelo de 1960 AX e BX en caixas de 4x12 Celstios G12M e cargados con GreenBacks.
Efectos
editarO único efecto que Young incluíu foi o Schaffer´Vega Diversity System, unha unidade inalámbrica que comezou a empregar en 1977. Non só se emprega como unidade inalámbrica, senón que tamén se empregou como compresor e reforzo para contribuír a engordar o ton. Dende que o engadiu a súa plataforma, foi empregado en varios álbums no estudio para elixir guitarras rítmicas e todas as guitarras de acompañamento. Aínda emprega este equipo en directo hoxe en día.
Influencias
editarAngus Young declarou que comezou a tocar a guitarra cando: -Eu era pequeno, pequeniño. Creo que arredor dos cinco ou seis anos. Aí foi cando comecei a escoitar a Little Richard'.
O estilo enérxico de Young á hora de tocar, é unha influencia para moitos xoves guitarristas de rock n’ roll. Cando á banda canadense Anvil se lle preguntou como era ir de xira conAC/DC, mencionaron que Angus Young ten un gran corazón e que debería levar a AC/DC a Calgary.
Nunha entrevista con The Guitar Show, Angus sinalou as súas influencias e incluíu ao seu irmán MalcolmYoung, a Chuck Berry, a Freddie King e a Muddy Waters, mentres relataba a outros como Jimi Hendrix, John Lee Hooker e The Kinks 'You really got me'. Young indicou tamén que el estivo influenciado por Keith Richards, así como o estilo de Chuck Berry incluíndo bromas co público, tocando a guitarra e facendo o baile de pato. Cando a banda quixo facer unha versión as cancións de Chuck Berry nos seus primeiros anos, o público recoñeceu a canción, pero comentou que as súas interpretacións eran moi diferentes á orixinal.
Estilo
editarA maneira de tocar de Angus Young céntrase tanto na escala menor de blues como na pentatónica maior de blues dende o doceavo traste. Nas gravacións anteriores de AC/DC podemos distinguir os power chords de cancións como TNT e It’s a long way to the top (if you wanna Rock n’ Roll). Tamén emprega toques de folk escocés, tocando arpéxios en pull-off (cunha soa man), que son un truco popular, aparecendo en cancións como Who made who, Dirty deeds done dirt cheap, Sin city, Thunderstuck e Let there be rock (live). En 1976, a banda gravou un arranxo instrumental da canción tradicional escocesa Loch Lomond, renomeada Fling thing, que apareceu no seu repertorio de concertos durante moitos anos. O título refírese a Highland Fling. Young ocasionalmente forma parte dos coro xunto a Malcolm e o baixista Cliff Williams en cancións como TNT e Dirty deeds done dirt cheap.
Unha crítica común de AC/DC é que as súas cancións son fórmulas excesivamente simples. En resposta a iso, Young declarou nunha entrevista en 1979 coa Atlanta Gazette: -É soamente rock n’ roll. Xa nos criticaron moitas veces por iso. Unha gran cantidade de traballos musicais saen coa crítica de: Cando van a deixar de tocar con eses tres acordes? Se vostede cree que non se debe tocar soamente con tres acordes é bastante parvo pola súa parte. Para nós, canto máis simple unha canción mellor, porque é mellor un acorde que unha persoa na rúa’’.
Posta en escena
editarAngus Young e coñecido polas súas numerosas pallasadas ao máis puro estilo silvestre: dando saltos intensos, correndo cara a atrás e cara a adiante a través da multitude. Unha vez que Young rube sobre Bon Scott ou sobre os ombros de Brian Johnson durante un concerto, estes camiñan entre o público mentres Young, cunha mochila da que sae fume, leva a cabo unha improvisación. En xeral durante a canción ``Rocker´´ con Scott ou durante a canción Let there be rock con Johnson. Con frecuencia realiza o baile do andar de pato propio de Chuck Berry e coma un espasmo, tirase ao chan e comeza a dar patadas, a zarandearse e a xirar en círculos mentres toca a guitarra. A primeira vez que finxiu un espasmo, foi para evitar a vergonza que lle supoñía tropezarse cun cable durante o concerto.