Anna Karenina
Anna Karenina (en ruso: Анна Каренина), é unha novela do escritor ruso Lev Tolstoi, publicada entre 1873 e 1877. É unha das obras máis senlleiras do autor, canda Voina i mir (Война и мир) [en galego, Guerra e Paz; aínda sen traducir] escrita entre 1867 e 1869.
Anna Karenina | |
---|---|
Capa da primeira edición. | |
Título orixinal | Анна Каренина |
Autor/a | Lev Tolstoi |
Orixe | Rusia |
Lingua | Ruso |
Xénero(s) | novela (romance) |
Editorial | Ру́сский ве́стник (revista "O mensaxeiro ruso") |
Data de pub. | 1873 |
Páxinas | 864 |
ISBN | 9781847490599 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Esta novela romántica está considerada unha das obras cume do Realismo e ten un dos inicios máis coñecidos da literatura universal: "Todas as familias felices son iguais. As infelices sonas cada unha ao seu xeito".
Sinopse
editarA trama xira arredor do caso extraconxugal da personaxe que dá título á obra, unha aristócrata da Rusia tsarista que, malia parecer ter todo (beleza, riqueza, popularidade e un fillo amado), se sente baleira até encontrar un impetuoso oficial, o conde Vronski.
No decorrer da obra, tamén se tratan cuestións importantes da vida na Rusia rural da época, onde algúns personaxes debaten a respecto do mellor xeito de xestionar as súas propiedades e terras, así como do tratamento aos campesiños, daquela chamados muxics (мужик).
Adaptación ao cinema
editarExisten varios filmes baseados na novela. A personaxe principal foi interpretada, entre outras, por Greta Garbo (en 1935, ás ordes de Clarence Brown), Vivien Leigh (en 1947, para Julien Duvivier), Sophie Marceau (para Bernard Rose, en 1997) e, máis recentemente, Keira Knightley en 2012 para Joe Wright[1]:
- Anna Karenina, filme de 1935
- Anna Karenina, filme de 1948
- Anna Karenina, filme de 1985[2]
- Anna Karenina, filme de 1997
- Anna Karenina, filme de 2012[3]
Notas
editarVéxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |