Antonio Negri

sociólogo italiano

Antonio Negri, con frecuencia citado como Toni Negri, nado en Padua (Italia) en 1933 e finado en París o 16 de decembro de 2023, foi un filósofo moral e político e un dos autores de cariz marxista que xera máis controversia na actualidade.

Modelo:BiografíaAntonio Negri

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1933 Editar o valor en Wikidata
Padua (Italia) Editar o valor en Wikidata
Morte16 de decembro de 2023 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
París (Francia) Editar o valor en Wikidata
Deputado da República Italiana
7 de xullo de 1983 – 1 de xullo de 1987
Lexislatura: 9th Legislature of Italy (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónÉcole Normale Supérieure
Universidade de Padua Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía política, Loita de clases, globalización, comuns (pt) Traducir e Biopolítica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo París (1983–1997)
Roma
Padua Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, politicólogo, ensaísta, dramaturgo, filósofo político, escritor, sociólogo, mestre, político, economista, criminal Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Duke
Collège international de philosophie (pt) Traducir
Universidade de París 8
Universidade de Padua Editar o valor en Wikidata
Partido políticoMovemento Democracia en Europa 2025 (2016–)
Partido Radical (pt) Traducir (1983–1987)
Autonomia Operaia (en) Traducir (1973–1979)
Potere Operaio (en) Traducir (1967–1973)
Partido Socialista Italiano (1956–1963) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Azione Cattolica Italiana (en) Traducir (1950–1956) Editar o valor en Wikidata
MovementoAutonomismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Participou en
18 de maio de 2019Carta aberta aos vizinhos e vizinhas de Barcelona em apoio a Ada Colau (pt) Traducir
maio de 2015Manifesto de apoio a Barcelona en Comú Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJudith Revel Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2448415 BNE: XX1153666 Dialnet: 300261 iTunes: 368051099 Editar o valor en Wikidata

Vida e obra

editar

Negri foi membro inicialmente do grupo radical Potere Operaio (Poder Obreiro) e, posteriormente, do grupo Autonomia, escribindo conxuntamente con moitos outros traballadores e estudantes, vencellados ao movemento autonomista, durante os anos 60 e 70 como son Raniero Panzieri, Mario Tronti, Sergio Bologna, Romano Alquati, Félix Guattari, Mariarosa Dalla Costa e François Berardi. Tempo despois escribiu para Futur Antérieur con xente como Paolo Virno. E coñecido, porén, principalmente por ser o coautor, xunto con Michael Hardt de Impero.

Negri foi declarado culpábel e encarcerado, baixo o cargo de ser, el e a súa obra, "culpábeis morais" de actos de violencia, a causa da súa defensa da insurrección armada contra o Estado italiano, durante os anos 60 e 70. No 1983, mentres aínda estaba na cadea preso, foi elixido deputado, sendo liberado en base ao principio de inmunidade parlamentaria. Mais exiliouse en Francia onde residiu durante 14 anos. En 1997 retornou, por propia vontade, a Italia, sendo encarcerado de novo a fin de que terminase por cumprir a súa pena. No 2003 foi liberado, se ben seguiu inhabilitado para exercer cargos públicos e impartir docencia.

A prolífica, iconoclasta, cosmopolita, orixinal e, a miúdo, tamén densa e difícil, obra filosófica de Negri investiga os puntos críticos da maior parte dos movementos intelectuais do último século, póndoos ao servizo dunha nova análise marxista do capitalismo. A controvertida tese de Imperio de que a globalización dos mercados mundiais, levada a cabo desde finais da anos 60, ten producido un desenvolvemento sen precedentes do que el nomea a absorción real da existencia social por parte do capital, toca directamente e, con moita forza, un bo número de temas relacionados coa economía rede, a globalización e a sociedade da información, polo que conseguiu unha grande repercusión desde o mesmo momento en que foi publicada no ano 2000.

A tese central da obra Impero, segunda a cal o estado-nación tería retrocedido como formación política primaria para deixar lugar a un mecanismo global de poder, difuso e descentralizado, que denomina, precisamente, "imperio", ten sufrido numerosas críticas, especialmente a partir do rol agresivo e unilateralista adoptado polos Estados Unidos a partir do 11 de setembro.

A influencia de Impero foi en aumento desde a súa publicación e serviu de fonte de inspiración para moitos proxectos arredor do mundo, entre os cales destacan noborders, Libre Society, KEIN.ORG, NEURO-networking europe e D-A-S-H. A continuación de Impero, titulada Moltitudine, foi publicada en agosto de 2004.

Quizais o mellor resumo do proxecto de Negri se debe ao crítico neoliberal John Reilly, que etiqueta Impero como "un esquema posmoderno para derrocar a Cidade de Deus". De feito, a relación que tivera Negri con movementos de traballadores católicos e coa teoloxía da liberación a principios dos anos 50 deixou unha profunda pegada no seu pensamento. Unha das súas obras máis recentes A hora da revolución (2003) baséase en temas esbozados por Agostiño de Hipona e máis Spinoza e pode ser descrita como un intento de encontrar a Cidade de Deus sen axuda de ilusións transcendentais e da teoloxía do poder, do cal Negri atopa trazos en pensadores tan distantes como Martin Heidegger e John Maynard Keynes, mesmo estendendo e corrixindo a crítica de Karl Marx á ideoloxía como falsa conciencia.

Temas centrais da obra de Negri

editar

Entre os temas centrais da obra de Negri figuran o Marxismo, a Antiglobalización, o Anticapitalismo, o Posmodernismo, o Neoliberalismo, a Democracia e a Multitude. O propio Negri recoñece a influencia de Michel Foucault, David Harvey (especialmente da obra A condición da posmodernidade de 1989), Frederic Jameson (a obra Posmodernismo ou a lóxica cultural dun capitalismo tardío de 1991) e da obra de Gilles Deleuze e Felix Guattari Anti-Edipo: Capitalismo e esquizofrenia

Obras (escolma básica)

editar
  • Marx oltre Marx. Quaderno di lavoro sui Grundrisse. Milán: Feltrinelli (1979)
  • L'anomalia selvaggia. Saggio su potere e potenza in Baruch Spinoza. Milán: Feltrinelli (1981)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 1
todo 1