Ariadna Gil
Ariadna Gil i Giner, nada en Barcelona o 23 de xaneiro de 1969, é unha actriz catalá de cine, teatro e televisión.
Nome orixinal | (ca) Ariadna Gil Giner |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ca) Ariadna Gil i Giner 23 de xaneiro de 1969 (55 anos) Barcelona, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, actriz, directora de cinema |
Período de actividade | 1986 - |
Familia | |
Cónxuxe | David Trueba |
Parella | Viggo Mortensen (2009–) David Trueba (–2009) |
Fillos | Violeta Trueba i Gil () David Trueba |
Pai | August Gil Matamala |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Biografía
editarFoi descuberta polo director Bigas Luna, con quen debutou no seu filme Lola, en 1986. Tras participar en catro filmes realizados en catalán, en 1991 adquiriu notoriedade no cine español ó protagonizar a longametraxe de Emilio Martínez Lázaro Amo tu cama rica, que lle valeu o Premio Ondas á mellor actriz española do ano e a consagrou definitivamente. Despois chegou Belle Époque, e con ela gañou o Premio Goya á mellor actriz, e o filme conseguiu o Óscar á mellor filme de fala non inglesa.
Posteriormente dosificou as súas aparicións, escollendo moi ben os guións. Entre 2010 e 2011 coprotagoniza a obra teatral do clásico Un tranvía llamado Deseo.[1]
Ten dous fillos da súa primeira unión co escritor e cineasta David Trueba. Pouco despois coñeceu ó actor Viggo Mortensen, dando por finalizada a súa relación con David Trueba.[2]
Notas
editar- ↑ Julio Bravo (3 de febreiro de 2011). "Viajeras del tranvía llamado deseo". ABC. Consultado o 9 de febreiro de 2011.
- ↑ Ruth Fernández. "Ariadna Gil y Viggo Mortensen pasean su amor por Madrid".
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ariadna Gil na IMDb (en inglés).