Art Spiegelman
Art Spiegelman, nado en Estocolmo o 15 de febreiro de 1948, é un historietista estadounidense fillo dunha familia xudeopolonesa. Como artista está vencellado á cultura underground e a diversas correntes artísticas contemporáneas. Da súa obra, destaca Maus, unha peza de denuncia do Holocausto a partir da experiencia vital dos seus proxenitores, que sufriron a persecución do réxime nazi. Spiegelman foi unha influencia notable para autores máis novos, como Craig Thompson ou Alex Robinson.
A súa obra máis coñecida a nivel internacional, Maus (galardoada co Premio Pulitzer), foi traducida ao galego por vez primeira en 2008 (labor a cargo de Diego García Cruz) e publicada pola editorial balear Inrevés[1]. En 2017 a editorial Rinoceronte volvería traducir (traballo que fixo Estela Villar) e publicar a obra[2].
Obra
editar- Breakdowns: From Maus to Now, an Anthology of Strips (1977)
- Maus (1991)
- The Wild Party (1994)
- Open Me, I'm A Dog (1995)
- Jack Cole and Plastic Man: Forms Stretched to Their Limits (2001)
- In the Shadow of No Towers (2004)
- Breakdowns: Portrait of the Artist as a Young %@&*! (2008)
- Jack and the Box (2008)
- Be a Nose (2009)
- MetaMaus (2011)
- Co-Mix: A Retrospective of Comics, Graphics, and Scraps (2013)
Notas
editar- ↑ MAUS (EDICIÓN EN GALEGO), publicado o 21 de novembro de 2008.
- ↑ Novelas en tránsito Arquivado 14 de outubro de 2017 en Wayback Machine., artigo en Sermos Galiza o 8 de setembro de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Art Spiegelman |