Arte marcial
Unha arte marcial é un conxunto de técnicas, filosofías e tradicións de combate cuxo obxectivo é someter ou defenderse mediante a técnica. Cada arte marcial é herdeira dunha determinada tradición e constitúe un todo coherente en que as técnicas son debidamente encadradas por conceptos filosóficos e por rituais tradicionais. Os diferentes estilos e escolas de artes marciais exclúen o emprego de armas de fogo e outro armamento moderno. En cada especialidade ou loita, temos a graduación en niveis de acordo coa evolución do practicante tanto no campo práctico (técnicas) como tamén no filosófico. Case sempre por medio de "cinto" ou "cordóns" con cores variadas, podemos ter a referencia do estadio do discípulo/alumno.
Na actualidade as artes marciais practícanse por diferentes razóns, que inclúen a saúde, a protección persoal, o desenvolvemento persoal, a disciplina mental e a forxa de carácter. Ademais, posto que o significado estrito é o de "artes militares", aplícase por extensión a todo tipo de forma de loita corpo a corpo e ás artes militares históricas. Por esta asociación coa loita e coas armas, inclúe coñecementos relativos a sistemas que tradicionalmente se consideraron modalidades deportivas (por exemplo, o boxeo, a esgrima, o tiro con arco e a loita libre).
Introdución
editarA historia dos sistemas de loita remóntase á antigüidade. Porén, non ata o século XIX cando xorde o concepto moderno de artes marciais. A orixe do concepto de artes marciais está relacionado coa irrupción da idade moderna en extremo oriente no século XIX. Este fenómeno supuxo a transformación das estruturas sociais feudais, o emprego das armas de fogo que facían perder vixencia ás formas tradicionais de loita. O nome marcial, provén de Marte, o deus da guerra romano. As artes marciais orientais, nalgúns casos, practicábanse en círculos pechados ou eran distintivas dunha elite relacionada coa milicia e a nobreza, como foi o caso dos guerreiros samurai[1][2], e o seu contido ía moito máis aló do que constituía o adestramento das tropas. Na China de finais do século XIX víase ás artes marciais e ós seus practicantes con desprezo, debido ó auxe do confucianismo.[3] Cando as artes militares tradicionais perderon o seu lugar crucial no dominio da sociedade e a defensa do país, transformáronse nunha opción para o desenvolvemento da nación co obxecto de mellorar física e espiritualmente á poboación. Na actualidade as artes marciais tradicionais orientais aínda inclúen a práctica dun código ético preciso que ten as súas raíces no confucianismo chinés, o xintoísmo xaponés e a espiritualidade do budismo zen (chan 禪). Ademais, algunhas artes marciais, como o tai chi chuan, son unha práctica para mellorar a saúde física e mental.
Historia
editarExipto, Grecia, África e Roma
editarNon existen documentos que axuden a situar con exactitude cando se orixinaron as artes marciais debido ó longo proceso que require o desenvolvemento dunha técnica ou escola. Porén, pódese dicir que o método de combate máis antigo del que se ten coñecemento en diferentes civilizacións é a loita tradicional. Nas tumbas de Beni Hassan atópanse pinturas que datan do século XXI a. C. Nelas vense loitadores practicando toda unha serie de movementos como lanzamentos e submisións. Os loitadores de Nubia (África) eran tidos en alta estima pola súa habilidade. Nas tumbas exipcias de Amarna, que datan do século XIV a. C., aparecen pinturas que amosan loitadores exipcios practicando a pelexa con bastóns curtos, facendo uso de proteccións nos antebrazos. En murais de arte de Mesopotamia aparecen imaxes de persoas practicando a loita.
Os guerreiros zulús do sur do continente africano crearon tácticas e técnicas para a pelexa con armas como o garrote, a lanza e o escudo. O guerreiro Shaka Zulu (1787-1828) foi quen revolucionou as técnicas de guerra en masa coa adición do assagai (lanza para apuñalar, cun mango máis curto), así como o xeito no que adestrou ó seu exército e as tácticas utilizadas contra outras tribos africanas e posteriormente contra os ingleses.[4]
En Grecia practicábanse tres tipos de sistemas de combate que non só eran parte dos xogos de Olimpia senón tamén servían como métodos para manter o estado físico dos seus cidadáns e preparalos para a guerra. O boxeo, a loita e o pancracio. Todos estes eran métodos de combate. En diferentes expresións artísticas gregas obsérvanse todo tipo de técnicas de pelexa, inclusive o uso de técnicas "ilegais" como ataques ós ollos e trabadelas. En Esparta motivouse a práctica marcial dende unha idade temperá.
Na Roma antiga era frecuente a loita e a práctica con armas, sobre todo para os espectáculos como os combates de gladiadores no Coliseo Romano, entre outros. Estes guerreiros eran escravos que debían ser eficientes no uso dun gran número de armas, así como en combate a man. Dous tipos de gladiadores famosos son o tracio e o retiarius.
A China, Corea e o Xapón
editarTéñense referencias sobre as artes marciais chinesas no século XXII a. C., aínda que non se ten certeza sobre a súa antigüidade real.[5] A razón das artes marciais foi o desenvolvemento de métodos de defensa e ataque en enfrontamentos de tipo físico, preponderando o uso do corpo, puños, mans, cóbados, xeonllos etc., coa súa máxima expresión nos conflitos bélicos. A asociación con métodos e filosofías relixiosas en países como a China, orixinouse a finais da Dinastía Ming, debido á aparición das armas de fogo, o que causou que as técnicas do uso de armas brancas, así como a pelexa con armas, comenzaran a esmorecer.[6]
É durante a fin da dinastía Ming e durante a dinastía Qin cando as artes marciais chinesas comezan a verse como métodos para mellorar a saúde, combinándose coas prácticas taoístas (daoyin) así como a crenza de métodos para acadar a iluminación.[7]
A historia da evolución das artes marciais no Xapón é escasa, e os rexistros máis antigos proveñen de fontes chinesas. Na Historia do reinado de Wei (Weizhi) do ano 297 [8][9] menciónanse a centos de poboacións que viven en paz nas illas xaponesas. Na Historia de Han (Hou Hanshu), fálase dun período de gran inestabilidade e guerra.[10]
A referencia máis antiga acerca da práctica de sumo, podería encontrarse no ano -20, pero a primeira mención como arte marcial rexistrouse no ano 720 no Nihon soki'. Durante a metade do século XVI, piratas xaponeses atacaron as costas do leste da China, e as técnicas de sabre a dúas mans e a habilidade do tiro con arco demostran o seu alto desenvolvemento técnico. Durante a dinastía Ming, os piratas xaponeses atacan as costas do este da China, os métodos de uso do sabre sementan o terror nas poboacións chinesas. Os métodos deseñados por Qi Jiguang foron introducidos no Xapón e estes aparecen publicados no Heiho hidensho (okugisho), un libro de estratexia escrito por Yamamoto Kanasuke no século XVI. Durante a conquista da China por parte dos manchús, moitos emigrantes viaxaron ao Xapón; entre eles Chen Yuanyun (1587 a 1671) ou Chen Gempin en xaponés. De acordo á estela Kempo Kito-ryu (1779) localizada nos precintos da capela Atago (en Toquio) lese “A instrución en kempo comezou co emigrante Chen Yuanyun”.[11] no século XIX modifícanse os sistemas de jiu jitsu, dando lugar ó judo de Jigorō Kanō (1860 a 1938), o aikidō de Morihei Ueshiba (1883 a 1969). Po outra banda, as técnicas de Okinawa son organizadas dando paso á creación do karate por Gichin Funakoshi (1868 a 1957).
Na península coreana a evidencia máis antiga de práctica marcial aparece en tumbas preto da fronteira nordeste da China baixo o reino de Koguryo (-27 a 668), a cal caeu baixo o control militar chinés entre o -108 e o 313. Nestes frescos vense escenas de loita (jueli en chinés ou kajko en coreano). O rei Sunjo (1567 a 1608) ordena ós seus oficiais o estudo do libro escrito polo xeneral chinés Qi Jiguang, e a preparación dun libro similar copiando os métodos dos soldados da dinastía Ming. O rei Jungjo (1776 a 1800) ordena expandir o manual usado polo exército, para incluír as técnicas de combate dos xaponeses. Este libro titúlase Muye Dobo Tongji (manual ilustrado de artes marciais). Na introdución deste libro o rei Jungjo escribe que o único sistema de combate oficial dende o reinado do rei Kwanhaekun (1608 a 1623) era a práctica do tiro con arco.[12] Os sistemas de combate coreano como o tang soo do (man da dinastía Tang), hwa rang do, taekkyon, neikung, kumdo, kuk sool won etc. afirman ser totalmente coreanos e con centos de anos de antigüidade.
Artes marciais orientais
editar- Kung fu (Gongfu)
- Neijia
- Pa Kua Chang (Bagua zhang)
- Hsing-I Chuan (Xingyiquan)
- Tai Chi Chuan (Taijiquan)
- I-Chuan (Yiquan)
- Wing Chun
- Wushu
- Chi Kung (Qi Gong)
- Shaolin Quan
Artes marciais xaponesas/tai/coreanas
editarArtes marciais occidentais
editarRelacionados
editarNotas
editar- ↑ R. W. Patterson: «Bushido’s role in the growth of pre-World War II japanese nacionalism», en el Journal of Asian Martial Arts, vol. 17, n.º 3, 2008
- ↑ B. D. Victoria: Zen at war, 2006
- ↑ D. Graff y R. Higham: A military history of China, 2002.
- ↑ T. A. Green: Martial arts of the world.
- ↑ K. A. C. Gewu: Spring and autumn of chinese martial arts, 5000 year, 1995.
- ↑ W. Acevedo, M. Cheung, y B. Hood: «A lifetime dedicated to the martial traditions. An interview with professor Ma Mingda», en el Kung Fu Taichi Magazine, 2008.
- ↑ M. Shahar: The shaolin monastery, history, religión and the martial arts, 2008.
- ↑ Mikiso Hane: Breve historia de Japón
- ↑ «http://afe.easia.columbia.edu/ps/japan/wei_history_wa_pimiko.pdf».
- ↑ R. Ron: Martial arts of the world.
- ↑ S. Henning: Martial arts of the world.
- ↑ Muye Dobo Tongji: The comprehensive illustrated manual of martial arts of ancient Korea. S. H. Kim.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arte marcial |