Arthur B. McDonald
Arthur Bruce McDonald, nado en Sydney, Nova Escocia o 29 de agosto de 1943, é un astrofísico canadense. McDonald é o director de Sudbury Neutrino Observatory Collaboration e ocupou a Cátedra Gordon e Patricia Gray en Astrofísica de Partículas na Queen's University en Kingston, Ontario dende 2006 até 2013. Foi galardoado co Premio Nobel de Física de 2015 xunto co físico xaponés Takaaki Kajita.
Traxectoria
editarGraduouse cun B.Sc. en física en 1964 e máster en ciencias en física en 1965 pola Universidade Dalhousie de Nova Escocia.[1][2] Conseguiu o seu Ph.D. en física do Instituto de Tecnoloxía de California.[3]
McDonald traballou como oficial de investigación nos laboratorios nucleares de Chalk River ao noroeste de Otava de 1970 a 1982. Foi nomeado profesor de física na Universidade de Princeton de 1982 a 1989, deixando logo Princeton para incorporarse á Queen's University. No presente, é o xefe de investigación en devandita universidade e membro da mesa directiva do Instituto Perimeter de Física Teórica.[2][4][5]
Notas
editar- ↑ "Past Winner 2003 NSERC Award of Excellence McDonald". Natural Sciences and Engineering Research Council of Canada. Consultado o 21 de setembro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 "CV Arthur B. McDonald" (PDF). www.queensu.ca. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2015. Consultado o 29 de abril de 2021.
- ↑ "Arthur B. McDonald". www.fi.edu. The Franklin Institute. Consultado o 6 de outubro de 2015.
- ↑ "Interview with Arthur B. McDonald". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2007. Consultado o 2 de novembro de 2007.
- ↑ "Board of Directors | Perimeter Institute". perimeterinstitute.ca (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2015. Consultado o 29 de agosto de 2018.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Canadá |