Articulacións interfalánxicas da man
As articulacións interfalánxicas da man son un conxunto de articulacións que artellan as falanxes entre si, unindo a falanxe proximal coa falanxe intermedia e esta coa falanxe distal. As articulacións máis superiores ou proximais (falanxe proximal e intermedia) son moi semellantes ás inferiores ou distais (falanxe intermedia e distal), pero posúen unha maior mobilidade.
Articulacións interfalánxicas | |
---|---|
Ligamentos e articulacións metacarpofalánxicas e interfalánxicas. | |
Latín | articulationes interphalangeae manus |
Gray's | pág.333 |
Permiten movementos de flexión e extensión. A flexión prodúcea o músculo flexor común fondo dos dedos da man ao actuar sobre a articulación proximal e distal e a través do músculo flexor común superficial actuando sobre a falanxe proximal. O dedo polgar flexiónao o músculo flexor longo do polgar.
A flexión prodúcena nos dedos II a V os músculos interóseos da man e os músculos lumbricais. No caso do dedo polgar, exténdeo o músculo extensor longo do polgar.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.