As amizades perigosas

filme de 1988 dirixido por Stephen Frears

As amizades perigosas (en inglés: Dangerous Liaisons) é un filme estadounidense dirixido por Stephen Frears que se estreou en 1988. Baséase na obra de Christopher Hampton Les liaisons dangereuses, adaptación da novela homónima de Pierre Choderlos de Laclos. A interpretación de Glenn Close, John Malkovich e Michelle Pfeiffer, a fotografía de Philippe Rousselot, o deseño de vestiario de James Acheson e o guión de Hampton, gañou a aclamación da crítica. Swoosie Kurtz, Mildred Natwick e Peter Capaldi interpretan papeis secundarios, así como os daquela relativamente descoñecidos actores Keanu Reeves e Uma Thurman.

As amizades perigosas
Ficha técnica
Título orixinalDangerous Liaisons
DirectorStephen Frears
ProdutorNorma Heyman
Hank Moonjean
GuiónChristopher Hampton
Intérpretes
MúsicaGeorge Fenton
FotografíaPhilippe Rousselot
MontaxeMick Audsley
EstudioLorimar Film Entertainment
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea 16 de decembro de 1988
Galicia 10 de xuño de 2002 (TVG)
Duración119 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$14 000 000
Recadación$34 700 000
Na rede
IMDB: tt0094947 Filmaffinity: 965705 Allocine: 4593 Rottentomatoes: m/1005199-dangerous_liaisons Mojo: dangerousliaisons Allmovie: am6772 TCM: 72221 Metacritic: movie/dangerous-liaisons TV.com: movies/dangerous-liaisons Editar o valor en Wikidata

O filme foi nomeado a sete Premios Óscar, incluíndo mellor filme. Gañou os Óscar ó mellor guión adaptado, mellor deseño de vestiario e mellor dirección de arte.[1][2]

Foi emitido na TVG o 10 de xuño de 2002.[3]

Sinopse

editar

A Marquesa de Merteuil pide ao seu amigo, o Vizconde de Valmont, que seduza a filla da súa prima Madame de Volanges. O seu obxectivo é vingarse dun antigo amante, ao que a moza Cecile fora prometida en casamento. Inicialmente, Valmont rexeita a oferta, xulgando a presa demasiado fácil: o seu albo é a recatada Madame de Tourvel, que visita a casa de campo da súa tía mentres o marido está no exterior realizando negocios.

Valmont descobre, entre tanto, que Madame de Volanges escribiu en segredo a Madame de Tourvel para advertila sobre o seu carácter, e decide seguir o plan de Merteuil. Para levar a cabo os seus propósitos, contan coa axuda do profesor de música de Cecile, o inxenuo cabaleiro Danceny, por quen a moza está apaixonada mais que non é visto pola súa nai como un potencial noivo.

Personaxes

editar
  1. oscars.org (ed.). "The 61st Academy Awards (1989) Nominees and Winners". Consultado o 31 de xullo de 2011. 
  2. imdb.com (ed.). "Dangerous Liaisons (1988) - Awards". Consultado o 8 de novembro de 2009. 
  3. La Voz de Galicia, 10 de xuño de 2002. Páx. 70

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1