Asclepíades de Mirlea
Asclepíades de Mirlea foi un gramático, historiador e astrónomo grego nado en Mirlea (Bitinia) e que viviu no século -II e -I. Era fillo de Diótimo e discípulo de Apolonio de Rodas. En tempos de Pompeio o Grande ensinaba gramática en Roma. Viviu unha tempada na Península Ibérica.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século II a. C. Apamea Myrlea (en) |
Morte | século I a. C. |
Actividade | |
Ocupación | historiador |
Período de actividade | (Con vida en: século I a. C. ) |
Profesores | Crates of Mallus (en) |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Traxectoria
editarSó se conservan fragmentos do que ao parecer foi unha extensa obra en grego.
Como gramático escribiu varios tratados sobre gramática e gramáticos, tratados exexéticos sobre Homero e unha monografía sobre a Copa de Néstor.
Como astrónomo escribiu varias obras (hoxe perdidas) sobre Arato, Teócrito, e unha monografía sobre as Pléiades.
Segundo Estrabón residiu unha tempada en Hispania e deixou unha relación das súas tribos que utilizou o xeógrafo grego. É mencionado tamén como autor dunha Historia de Bitinia, de polo menos 10 libros. Xeralmente é considerado autor dunha historia de Alexandre Magno mencionada por Flavio Arriano. Como Suídas o sitúa cen anos antes, supúxose que podían existir dous Asclepíades de Mirlea, un sería o avó, e o outro, o fillo ou o neto. Ateneo de Naucratis cre que Asclepíades, un escritor grego, fillo de Areo, que escribiu unha obra sobre Demetrio de Falero, podería ser o mesmo personaxe.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Smith, William (1867). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en inglés). Boston: Little, Brown and Co. p. 381. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2006. Consultado o 24 de xullo de 2011.
- Pagani, Lara (2007). Pleiadi Edizioni di storia e letteratura, ed. Asclepiades of Bithynia: I frammenti degli scritti omerici.