Asdrúbal o Belo
Asdrúbal, (en púnico:[1] 𐤏𐤆𐤓𐤁𐤏𐤋, ʿAzrubaʿal) coñecido como Asdrúbal o Belo, ou Asdrúbal o Vello, nado sobre o -270 e finado no -221, foi un político e xeneral cartaxinés, xenro de Hamílcar Barca e, trala morte deste, gobernador de Iberia. En colaboración con Haníbal, estendeu o imperio cartaxinés na península fundando Qart Hadash, Cidade Nova, como a súa homóloga africana, a Carthago Nova romana, actual Cartaxena.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 270 a. C. Cartago, Tunisia |
Morte | 221 a. C. (48/49 anos) Cartago Nova, Roma Antiga, presumiblemente |
Causa da morte | homicidio |
Gobernador | |
228 a. C. – 221 a. C. ← Hamílcar Barca – Haníbal → | |
Actividade | |
Ocupación | militar, político |
Familia | |
Cónxuxe | segunda filla de Hamílcar Barca |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Enciclopedia militar Sytin Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarMocidade
editarDende moi novo, foi un dos xefes do partido popular ou democrático e tivo actividade política durante as dúas primeiras guerras púnicas. Casou coa filla de Hamílcar Barca e acompañou a este a Iberia no 238 a.C., despois da Primeira guerra púnica, desembarcando en Gadir[2] (a Gades romana, actual Cádiz) Despois, retornou a Cartago para toma-lo mando na guerra contra os Númidas que se sublevaran contra Cartago e aos que derrotou polo que Numidia pasou a estar controlada polos Barca.[3][4][5][6]
Presenza en Iberia
editarAínda que non se sabe cando regresou a Iberia, posiblemente durante o 231-230 a. C, estaba presente no 229 a.C. na morte de Hamílcar durante o asedio de Heliké.[7][8] Tras este suceso, reuniu as súas forzas en Akra Leuké[9] e, como os fillos de Hamílcar eran moi novos (Haníbal, o máis vello, aínda non tiña dezanove anos), Cartago, outorgoulle o mando do exército e deulle o título de gobernador de Iberia. Asdrúbal prefiriu empregar a diplomacia antes que as armas para pacifica-las tribos iberas[10] e, como se acostumaba na época, esixiu a entrega de reféns por parte dos pobos iberos que estaban sometidos como sistema para asegura-la paz e tamén fomentou os casamentos mixtos; mesmo el casou cunha princesa ibera[2] e animou a Haníbal a casar con Imilce, outra princesa ibera.[11]
Aspiración monárquica
editarFundación de Qart Hadasht
editarNo 227 a. C., preto da antiga poboación ibérica de Mastia, fundou a importante cidade e base naval de Qart Hadasht, que os romanos chamarían posteriormente Carthago Nova, a actual Cartaxena. O lugar era un excelente porto natural situado preto das minas de prata e máis preto de Cartago que Gadir; a súa situación permitiu un mellor control dos movementos dos romanos, de xeito que o centro do poder cartaxinés na península foi trasladado de Gadir a Qart Hadash, onde construíu un palacio.
Hai autores que afirman que aspiraba a se converter nun monarca de tipo helenístico o que se xustificaría pola emisión de moedas nas que aparece retratado son símbolos reais. Tamén, que o propio feito da fundación da cidade, Qart-Hadašt, sería equiparable a un acto case divino[12] e, finalmente, que para dar máis relevancia ao seu poder, constuíu un magnífico palacio na nova cidade, no que se asentou a xeito de palacio nunha capital, no que viviu segundo o protocolo helenístico; feitos inauditos nos costumes e tradicións propiamente púnicas.[13]
Tratado do Ebro
editarTamén, unha idea que reforzaría a aspiración monárquica era que o seu goberno en Iberia foi bastante independente de Cartago o que se xustifica no Tratado do Ebro ou Tratado de Asdrúbal que foi asinado no seu nome e non no de Cartago no que as dúas potencias delimitan as áreas de control.
No 226 a. C. ante a continua expansión do poderío púnico en Iberia, dúas importantes cidades baixo a influencia grega, Empúries (Emporium) e Sagunto, acudiron a Roma. Esta tratou de delimitar a área de influencia púnica para limita-la súa expansión. O acordo, coñecido como o Tratado do Ebro ou Tratado de Asdrúbal, acotaba a zona de influencia cartaxinesa no sur do río Iber (Iberus para os romanos), hoxe Ebro. Asdrúbal aceptou o acordo, quizais porque o dominio púnico aínda non estaba totalmente consolidado e non pretendía un conflito contra Roma. Por outra banda, Roma tampouco quería que os cartaxineses apoiasen aos galos do norte de Italia cos que estaban en guerra.
Morte
editarCando aínda non pasaran sete anos dende a morte de Hamílcar, Asdrúbal o Belo, foi asasinado no 221 a. C.,[2] a mans dun escravo ou dun mercenario do rei celta Tagus, que vingou, deste xeito, a morte previa do seu señor. O sucesor de Asdrúbal o Belo, foi o seu cuñado, e fillo de Hamílcar, Haníbal Barca.
Notas
editar- ↑ Huss (1985), p. 566
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Hasdrubal the Fair". livius.org (en inglés). 5 de agosto de 2020. Consultado o 29 de outubro de 2020.
- ↑ Polibio 3.7-16
- ↑ Tito Livio 21.22.1-4
- ↑ Tito Livio 23.26.2
- ↑ Diodoro, 25.2 (Asdrúbal, fillo de Amilcar, foi enviado polo seu sogro a Cartago contra os numidios, que se rebelaran contra os cartaxineses, matando oito mil en combate e facendo dous mil prisioneiros. O resto foron sometidos a homenaxe).
- ↑ Diodoro, 25. 2. (Hamílcar, atraendo cara a el aos seus perseguidores, lanzouse ao outro lado dun río, cruzándoo co seu cabalo, que se ergueu e o lanzo á auga, onde afogou. Mais Haníbal e Asdrúbal, os seus fillos, que o acompañaron, chegaron con seguridade a Acra-Leuke).
- ↑ Hernández (1995), p. 31
- ↑ Gebhardt 81864), p. 64
- ↑ Tito Livio 21.2.7 (aumentou o dominio cartaxinés promovendo lazos de hospitalidade cos reis e atraendo novos pobos a través da amizade dos nobres e non a través da guerra e as armas).
- ↑ Brizzi (2000), p. 50
- ↑ Brizzi (2000), p. 49
- ↑ Brizzi (2016), p. 48
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Asdrúbal o Belo |
Bibliografía
editarFontes primarias
editar- Apiano: Historia Romana Biblioteca Clásica Gredos 84
- Polibio: Historias Biblioteca Clásica Gredos 38 y 43
- Tito Livio: Historia de Roma Libro de Bolsillo Alianza Editorial 1595 1-2
Fontes actuais
editar- Brizzi, Giovanni (2000). Annibale (en italiano). Roma: RAI-ERI. ISBN 978-8839711137.
- Hernández Sánchez-Barba, Mario (1995). España: historia de una nación (en castelán). Madrid: Editorial Complutense. ISBN 9788489365346.
- Gebhardt, Víctor (1864). Historia general de España y de sus Indias desde los tiempos más remoto (en castelán) I. Madrid: Impr. Librería Española.
- Huss, Werner (1985). Geschichte der Karthager (en alemán). Múnic: C.H. Beck. ISBN 9783406306549.