Asociación Paraguaia de Fútbol
A Asociación Paraguaia de Fútbol (APF) (en castelán: Asociación Paraguaya de Fútbol; en guaraní: Paraguái Mangapy Atyguasu) é a institución responsable de organizar e regular os campionatos oficiais de fútbol de Paraguai, incluídas as modalidade de fútbol sala é praia. Foi fundada en Asunción o 18 de xuño de 1906 (118 anos) co nome de Liga Paraguaya de Football Association. Tras un proceso de cambio de nomes, castelanización e fusións, adoptou en 1998 a denominación Asociación Paraguaya de Fútbol. Está afiliada á FIFA dende 1925 e á Conmebol dende 1921. Tamén é responsable das distintas seleccións nacionais.
CONMEBOL | |
---|---|
Fundación | 1906 |
Afiliación á FIFA | 1925 |
Afiliación á CONMEBOL | 1921 |
Presidente | Juan Ángel Napout |
Sitio web | www.apf.org.py |