Ateles hybridus
O Ateles hybridus é un primate platirrino neotropical residente en Colombia e Venezuela, pertencente ó xénero Ateles. A especie atópase actualmente en perigo crítico de extinción. Caracterízase por ser un primate non moi pequeno cunha cola prénsil moi longa, a cal utiliza como apoio para trasladarse dun sitio a outro nas pólas das árbores, algunhas veces adoita baixar até o nivel do chan, é un animal que non foxe á presenza humana se non se mostra ningunha agresión.
Ateles hybridus | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Crítico[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Ateles hybridus Geoffroy, 1829 | |||||||||||||||||||||
Distribución da especie.
| |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
Ateles hybridus brunneus |
A súa historia taxonómica foi confusa, pois no pasado clasificouse como unha subespecie de Ateles geoffroyi ou de Ateles belzebuth.[2] Como os demais monos araña, posúe brazos moi longos e delgados, e unha cola elongada e prénsil. Ten o ventre esbrancuxado e un parche na fronte, e en ocasións os ollos azuis, un carácter moi infrecuente nos monos araña.[2]
Notas
editar- ↑ Urbani, B., Morales, A. L., Link, A. & Stevenson, P. (2008). "Ateles hybridus". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ 2,0 2,1 Emmons, L. H. (1997). Neotropical Rainforest Animals. 2nd edition. Pp. 144. ISBN 0-226-20719-6
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ateles hybridus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ateles hybridus |